Skip to Content

Novas

FESTIVAL DE NADAL

Temos clarísimo que neste colexio hai grandes actores e actrices. Canto arte xunto!!

 

MAGOSTO 2012

No magosto tivemos tempo para xogar, bailar, cantar, comer castañas e sobre todo divertirnos cos nosos compañeiros e compañeiras...

 

FESTIVAL DE "PANXOLIÑAS" NO CEIP COIRÓN DENA

O pasado 21 de Decembro celebramos no salon de actos o FESTIVAL DE PANXOLIÑAS.

Deixamosvos aquí os videos das actuacións.

O ROCK DAS BADALADAS

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria do C.E.I.P Coirón-Dena explícannos como hai que seguir as badaladas de Fin de Ano dun xeito moi marchoso.

 

 

UN SAMAÍN 2012 DE MEDO.

O Samaín chegou cargado de medo no CEIP Coirón Dena. Coa decoración de tódolos corredores do centro e o concurso de cabazas organizado polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias o noso cole ten unha pinta terrorífica: cabazas, castelos endemoniados, teas de araña, vampiros, mortes e mortos, pantasmas e outros elementos axudan a crear un ambiente verdadeiramente inquedante.

Aquí vos deixamos unha presentación sobre cómo celebramos este ano o Samaín no CEIP Coirón Dena.

 

 

Para ver as gañadoras do concurso poderedes comprobalo no blogue de Normalización Lingüística.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2012-13.

 Comunicámoslles que no BOE do  9 DE AGOSTO foron publicadas as axudas arriba indicadas mediante Resolución do 2 de agosto  do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Pódese obter toda a información na páxina : www.educacion.es


        Para acceder a estas axudas os alumnos deberán  aportar o certificado de minusvalía, pero no caso de non tela recoñecida o departamento de orientación do centro educativo deberá aportar un certificado que indique que o alumno presenta necesidade de apoio educativo (artigo 2 da convocatoria). 


        Tamén poderán presentar estas solicitudes os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.


        Ademais de cumprir estas condicións os solicitantes deberán ter praza no centro educativo para o curso 2012-13 nos estudos de: educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais, programas destinados á obtención dunha cualificación profesional inicial e programas de formación para a transición á vida adulta


       


O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 25 de setembro

NOVAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2012-2013

Adxúntase o listado de novas matrículas para o vindeiro ano 2012-2013.



Nota: Se non se percibe ben na imaxe, facer clic na mesma e abrirase o documento orixinal.

DESPEDIDA PARA O ALUMNADO DE 6º

Para o alumnado que marcha para o IES:

Hoxe remata un ciclo nas vosas vidas, un tempo no que coñecéchedes amigos, mestres, persoas adicadas... Pero tamén coñecéchedes valores, cualidades, aprendemos a ser responsables, a ser mellores cada día das vosas vidas e precisamente comezaredes unha nova etapa na que será importante por en práctica estas aprendizaxes.

Cada despedida é triste, pero que saibades que levaremos sempre no noso corazón o que ó longo desta etapa compartimos convosco: ledicias, tristezas, emocións, tarefas... Non vos olvidar que sempre estaremos aquí para rememorar estes fermosos anos e axudarvos nos bos e malos momentos que vaiades vivir nas vindeiras etapas.

Un saudo e feliz verán.

 


LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012/213

LIBROS DE TEXTO CURSO 2012 - 2013

Os libros de texto para o curso 2012 - 2013 poden consultarse no taboleiro de anuncios do CEIP Coirón Dena ou ben no arquivo que se adxunta.

Gratuidade solidaria: Curso 2012/2013

A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.

Para acceder á información, convocatoria e outros datos de interese acceder ó seguinte enlace: Axudas Libros de Texto 2012-2013.

Se queren acceder directamente á solicitude para cubrila e imprimila online poden descargar dende aquí o anexo I

NO PROGRAMA "A TARDE" da rtvg FALARON DAS CURTAS DO NOSO CENTRO

Se queredes escoitar o anaco do programa no que falan das nosas curtas, escoita e dalle ó play.

 

RAPEO EN GALEGO 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO RAPEANDO EN GALEGO

Co motivo da celebración do día do libro, no CEIP Coirón Dena elaboramos unhas presentacións moi animadas nas que se contan contos en forma de RAP.

Todos os traballos (dende Educación Infantil ata o 3º ciclo) se poden ver no noso canal de Youtube ou no Blogue do Equipo de Normalización Lingüística.    

                        

Esperamos que vos gusten.

O CEIP Coirón Dena participa no concurso "NÓS TAMEN CREAMOS".

Mestres/as do CEIP Coirón Dena remataron o traballo de elaboración de curtas de animación de cara á participación no concurso "Nós tamén creamos" que organizan a Consellería de Educación e a Editorial OQO.

O traballo consistiu en elexir un conto que nos facilitaba dita editorial e intentar, a través de técnicas "Stop Motion" de animación, crear un pequeno filme dese conto.

O papel do alumnado foi o de traballar as personaxes a través de plastilina, practicar unha minianimación na aula e finalmente utilizar as súas voces para a narración do conto.

Para acceder e visualizar as animacións será necesario acceder á páxina de contidos infantís da CRTVG.

NAVEGA CARACOL. Nivel: Educación Primaria

QUÉ SUSTO! Nivel: Educación Infantil

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012

A Consellería de Educación, finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, fai pública a relación das listaxes detalladas e abre un prazo de 10 días naturais (do 9 ao 18 de maio) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Acceso á información

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO.

Publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido para o CEIP Coirón Dena.

Ao non terse presentadas reclamacións á listaxe provisional de alumnos admitidos, este centro PUBLICA as seguintes LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO.

 

Nota: Para ver as listaxes de admitidos acceder ao menú "adxuntos" na parte superior.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2012 - 2013

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS



Para ver as listaxes de admitidos acceder ao menú "adxuntos" na parte superior.

DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O vindeiro día 2 de Abril conmemórase o Día Internacional de concienciación sobre o Austismo. Dende o CEIP Coirón Dena non queremos deixar escapar esta oportunidade de apoiar a este colectivo.

Con este fin efectuaremos un acto simbólico consistenete en pendurar globos azuis das fiestras do noso colexi

 

Distribuir contido


by Dr. Radut