Case 550 microrrelatos se presentaron ao II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal que estableceu tres categorías diferenciadas por idades. Ademais de repartir agasallos de carácter tecnolóxico, contempla a publicación dos textos gañadores nas páxinas webs da RAG e de PuntoGal e na revista Luzes, que colabora no certame e que tamén publicará unha escolma doutros textos presentados ao certame.
O xurado estaba formado por dous membros da Real Academia Galega, dous membros da Asociación PuntoGal e un membro do comité de redacción da revista Luzes.
O venres, 29 de marzo, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria pasamos unha mañá cos gardas forestais do Baixo Miño, no alto do Coello, na ladeira do Monte Aloia, en Randufe. Os gardas ensináronnos moitas cousas sobre os montes: os recursos que obtemos deles, que son os petroglifos, a sentir o monte, como apagar os incendios e como recoñecer os niños dalgúns paxaros.
Pasámolo moi ben, aprendendo e desfrutando do monte!!
Fridays for Future é un movemento que comezou o 20 de agosto de 2018 cando Greta Thunberg, rapaza sueca que por aquela tiña 15 anos, sentouse frente ao parlamento sueco e decidiu non asistir á escola os venres ata as eleccións xerais de Suecia de 2018, realizadas o 9 de setembro, trala onda de calor e os incendios forestais sufridos en Suecia. Despois desta data, Greta decidiu continuar atacando todos os venre ata que as políticas suecas proporcionaran un camiño seguro por debaixo de 2 grados centígrados.
Para celebrar o DÍA DA MULLER TRABALLADORA, confeccionamos un cartel coas fotografías das aboas e das nais do alumnado do centro e coa mensaxe " NÓS QUEREMOS QUE OS NOSOS FILLOS E AS NOSAS FILLAS MEDREN EN IGUALDADE".