Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

AGASALLO DAS ASESORÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estamos rematando e temos un agasallo de parte das bibliotecas escolares para algunhas familias participantes do programa Lectura e Familias.

Moitísimas grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por esta sorpresa!

E familias, non perdades a oportunidade... Contade moito!

 

MISIÓN... BANDA DESEÑADA

Tepo e Tepa lanzaron unha misión para as familias de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Tratábase de completar cun texto as bandas deseñadas.

Pasádevos pola biblioteca e veredes que historias tan curiosas conseguiron!

Sodes xeniais! 

Graciñas por participar!

 Premede na portada para ver un avance.

  

ILUSTRAMOS... ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Enmarcado no programa Lectura e Familias, dentro das actividades de Lendo Xunt@s, as familias de educación infantil, 1º e 2º de primaria ilustraron coas súas creacións o poema de Rosalía, Adiós ríos, adiós fontes.

Na biblioteca poderedes ver o libro co poema completo e os debuxos.

Parabéns familias polas vosas achegas!

 

O CONTO QUE PERDEU AS PALABRAS

Presentámosvos as adaptacións que fixeron as familias de 1º e 2º de primaria, do conto Ricardo, o escultor do escritor Gianni Rodari  e da ilustradora Montse Tobella

Non podemos estar máis orgullosos de vós! 

Todas as historias estarán na biblioteca dispoñibles para que poidades lelas con calma.

Aquí vai un avance... Seguro que vos encanta!

 

Premede na imaxe. Descubriredes unha sorpresa...

 

 

LISTAXES DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2022-23

Premer  AQUI PARA ACCEDER Á LISTAXE DE LIBROS 22-23

Premer  AQUÍ PARA ACCEDER Á LISTAXE DE MATERIAL 22-23

A listaxe de material de 5º EP e 6º EP proporcionarase no mes de setembro.

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Celebramos a Semana Cultural das Letras Galegas!

Teatro: A que sabe a Lúa?, a cargo de Margarita e Vanesa, dúas nais da anpa.

Exposición da biografía de Florencio Manuel Delgado Gurriarán polo alumnado de 6º.

Recital poético.

Charla didáctica e actuación de Pancho Álvarez.

Coreografía de Terra, Tanxugueiras.

Participación no Correlingua dos cursos de 1º, 2º e 5º de primaria.

Libro de lapelas.

 

 

PAULA CARBALLEIRA: CONTAR PARA O SÉCULO XXI

Ola, familias!

Enmarcado no programa Lectura e Familias o martes 10 de maio ás 16:30 horas recibimos na nosa biblioteca a Paula Carballeira.

Paula Carballeira é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e a narración oral.

Vainos ofrecer o obradoiro "Contar para o século XXI" e mostraranos estratexias para que contar contos sexa unha actividade en familia do máis pracentera.

Non podedes faltar!

 

 

A NOSA POESÍA PREFERIDA

A poesía e o debuxo atópanse e dan como resultado a gravación deste vídeo enmarcado no proxecto Lectura e Familias.

Preme na imaxe para visualizalo.

Parabéns ás familias participantes de 3º e 4º de primaria!

 

 

DÍA DO LIBRO: CONTOS DE TI A TI

Festexamos o Día do Libro!

Despois de varios cursos, retomamos con moita ilusión Os Contos de Ti a Ti.

Entre todo@s conseguistes que o noso tempo de lectura fose máis que especial.

Como quedamos con ganas... Seguro imos repetilo!

 

 

XIII TUI LE

O alumnado de 6º de educación infantil e 4º de primaria participou o 22 de abril na XIII Edición do TUI LE.

Entre todos os cursos realizamos un cartel para que nos represente na exposición. Escollimos á escritora e ilustradora Anaír Rodríguez.

Os seus libros Pioneiras 1 e 2 achégannos historias de mulleres cuxo empeño por realizarse son un referente para tod@s nós.

 



by Dr. Radut