Skip to Content

INICIO DO PROCESO DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR.

Estimadas familias;

pola Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ( D.O.G. do 29/09/21) establécese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Nesta Resolución  establécese que a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar  terá lugar entre os días 22 e 26 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos. A xunta electoral encargada de organizar e supervisar o proceso electoral contituirase entre os días 2 e 5 de novembro de 2021 ambos os dous incluídos.

Os membros constituíntes da Xunta Electoral( formada  pola directora, un pai/nai e un mestre/a) serán seleccionados mediante un sorteo público que terá lugar neste Centro o día 25 de outubro de 2021 ás 11:30 horas.

 

Atentamente, un saúdo.

 

A Directora.

Sheila fernández Rodríguez



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut