Skip to Content

Novas

SOLICITUDES ADMISIÓN CURSO 2024/2025

NIVEL

Número

vacantes

Número

solicitudes

4º Infantil 40 22
5º Infantil 4 0
6º Infantil 0 1*
1º Primaria 0 0
2º Primaria 2 0
3º Primaria 7 0
4º Primaria 13 1
5º Primaria 8 0
6º Primaria 12 0

 

En 4º de infantil (3 anos) ao haber menos solicitudes que vacantes, non é necesario baremar, polo que todas as solicitudes están ADMITIDAS.

En 4º de primaria, a solicitude presentada está ADMITIDA.

* En 6º de infantil será necesario baremar e agardar a resolución para coñecer o alumnado admitido

 

 

 

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 24/25

Normativa reguladora do procedemento:

  • Decreto 13/2002, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG núm.29, de 11 de febreiro).
  • Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o decreto e se regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG núm. 212, de 8 de novembro).

Prazos:

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión .- do 01 ao 20 de marzo
  • Presentación documentación acreditativa para o baremo .- 10 días hábiles a partir do día seguinte ao remate do prazo de sltdes. de admisión.
  • Publicación provisional das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio

Solicitudes .- Solicitude normalizada ED550B

  • Pódese cubrir manualmente e presentala no primeiro centro da súa elección
  • Pódese cubrir informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro elixido.
  • Pódese cubrir informáticamente e asinala en Sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
  • IMPORTANTE : As solicitudes teñen que vir asinadas polos dous proxenitores. coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.

Documentación complementaria .-

  • Libro de familia e o DNI dos proxenitores ou titores legais do menor
  • Sentenza de separación ou divorcio, de ser o caso.
  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas, de ser o caso.
  • Se non se ten DNI ou NIE deberá presentarse certificado de convivencia ou informe de servizos sociais

Dena Activa

O CEIP Coirón Dena estableceu como desafío transformar o seu centro ata convertelo nunha escola saudable. Para poder mantervos informados do que estamos a facer para conseguilo, temos uno novo blog con todas as novas e actividades que van encamiñadas a este obxectivo. 

Clica na imaxe para acceder 

 

XVI CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XXXII FESTIVAL DE BANDAS DE MEAÑO 2024

A Banda Unión Musical de Meaño organiza concurso do cartel para anunciar o XXXII Festival de Bandas de Música.

 

Para máis información, pode descargarse o documento con toda a información.

OS CONTIDOS DO NOSO CENTRO AO ALCANCE DUN CLIC

O CEIP Coirón en Imaxes

O Galego no CEIP Coirón

Blogue de Ed. Infantil

Blogue da Biblioteca

 

Blogue de 3º e 4º

Blogue de 5º e 6º

 

Blogue de 1º e 2º

 

Blogue de prensa-escola

 

 

Recursos educativos



 

   

ENTREGA VALES AXUDA MATERIAL E/OU ADQUISICIÓN DE LIBROS

Os vales de axuda para adquisición de material e/ou libros poden pasar a recollerse na secretaría do centro no seguinte horario:

 

- MARTES 5: de 9:00 a 11:00 horas.

- MÉRCORES 6: de 9:00 a 11:00 horas.

 

Para calquera consulta poden poñerse en contacto co centro.

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE MEAÑO

Nos arquivos adxuntos poden consultarse as bases e o extracto das axudas para material e equipamento escolar convocadas polo concello de Meaño para o alumnado empadronado no Concello.

O prazo para solicitarlas remata o 7 de setembro.

 

A dirección do centro.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 23-24

Xa están dispoñibles as listaxes de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso.

 

Informamos que tanto os libros como os diferentes vales para a adquisición dos mesmos e do material escolar serán entregados en setembro.

 

Nos arquivos adxuntos poden descargar as listaxes.

 

O equipo directivo

 

FORMALIZACIÓN DE NOVAS MATRÍCULAS CURSO 23-24

19/06/2023 21:01
19/06/2023 21:01
Europe/Madrid

 

Comunicamos que o prazo para formalizar a matrícula do alumnado, de nova incorporación, de infantil e primaria é do 20 ao 30 de xuño.

A entrega da documentación poderá facerse no horario de secretaría: DE LUNS a VENRES de 8:45 a 9:40 e /ou de 12:55 a 13:45.

 

Unha vez rematadas as clases o horario para a entrega de documentación será de 9:00 a 11:00

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO - CURSO 2023/24

20/05/2023 17:36
30/07/2023 17:36
Europe/Madrid

O día 19 de maio de 2023 publicouse no DOG a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

A partir do día 22/05/23 poderanse presentar as solicitudes de axuda de libros e de material para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria, as sltdes. para participar no Fondo solidario de libros de texto e axuda de material para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de E.P. e as sltdes. para axuda de material escolar o alumnado que vaia cursar 5º e 6º E.P.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento admtvo. común.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o 22/05/23 ata o 21/06/23 (a.i.)

Tedes aquí un pdf da Orde da Consellería de Educación onde vos poderedes informar máis polo miúdo das normas xerais, contías, obrigas e compatibilidades. Consultádea, xa que pode resolver calquera dúbida que vos xurda.

Tedes tamén a solicitude para descargar

Un saúdo

A dirección do centro

ADMISIÓN ALUMNADO 23-24

15/05/2023 08:30
Europe/Madrid

 

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO PARA O CURSO 2023-2024, FOI ADMITIDO.

 

SE DESEXAN, PODEN CONSULTAR A LISTAXE DEFINITIVA NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO.

 

 

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

NORMATIVA REGULADORA

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2023

 

a) O alumnado que ingrese nun novo centro, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro da súa primeira preferencia ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B)

 ESTA SOLICITUDE É UNICA ( SÓ PODE PRESENTARSE NUN ÚNICO

CENTRO ) E TERÁ CARÁCTER VINCULANTE

O modelo ED550B de admisión ordinaria e os respectivos anexos estarán dispoñibles a partir da data de inicio do correspondente prazo de presentación: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nos centros docentes onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.Tamén pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.

b) Sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras: Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelos: anexo I-bis, anexo II-bis). 

 

DOCUMENTACIÓN

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial.

e) Se non se ten DNI ou NIE deberá presentarse certificado de convivencia ou informe de servizos sociais.

 

 CALENDARIO

- PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo inclusive

- LISTAXES PROVISIONAIS: 25 de abril

- LISTAXES DEFINITIVAS: 15 de maio

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convidamos a todas as familias a visitar ao noso centro ás xornadas de portas abertas que se realizarán o 14 e 15 de febreiro.

Agardamos a súa visita.

 

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS

Estimadas familias:

Dende este luns día 16 de xaneiro ata o día 6 de febreiro queda aberto o prazo para a reserva de praza no alumnado procedente de centro adscrito. A nós correspóndenos o IES DE MEAÑO.

Toda a información referida a este procedemento está dispoñible a través da aplicación: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Poderán cumprimentar as solicitude de reserva:

-       De xeito manual. Empregando o formulario en papel.

-       A través da aplicación. Solicitudes > Reserva > Crear

 

 Esta solicitude deberá presentarse:

-       No centro educativo.

-   A través de sede electrónica (precisarase Chave 365 ou certificado dixital). Sendo esta a canle preferible de presentación.

 

O comportamento da aplicación será diferente se se cubre estando identificado ou non:

-       Familias/usuarios sen identificar: Introducirán todos os datos. Premerán no botón de Crear, aparecendo unha mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro.

-       Familias/usuarios identificados: Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.

 

As dúbidas que poidades ter serán resoltas dende secretaría, dentro do horario que temos establecido (de luns a venres de 8:45 a 9:40 e de 12:55 a 13:45)

 

 Importante:

 

A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no naexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis).

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Dende o CEIP COIRON DENA informamos que foi publicada a Resolución do 19 de setembro de 2022, pola que se establece o calendario  para a renovación dos/as membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.


Nos vindeiros días publicarase máis informaciópn sobre o proceso.

 

Un saúdo

 

A dirección

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Dende a Anpa sementeira infórmase da actividades extraecolares para o próximo curso.

 

No arquivo adxunto poden acceder a máis información.

 

Nos seguintes enlaces ademais de atopar información se pode acceder a ficha de inscrición:

https://drive.google.com/file/d/1VdwaoJaRtcFjAu6kQYxf_pREwwnx-w72/view?usp=sharing

https://docs.google.com/document/d/1EQwmSCqWFn4zq7LNMASjeMcu9uKCsPg9/edit?usp=sharing&ouid=118292706855834702734&rtpof=true&sd=true

AXUDAS FONDO LIBROS, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 22-23

Dende hoxe e ata o 22 de xuño estará aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria axudas para material escolar e do alumnado de primaria. A solicitude deberá ser asinada e presentada xunto a unha fotocopia do libro de familia e, de ser o caso, a sentenza de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade ou documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero. Anéxase tamén a convocatoria para a súa consulta.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica ou ben presencialmente no centro.

1- Por vía electrónica: no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

2- Presencialmente: poderán descargar o impreso de solicitude no ficheiro adxunto ou ben recollelo na conserxería do centro. Unha vez cuberta a solicitude deberán entregala xunto coa documentación correspondente no centro.

Para máis información poden consultar o ficheiro adxunto no que aparece a Orde do 29 de abril do 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Están publicadas as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos e NON ADMITIDOS no taboleiro de anuncios do colexio.

Tamén poderán consultalas a través da aplicación <admisionalumnado> empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

 

Informámosvos que dende o vindeiro 1 de marzo e ata o 21 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2022-2023. A solicitude de praza deberase formalizar cubrindo o AnexoII (ED550B) que se achega como adxunto e entregalo na Secretaría do centro, ou ben utilizando algunha destas vías telemáticas:

Tamén haberá impresos á vosa disposición na secretaría do centro.

DOCUMENTACIÓN:

Copia do DNI  da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta
•    Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a ( Libro Familia, DNI, …)
•    Certificado oficial do expediente académico, no seu caso ( Agás alumnado de 4º de E. Infantil)
•    En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN PARA CURSO 2022/2023

RESERVA DE PRAZA. DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO DE 2022

O prazo para a reserva de praza, vai dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ámbolos dous inclusive. Este prazo é para o alumnado de 6º que vaia ao centro adscrito (IES DE MEAÑO), aqueles que se trasladen de domicilio (localidade) ou por acollemento familiar.

Podedes cubrir as solicitudes mediante un formulario que podedes atopar na secretaría do centro, descargalo no archivo adxunto ou na web da consellería de educación (Anexo I).

Recordarvos que tamén podedes cubrir o formulario na aplicación "admisión alumnado", para o cal precisades o certificado dixital ou a Chave 365. Tendes toda a información na web.

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Xornadas de portas abertas para coñecer a nosa escola.

Chama ao 886 151375 ou 886151374

Solicita cita previa para facer a túa visita ao centro no seguinte horario: 12:55 a 13:40.

Sempre cumprindo o protocolo COVID actual.

Esperámoste!

 

Campaña Toponimízate

Damos difusión ao seguinte mensaxe que nos chega dende o IES de Meaño

 

"Cando solicitamos participar da campaña  Toponimízate 2021, tiñamos claro que resultaría moito máis  interesante se se podía compartir; canta máis xente, mellor.  É por iso que propuxemos unha "charla" o máis aberta posible. Podería desenvolverse nunha dependencia municipal, na Casa da Cultura, por exemplo. Porén, se así se facía unha boa parte do noso alumnado non ía asistir, sempre hai cousas que facer pola tarde. Por iso pensamos que a charla  a través da canle de youtube da RAG sería unha boa proposta. 

O técnico do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo, advertiunos de que ao final da charla sería posible que se formulasen preguntas concretas sobre algún topónimo do lugar (pide que sexa ao remate para non alterar a intervención) a través do profesorado que acompañe ao alumnado. Tamén nos pediu se podiamos facer algunha foto do seguimento da charla.

Achegamos o cartel para que lle deades publicidade na medida que poidades (sería interesante que o soubesen as familias, posto que necesitamos a súa implicación. Veredes que o cartel leva un código QR coa ligazón da páxina de youtube da RAG desde onde se emitirá e gravará a  charla. 

Se sabedes de alguén interesado no tema, comentádello porque quen queira pode conectarse desde a súa casa ou traballo, só ten que escanear o código e xa o leva á sala da charla nese mesmo día e á mesma hora.

Con todo, para quen non estea familiarizado cos códigos QR, pode copiar directamente a ligazón completa: https://www.youtube.com/user/RealAcademiaGalega/featured

Agradecemos a vosa participación para evitar que se perda este rico tesouro e que perduren os nosos nomes n’O Meaño que queremos!"

 

Escola de Familias con Raquel Pedrouso

O vindeiro 19 de novembro haberá no CEIP Coirón-Dena unha Escola de Familias sobre intelixencia emocional coa ponente Raquel Pedrouso, será no salon de actos e 18:30 a 20:00. Todos os pais e nais estades convidados/as a asistir.

 

 

Protocolo COVID curso 2021-22

ENTRADAS INFANTIL

De 8:30 a 8:45

As titoras agardarán ao alumnado no patio cuberto e farán as correspondentes filas. Un pai,nai ou acompañante accederá ao patio cuberto pola cancela do patio de primaria e deixará ao neno ou nena na fila para logo saír do patio pola porta de acceso ao pavillón

ENTRADAS PRIMARIA

De 8:30 a 8:45 

1º, 2º, 3º e 4º  de Primaria accederán ao centro pola cancela da aula de plástica sen acompañantes.

5º e 6º de Primaria accederán ao centro pola cancela do patio de primaria sen acompañantes

Establécese unha marxe de 15 minutos no horario de entrada para que as familias do alumnado que non van en transporte traian ao alumnado de xeito escalonado

SAÍDAS ESCALONADAS 

INFANTIL:

3 ANOS: 13:25

4 ANOS: 13:30

5 ANOS: 13:35

PRIMARIA:

1º, 2º, 3º e 4º: Saída pola porta da aula de plástica

1º: 13:35

2º: 13:38

3º: 13:40

4º: 13:42

5º e 6º: Saída pola cancela de acceso ao patio

5º: 13:44

6º: 13:45

Todos os grupos de primaria serán acompañados á saída polo mestre/a que imparta clase na última sesión.

ASPECTOS A TER EN CONTA POLOS PAIS/NAIS QUE LEVAN AOS SEUS FILLOS AO COLEXIO

O alumnado de primaria entrará sen acompañantes, os acompañantes de infantil entrarán só o estrictamente necesario.

Sexan puntuais, manteñan a distancia de seguridade e deixen a beirarúa e os accesos ao centro liberados.

Non interrumpirán o tránsito do alumnado transportado.

Abandonarán as zonas de acceso e saída ordenadamente e o antes posible.

Na zona da parada dos buses está terminantemente prohibido aparcar. Usen os aparcadoiros para deixar os vehículos e acompañen ao seu fillo/a camiñando á súa entrada.

Os pais/nais non poden acceder ao recinto escolar coa excepción dos pais/nais de infantil o tempo indispensable para deixar ao fillo/a na fila e saír inmediatamente pola cancela do pavillón.

 

IMPORTANTÍSIMO

Realizar todas as mañás aos seus fillos/as o test de avaliación da sintomatoloxía COVID

Cando aparezan síntomas non deben enviar ao alumno/a ao centro e deberán contactar con pediatría.

Se os síntomas son detectados no centro o profesorado chamará á familia para vir a recoller ao neno/a e porase en contacto coas autoridades sanitarias.

 

Debemos todos e todas cumprir estas normas para evitar os contaxios, e no caso de darse minimizar os seus efectos (ver Plan de Continxencia na web do centro).

INFORMACIÓN ENTREGA VALES E LIBROS FONDO SOLIDARIO

Por motivos alleos ao centro, os vales de material e libros do alumnado de 3º e 4º de educación primaria serán entregados o 30 de agosto no colexio de 9:30 a 12 Horas.

O equipo directivo

INFORMACIÓN ENTREGA VALES E LIBROS FONDO SOLIDARIO

Calendario relativo a entrega de vales e libros do fondo solidario:

  • Mércores 7 de xullo: Publicación listaxes provisionais
  • Xoves 8, venres 9 e luns 12 de xullo: prazo de reclamación ás listaxes provisionais
  • Martes 13 de xullo: Publicación de listaxes definitivas
  • Xoves 15 de xullo: entrega de vales e libros do fondo solidario

IMPORTANTE: lembramos, seguindo instruccións da Consellería de Educación, que so se poderán consultar as listaxes a través de certificado electrónico, Chave 365 ou no taboleiro interior do centro

 

NOS FICHEIROS ANEXOS PODEDES ACCEDER A LISTAXE DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Distribuir contido


by Dr. Radut