Skip to Content

Celebracións

A RECONQUISTIÑA

O noso centro participou na Reconquistiña 2024. Pinchade na ligazón e observade o ben que o pasamos.

 

 

ABRIL CHUVIÑOSO

Un novo mes empeza con fama de chuvioso, entre un marzo ventoso e un maio florido e fermoso.

No mes anterior tivemos o día da poesía e neste mes o día do libro, así que desde o EDLG pensamos que sería moi interesante adicar este mes a un especial modo de facer rimas improvisadas típicas en Galicia, un xeito de desafío entre dúas ou máis persoas para ver quen ten máis enxeño e rapidez nas súas coplas. Estamos a falar da “regueifa”.

Se queredes saber máis sobre ela, premede no enlace.

 

 

MARZO SEMENTEIRO

 

Un mes novo no que cavar e estercar as viñas. Compoñer as parras, podar o toxo para o esterco e empezar a cultivar as hortalizas, é un mes para celebrar unha das festas históricas da nosa cidade.

Neste mes  festexamos e lembramos que Vigo converteuse, hai uns poucos de séculos, na primeira cidade de Europa en liberarse da ocupación do exército de Napoleón e conseguir o título de Leal, Fiel e Valerosa.

Para máis información sobre este feito histórico e sobre a festa pica no PDF adxuntado.

 

 

 

ENTROIDO 2024

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut