EN ABRIL, LIBROS MIL.

       Baixo o título " En abril, libros mil " englobamos unha serie de actividades encamiñadas a que o noso alumnado e as súas familias atopen na lectura unha fonte de coñecementos, unha forma de evadirse, un medio de diversión, un xeito de coñecerse mellor a un mesmo e aos demais...

     Así durante este mes puxemos en práctica as seguintes actividades:

  • Lectura de contos de Andersen en cada aula realizadas polo profesorado durante a " Hora de ler " , solicitando a colaboración da Biblioteca Municipal con empréstitos dalgúns destes contos.
  • " Libros ao patio ". Exposición das novidades bibliográficas para o alumnado no patio e no pavillón durante os recreos.
  • Mostra dos libros da " Sección de adultos " na entrada do colexio co obxecto de achegalos ás familias. Se lles invita a levar o libro que desexen realizando eles mesmos o empréstito. 
  • Representación teatral da obra " A cebra Camila " a cargo dun grupo de nais do noso alumnado.
  • Coma todos os xoves, contacontos realizado polas familias do alumnado de Infantil.
  • Exposición de traballos elaborados polos nenos e nenas sobre o seu libro favorito.
  • Teatro de monicreques " A xoaniña rosmona " a cargo dos profesores Mª Jesús e Luis.
  • Entrega do premio ao " Máis León ou Leona " deste trimestre e do Boletín Informativo da Biblioteca xunto cun marcapáxinas de agasallo.

    

 

No patio observando as novidades.

 

As nais escenificando un conto.

 

 

Recollendo o premio ao " Máis León". 

Nais escollendo un libro do expositor de adultos habilitado na entrada do colexio. 

 

 Traballos do noso alumnado.

 

 Monicreques ao cargo dos profes.