Skip to Content

Consello escolar

INFORMACIÓN SOBRE PROCESO RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR.

INICIO DO PROCESO DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR.

Estimadas familias;

pola Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ( D.O.G. do 29/09/21) establécese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Nesta Resolución  establécese que a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar  terá lugar entre os días 22 e 26 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos. A xunta electoral encargada de organizar e supervisar o proceso electoral contituirase entre os días 2 e 5 de novembro de 2021 ambos os dous incluídos.

Os membros constituíntes da Xunta Electoral( formada  pola directora, un pai/nai e un mestre/a) serán seleccionados mediante un sorteo público que terá lugar neste Centro o día 25 de outubro de 2021 ás 11:30 horas.

 

Atentamente, un saúdo.

 

A Directora.

Sheila fernández Rodríguez

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut