Skip to Content

Celebracións

RANCHO DE REIS

Empezamos un novo ano e con el a primeira festa: os Reis.

Ao noso cole chegaron o Rancho de Reis da Feira de Salceda de Caselas para mostrarnos a historia deste Rancho e a tradición deste e doutros grupos na nosa cultura.

Aquí deixámosvos un pequeno resumo do seu paso pola escola.

XANEIRO XEADEIRO

Neste mes seguimos coas celebracións de Nadal. Neste mes temos a tradición, que desde máis dun século, ten como costume facer agasallos aos nenos e nenas conmemorando os presentes que os Reis Magos deixaron ao neno Xesús.

Tamén, temos no nosa cultura outras tradicións que perviven desde fai moitos anos, para o día 5 e 6 deste mes.

Aquí tedes unha pequena explicación.

DECEMBRO CASEIRO

Un mes máis neste curso, o último deste ano. Un mes no que hai moito que celebrar e festexar. Bo Nadal e feliz Aninovo para tod@s desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Se queredes saber máis sobre as nosas tradicións de Nadal, como se celebraban estas festas, e aínda se celebran en moitos sitios de Galicia, abre o arquivo adxunto (pensamos que é moi interesante).

NOVEMBRO CASTAÑEIRO

Xa estamos nun novo mes:

NOVEMBRO CASTAÑEIRO

Agora os soutos están cheos de ourizos e castañas, ese alimento tan importante na nosa dieta durante tantos séculos. Con este froito podemos celebrar unha das nosas festas singulares do outono, o Magosto.

Se queres saber máis sobre esta celebración e a importancia da castaña na nosa cultura, abre o enlace de adxuntos.

O SAMAÍN NA ESCOLA

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut