Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

SEMANA CULTURAL

     O Equipo de Normalización Lingüística xunto co Equipo de Biblioteca, con motivo da celebración do DÍa das Letras Galegas, organizamos unha Semana Cultural coas seguintes actividades:

  • O luns 18, actuación do contacontos  Mario Tomás.
  • O martes 19, celebramos no noso colexio a fase provincial das " Xornadas de Multideporte Escolar".
  • O mércores 20, sesión de música e baile galegos. Ademais lemos a biografía de Ramón Piñeiro, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, e expuxemos os cadros da pintora galega Maruja Mallo realizados en cada ciclo.
  • O xoves 21, asistimos ao 4º recital poético.
  • E para rematar o venres 22, proxectamos a película galega " O espírito do bosque".

 ¡ Foi unha semana coa que disfrutamos moito !

 

O contacontos Mario Tomás escenificando unha das súas historias.

 

O alumnado ensemesmado escoitando ao contacontos.

 

Un grupo de nenos e nenas interpretando unha cantiga.

 

" A laranxa foi á fonte ", peza bailada por un grupo de alumnos e alumnas.

 

No recital de poesía os nenos e nenas de 3 anos interpretando " Xan de Outeiro ".

 

Os alumnos e alumnas de 4 anos recitaron " Todos somos iguais ".

 

O grupo de 5 anos escolleron unha poesía sobre a primavera.

 

" A pita choca " de Manuel María foi interpretada por un grupo de 1º curso.

 

O curso de 2º memorizou poemas de Ana Mª Fdez.

 

Rosalía de Castro foi a autora escollida polo grupo de 3º.

 

Un grupo de 4º recitou " A fouce " de Manuel María .

 

" As rúas do vento ceibe " de Manuel María foi interpretada polo curso de 5º.

 

Un alumno de 6º recitou " Galicia " de Manuel María. 

 

O alumnado de 6º deunos a coñecer as súas creacións poéticas.

EN ABRIL, LIBROS MIL.

       Baixo o título " En abril, libros mil " englobamos unha serie de actividades encamiñadas a que o noso alumnado e as súas familias atopen na lectura unha fonte de coñecementos, unha forma de evadirse, un medio de diversión, un xeito de coñecerse mellor a un mesmo e aos demais...

     Así durante este mes puxemos en práctica as seguintes actividades:

  • Lectura de contos de Andersen en cada aula realizadas polo profesorado durante a " Hora de ler " , solicitando a colaboración da Biblioteca Municipal con empréstitos dalgúns destes contos.
  • " Libros ao patio ". Exposición das novidades bibliográficas para o alumnado no patio e no pavillón durante os recreos.
  • Mostra dos libros da " Sección de adultos " na entrada do colexio co obxecto de achegalos ás familias. Se lles invita a levar o libro que desexen realizando eles mesmos o empréstito. 
  • Representación teatral da obra " A cebra Camila " a cargo dun grupo de nais do noso alumnado.
  • Coma todos os xoves, contacontos realizado polas familias do alumnado de Infantil.
  • Exposición de traballos elaborados polos nenos e nenas sobre o seu libro favorito.
  • Teatro de monicreques " A xoaniña rosmona " a cargo dos profesores Mª Jesús e Luis.
  • Entrega do premio ao " Máis León ou Leona " deste trimestre e do Boletín Informativo da Biblioteca xunto cun marcapáxinas de agasallo.

    

 

No patio observando as novidades.

 

As nais escenificando un conto.

 

 

Recollendo o premio ao " Máis León". 

Nais escollendo un libro do expositor de adultos habilitado na entrada do colexio. 

 

 Traballos do noso alumnado.

 

 Monicreques ao cargo dos profes. 



by Dr. Radut