Skip to Content

Celebracións

Samaín 2017

Un ano mais celebramos o Samaín no noso centro. Volvemos a lembrar esa tradición antiga que nos vén dos nosos antepasados celtas. Gracias á colaboración de moitas familias no centro poidemos gozar dunha estupenda exposición de cabazas e duns marabillosos doces.

 

  

 

 

 

Os noso gañadores do concurso de cabazas. Noraboa!

 

X Festa da Auga 2017

Para rematar o curso escolar, tedes un pequeno vídeo da X Festa Da Auga do centro.

Parabéns a todo o alumnado, grazas aos rapaces e rapazas que axudaron e fixeron posible esta festa.

Flashmob

Tamén fixemos un Flashmob entre todos os rapaces e rapazas do colexio, coordinados pola profesora de música, Dona Teresa.

Parabéns a todos e todas.

LETRAS GALEGAS 2017

A continuación tedes un video do festival das LETRAS GALEGAS 2017 adicado este ano ao escritor CARLOS CASARES.

Disfrutádeo.

OS MAIOS

Un ano máis celebramos o Maio no noso centro, para recuperar esta festa que foi esmorecendo co paso dos anos.

Os rapaces e as rapazas de 6º e 5º encargáronse do fiúncho, 4º e 3º dos ovos e as flores máis grandeiras e 2º, 1º e Infantil, de facer preciosos colares de pampillos e margaridas.

O venres celebramos a festa cunha cantiga adicada á primavera e un baile arredor do Maio.

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut