Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

EU GOSTO DO MAGOSTO!

O pasado día 11 de novembro, pasamos un Día do San Martiño moi entrañable coa celebración do MAGOSTO.

Tivemos música, da man das nosas pandereteiras do cole. Tamén gozamos dunhas riquisímas castañas asadas, grazas á colaboración da AMPA. E por último unhas xornada de xogos populares, organizados con moita ilusión pola profe Coral e o equipo de extraescolares, nos que misturados por cursos gozamos ata o último minuto.

Pinchade na imaxe para ver a galería de fotos.

REBORRADIO

Ola a tod@s!

A continuación tedes a emisión do programa de 3º Primaria da Reborradio.

Esperamos que vos guste.

Premede na imaxe para escoitar.

 

PREPARAD@S?

Alumnado de 5º e 6º xa podedes anotarvos para ser axudantes na Tepoteca!

E comeza o Recuncho Fedello!

Tod@s podedes participar. Escribide o voso nome dunha forma artística e pegádeo no mural.

Tepo e Tepa xa teñen moitas ideas para este recuncho tan especial.

    

 

4º DE PRIMARIA NA REBORRADIO

Aquí tedes a emisión do programa de Reborradio da rapazada de 4º de primaria.

Premede na imaxe para poder escoitala.

 

ARCO DA VELLA

A  sorte de estar no rural, hoxe recibiunos á hora de entrada, O ARCO DA VELLA!!!

NO MAGOSTO RECICLAMOS!!!

E chegou o Magosto ao CEIP de Rebordáns, e como estamos moi motivados coas ODS, RECICLAMOS!!!!!

Os nenos e nenas fixeron cucuruchos para as castañas feitos con xornais, tamén usamos os mesmos pra recoller as cáscaras e así deixar o noso patio limpo.

Os xogos feitos con refugallo tamén estiveron presentes.

SAMAÍN EN REBORDÁNS

Ola familias!

Como todos os anos, o Samaín chegou ao cole de Rebordáns. Entre cabazas, tradicións, medo e lecturas ás escuras gozamos con esta celebración. Coma sempre, un agradecemento especial ás familias pola vosa implicación na exposición de cabazas. Menudas maravillas!

Pois pinchade na foto para acceder á galería e disfrutar con nós.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Iniciamos o mes da ciencia coa visita dos científicos Amparo e Suso do Museo Científico de Gondomar. Viñeron a ensinarnos ciencia relacionada co noso proxecto deste curso: o cine.

Experimentamos observando as primeiras imaxes en movemento da historia do cine (zoótropo) e as imaxes do futuro (hologramas).

Aprendemos o que son as luces estroboscópicas, xogamos coas sombras de cores e para rematar convertémonos en ciéntificos comprobando cun disco de Newton que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella.

Quen sabe se hai algún futuro científico entre as nenas e nenos de Rebordáns!

Non volo perdades!

Premede na imaxe.

 E no noso recuncho de lectura do corredor, podedes botar un ollo a nosa exposición de libros de ciencia.

 

ECO-RETOS de VOZ NATURA

Benvidos a novo blog de VOZ NATURA, comenzamos presentando os ECO-RETOS que imos tentar levar a cabo, neste curso, para colaborar na mellora e coidado do noso planeta.

 

LECTURAS ÁS ESCURAS

Un ano máis o espírito de Samaín chegou ao cole de Rebordáns.

E as lecturas ás escuras non podían faltar...

Premede na imaxe para ver o vídeo.



by Dr. Radut