Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

AGASALLO NO DÍA DO LIBRO

Achégase unha data moi especial!

As alumnas e os alumnos de 4º de primaria queren agasallarnos na conmemoración do Día do Libro cunhas fantásticas historias que realizaron.

Parabéns polo voso traballo!

Graciñas!

 

ENTREGA SEMANAL DE BOOKTUBERS

Despois duns días sen novas recomendacións, arrincamos a semana con dúas propostas.

Non perdades detalle!

Xosé Cotovad de 2º de primaria quere mostrarvos Compas y el diamantito legendario.

E de novo os irmáns Lucas e Marta González de 3º e 6º de primaria cos seus monicreques, queren recomendar El capitán Calzoncillos y el perverso plan del profesor Pipicaca.

Esperamos con moitas ganas máis achegas!

 

PROXECTO "DIGICRAF NO TEU COLE"

Presentamos os primeiros resultados do proxecto " Digicraf no teu cole". Creatividade, eléctrónica... e moitos conceptos novos a partires de actividades súper atractivas!

Que os sons das nosas guitarras de PAZ cheguen a onde máis se necesite!

 

 

 

 

OBRADOIRO CON CHARO PITA: "ABRAZAR COAS PALABRAS"

 Ola familias!

 Enmarcado no programa Lectura e Familias, o martes 8 de marzo ás 16:30 horas temos o pracer de recibir na nosa biblioteca a Charo Pita.

 Charo Pita é escritora, actriz e contacontos galega. Ten unha gran experiencia en obradoiros de lectura expresiva e narración oral. Nesta ocasión vainos ofrecer o obradoiroAbrazar coas palabras.

 Non podedes faltar!

 Nós xa estamos a desexar que chegue o día!

 Aquí deixámosvos un pequeno avance para ir abrindo boca…

CABANA DE VIMBIO VIVO

Nestas últimas semanas estivemos creando colectivamente, da man de Julia De La Cal, unha cabana natural e viva plantando vimbio. Esta actividade está enmarcada no proxecto Biblioteca Creativa.

Julia De La Cal ofreceunos a posibilidade de que todo o alumnado do noso cole, participara neste obradoiro utilizando técnicas de cestería e fibras vexetais.

Tiñamos que entrelazar varas de vimbio e todos e todas conseguimos un novo espazo natural onde poder xogar.

Estamos a desexar poder estrealo!

Mirade o proceso no vídeo

.

RECIBIMOS A VISITA DE... O MAGO PACO!

E de novo recibimos con moitísima emoción a visita de... O Mago Paco!

Gozamos coa posta en escena de dous súper espectáculos de xogos de maxia e animación lectora.

As nenas e nenos de infantil estiveron entusiasmados coa actividade "A Maleta Viaxeira".

As súas risas resoaban polos corredores do noso cole.

Pasáronno fantástico e descubriron historias cheas de moita maxia.

 

 

  Unha Maxia Diferente é o espectáculo que O Mago Paco mostrou aos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.

Maxia divertida e o valor da diversidade únense para lograr o respecto ás diferencias. Gozaron dunha actividade coa diversión asegurada.

 

ENTROIDO 2022!

Aquí están os mandatos de Tepo!

Este ano relacionados co proxecto ESCULTUIRÍZATE!

E lembrade... o venres, DISFRACE LIBRE!

Evitaremos caretas, maquillaxes e antifaces, para facilitar o uso da mascarilla.

 

  

 

 

ENTREGA SEMANAL DE BOOKTUBERS

Achegamos as novas propostas de recomendacións lectoras.

 

A familia de Ainara González de 1º de primaria móstranos Trolardy y el pan dorado.

 

Lara Valcárcel de 1º de primaria e Lucía Valcárcel de 3º de primaria recomendan Olivia tiene cosas que hacer y Misterio en París de la saga de Tea Stilton.

                     

 

E de momento, rematamos con Xiana Alonso de 5º de infantil que quere mostrarnos Diviértete con Michi.

 

NOVA ENTREGA SEMANAL DE BOOKTUBERS!

Novas recomendacións dos nosos e nosas booktubers do CEIP Rebordáns.

Aquí tédelas...

 Aarón Maceira de 6º de primaria quere recomendarnos os libros de Los Futbolísimos. E que os nenos e nenas do cole son moi fans destas coleccións! 

A meniña furacán e o meniño esponxa é o conto que quere mostrarnos Elsa Rodríguez de 1º de primaria. Que boa pinta ten!

 

 Os irmáns André González e Simón González de 3º de primaria mostran outra nova colección El club de los sabuesos. Unhas historias cheas de misterios e aventuras.

E a súa nai recomenda A que sabe a Lúa? e A mellor sopa do mundo. Dous dos álbums ilustrados que tamén nos teñen fascinados!

             

  



by Dr. Radut