Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

NON FAI FALTA PETAR , SEMPRE ESTÁ ABERTA

No tempo de lecer dos recreos sempre se pode entrar na BIBLIOTECA,

moitos días algúns alumnos e alumnas no lugar de saír ao patio prefiren ...

 

              

     un  recuncho multimedia...                               unha tranquila lectura...

 

                        

                                                 unha partida de xadrez...

     NON FAI FALTA PETAR, A PORTA SEMPRE ESTÁ ABERTA...ENTRA ¡¡

 

                                                             

O entroido da Ulla

Este ano coñecemos o entroido da comarca do Ulla que se desenvolve en Vedra, Boqueixón, A Estrada e Teo . O Entroido ten un significado moi especial co desfile dos "generales" e "correos". Os generales van a cabalo de parroquia en parroquia, acompañados por un grupo de persoas disfrazadas que constituen o que se llama unha "máscara". Os seus diálogos son satítricos, pero tamén pronuncian os "vivas" en honor da xente de "maior aprecio" e a cambio, toda a comitiva é obsequiada con doces e bebidas.

Xornada deportiva intercentros, Baixo MIño

               Xornada deportiva intercentros: 30 de xaneiro                                               Partido voleibol: CEIP Guillarei-CEIP Rebordáns

Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl

Seguindo o itinerario lector, os alumnos e alumnas de 6º están a ler

"Charlie y la fábrica de chocolate" de Roald Dahl.

Este vídeo mostra un fragmento desta obra levada ao cine.

 

Fíxate nos   cambios que observas despois de ler o capítulo 

correspondente.

 

 

Día das Letras Galegas do 2014, dedicado a Xosé María Díaz Castro.

Actividade de Xosé Antón Cascudo centrada no Día das Letras Galegas do 2014, dedicado a Xosé María Díaz Castro.

Esta actividade consiste na proxección e posterior debate sobre o documental O instante eterno, un proxecto que botou a andar hai case tres anos co propósito de divulgar a figura do autor de Nimbos e que se estreará coincidindo co centenario do seu nacemento, o próximo 19 de febreiro do 2014. Ademais disto O instante eterno formará parte da exposición itinerante que Galaxia realizará sobre o poeta.

O instante eterno artéllase arredor da idea de que Díaz Castro era (e segue sendo) un descoñecido, incluso para os seus propios veciños. Partindo do arquivo textual e fotográfico do poeta trátase de explorar o seu proceso de creación artística e desvelar algún dos enigmas biográficos que sobre el aínda permanecen ocultos.

O instante eterno tamén pretende amosar os trazos antropolóxicos, demográficos e sociais do tempo no que viviu Díaz Castro, e que con tanta intensidade latexan en Nimbos. O obxectivo é analizar un mundo, o da Galicia interior, que se atopa en vías de extinción, pero que forma parte indisoluble da nosa identidade cultural.



by Dr. Radut