Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

FÓRMULAS NON SEXISTAS.

- Optar polo nome colectivo, no lugar do individual. Ex: alumnado, profesorado, infancia, funcionariado…
- Usar a denominación do posto ou cargo en lugar do nome que designa a persoa que o ocupa. Ex.: xefatura, dirección…
- Seleccionar palabras que son invariables no xénero. Ex.: colega por amigo/a docente por profesor/a, estudante no canto de alumno/a.
- Usar nomes que aínda que teñen xénero gramatical, fan referencia tanto a homes como a mulleres. Ex.: a persoa, o individuo, a criatura, o bebé…
- Utilizar indefinidos invariables en xénero: alguén, quen. Ex.: “que solicite”, en lugar de “o solicitante”.
- Orde das palabras. Non hai por que antepoñer por sistema o masculino ao feminino. Podemos xogar co feminino e o masculino en cada ocasión, de xeito que non coloquemos sempre un xénero antes ca o outro, evitando así a xerarquización.
- En ocasións poderase explicitar os nomes nos dous xéneros. Ex.: benvidos e benvidas todos os homes e mulleres.
- Uso da @. Non se debe usar na escrita. En todo caso restrinxir a usos informais no contexto das novas tecnoloxías (mensaxes de móbiles). Recurso informal e non normativo.
- Uso da barra. Poden ser un recurso para evitar a repetición de series de nomes en masculino e feminino, pero hai que evitar que se acumulen nunha mesma frase. Ex.: “todos/as os/as profesores/as afectados/as”… Aconséllase explicitar o nome “principal” e concordar todo en masculino “todos os profesores e profesoras afectados.”
- Orde ministerial 22/5/95 que regula a denominación de títulos académicos.
- Uso de determinantes sen xénero. Ex.: “cada contribuinte”, no canto de “os contribuintes”.
- Cando adoptemos unha solución non sexista mantela durante todo o texto.

Listado de palabras e o seu uso recomendable.

- Accionistas (os) Accionariado (o).
- Afeccionados A afección.
- Afectados Persoas afectadas.
- Americanos Poboación americana, cidadanía americana.
- Amigos Amizades.
- Antepasados Ascendencia.
- Autores Autoría.
- Anciáns Persoas de idade.
- Cada un Cada quén, cada cal.
- Comprometidos Compromiso.
- Consumidores Consumo, quen consume.
- Cidadáns Cidadanía.
- Clientes Clientela, quen merca..
- Competidores Competencia, empresas competidoras.
- Diplomados Diplomatura.
- Director Dirección.
- Doutores Persoal médico, hospital.
- Dono Propiedade.
- Empregados Persoal, cadro de persoal, quen trabilla.
- Empresarios Empresariado.
- Españois Xente española, a poboación española.
- Expertos Xente experta, quen sabe.
- Famosos Xente famosa, xente VIP.
- Galegos A xente galega, o pobo galego.
- Home Humanidade.
- Indíxenas Poboación indígena.
- Inmigrantes A poboación inmigrante.
- Interesados Persoa interesada.
- Invitados Persoas invitadas, asistencia.
- Lectores Quen le …..
- Licenciados Licenciatura.
- Limpadoras Persoal de limpeza.
- Maiores Persoas maiores.
- Mozos Mocidade, adolescencia.
- Nenos Crianza, infancia.
- Médicos Médicos/as
- Os que pensan que Quen pensa que.
- Os demais O resto da xente.
- Políticos Clase política.
- Provedores Proveduría, empresas provedoras.
- Solicitantes Persoas que solicitan.
- Si mesmos Cada cal, cada quen.
- Para todos Para quen sexa, para todo o mundo.
- Traballadores Persoal, cadro persoal.
- Usuarios Usuariado, persoas usuarias.
- Viaxeiros Quen viaxa.
- Veciños Veciñanza.
- Voluntarios Voluntariado.

Formas de tratamento en documentos de carácter administrativo.
É recomendable:

- Nome e apelidos.
- Data de nacemento
- Con empadroamento en
- Nº documento de identidade.
- Sinatura
- Nai, pai ou representate legal.
Non é recomendable:
- Don.
- Nacido en
- Empadroado en
- Provisto de documento de identidade
- O solicitante
- Pai ou titor.

 

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

COORDINADOR: Félix Patiño Antiqueira

Rosa Mª Ferreirra Carrera   Eva Alonso Varela   Benedicta Iglesias Casal

Benjamín Rivas González   Rita Álvarez Estévez  Coral Vázquez Guerra


Elisa González Fernández   Rosa Mª Loureiro Bugarín


Funcións:
Ademáis dos obxectivos desenrolados no Plan Xeral Anual de centro, o Equipo de Normalización atribuirémoslles as seguintes funcións:

- Buscar, elaborar e colaborar na procura de material para comenzar a aprendizaxe en galego do alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria.

- Intentar que o profesorado de Educación Infantil, participe na coordinación, elaboración e seguimento, procurando unha organización e metodoloxía comúns.

- Participación na elección dos libros de texto e material didáctico.

- Apoio e axuda ao profesorado en canto a información de material existente en galego.

- Potenciar a expresión oral e escrita participando nas actividades de radio, biblioteca e prensa escolar.

Reunións:

As reunións serán periódicas no 1º trimestre, cada 15 días, e logo unha vez ó mes. O inicio do curso escolar o Director e a Xefa de Estudios acordarán as horas e días de reunións.



by Dr. Radut