Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

Polo Nadal chega o Apalpador

 

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

 

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

 

Hai moitos personaxes polo mundo adiante que traen agasallos aos nenos polo Nadal. Uns están representados como boa xente e outros como “os malos” mais case que todos teñen un tronco común, ben seguro que precristián, para saber máis sobre eles navega por este sitio que atoparás cousas moi curiosas.

Fonte: http://www.apalpador.com/orixes/

"Catherine"do Nobel Patrick Modiano , unha porta de entrada á gran literatura.

Catherine é a novela infantil máis popular de Modiano, o último Nobel de Literaturae un dos escritores franceses máis recoñecidos.

Catherine é a historia dunha nena que vive en París co seu pai.Catherine, que leva gafas, comparte co seu pai unha "dobre visión " do mundo: o real e outro "máis suave e acariciador" cando se quita os lentes...

Os debuxos de Sempé, ilustran o encanto desta pequena historia  que é unha porta de entrada para os máis pequenos á gran literatura.

             

                  Debuxo de Sempé para a obra de Modiano " Catherine ".

 

 

Contacontos

Continuando coa actividade de animación á lectura iniciada en cursos anteriores, os alumnos e alumnas  de 6º de EP  representaron para o resto de alumnado do centro a obra  titulada:

" A VODA DA PULGA E O PIOLLO".

 

Sorry, flash is not available.

Bibliotecas de aula

Iniciamos un novo curso e con el unha chea de aventuras , misterios , fábulas, adiviñas ...chegan ás aulas dende a Biblioteca .

O alumnado de Primeiro xa está a ler os libros que pode escoller na ...

 

  

                                                    BIBLIOTECA   DE     AULA .

 

 

Filgueira Valverde, protagonista do Día das Letras Galegas 2015

O investigador e escritor Xosé Filgueira Valverde será o homenaxeado no Día das Letras Galegas-2015.  Filgueira foi alcalde de Pontevedra durante o franquismo, conselleiro de Cultura no goberno de Albor e presidente do Consello da Cultura.

Asociacións culturais e cívicas preparan unha pronta resposta á Real Academia Galega-RAG-pola decisión de dedicarlle o Día das Letras Galegas a Filgueira Valverde. Proporán unha conmemoración alternativa.

Fonte: Sermos Galiza 05/07/2014

                                                                Fotografía: Faro de Vigo 05/07/2014

Recomendacións para o verán

O verán é unha época para xogar ao aire libre, estar cos amigos e amigas,viaxar, ir á praia... pero tamén podedes aproveitar estes meses de verán para   repasar  o  aprendido e reforzar os  hábitos adquiridos durante o curso,  seguindo estas recomendacións: 

   Organiza o traballo e programa  o teu tempo. 

   Realiza as actividades de repaso á mesma hora e mesmo lugar. 

   Dedica diariamente un tempo á lectura. 

 

 

                       BO  VERÁN E... ATA SETEMBRO!!!

 

 



by Dr. Radut