Skip to Content

Novas

CANDIDATOS DOS DISTINTOS SECTORES PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO 29 DE NOVEMBRO

 

Candidatos/as do sector de nais, pais e titores legais do alumnado:

 

PATRICIA CRESPO SUÁREZ

Mª DE LAS MERCEDES DIAZ DE LA MAZA

SILVIA FARIÑA LORES

RAFAEL OTERO OUTÓN

Mª DEL CARMEN VALLADARES GONDAR

 

 b)Candidatos/as do sector do  profesorado:

 

Manuel Lucio Abal

 

Mª Auxiliadora Reboredo Piñeiro

 

Gumersinda Barral Otero

 

Eva Mª Blanco López

 

Mª del Pilar Oubiña Piñeiro

 

Mª del Pilar Portas Núñez

 

 

c) Persoal de administración e servizos:

 

Santiago Vázquez Pérez

 

Eleccións ao Consello Escolar

O día 29 de novembro celébranse as eleccións ao Consello Escolar no noso centro.

Os censos dos distintos sectores xa están publicados nos taboleiros do colexio.

O prazo de presentación das candidaturas remata o 18 de novembro.

Temos que renovar dous compoñentes no sector de pais/nais, tres no sector do profesorado e o representante do persoal de servizos.

Para mais información poden consultar a Resolución que regula este proceso:

Resolución do 26 de setembro

Nos documentos adxuntos poden ler as distintas convocatorias.

Recibimos unha Mención Especial no Ouff Escola de Ourense por Maruxa

O pasado mércores celebrouse en Ourense o Ouff Escola no Auditorio de Ourense. Este Concurso encádrase no Festival Internacional de Cine de Ourense.

Este ano participaron mais de 100 centros con 120 traballos, nós presentamos dous, o videoclip de "Milo" e o de "Maruxa". Entregáronse 10 premios, e nós recibimos un deles por "Maruxa", déronnos unha Mención Especial. Para todos nós é un orgullo que estes traballos do Equipo de Contos e os nenos e nenas do Ceip Coirón reciban este tipo de recoñecemento. Como alí dixemos estes traballos son froito da ilusión, ilusión que nunca queremos perder e que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

Para os despistados e para que todos poidamos volver a recordar a "Maruxa" aquí a tedes de novo!! 

Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

A nova aparece en varias páxinas e periódicos, aquí vos deixamos algúns enderezos por si queredes velos:

 Ouff Escola

Consellería de Educación

Faro de Vigo

Aquí vos deixamos un par de instantáneas do momento

Día de inicio das clases e horario

Benqueridas familias informamos que as clases iniciaranse o día 12 de setembro co novo horario de 8:45 a 13:45

O centro non abrirá as portas hasta as 8:35 e os autobuses irán ás paradas habituais uns 15 minutos antes que o curso pasado tanto para vir ao centro como ao volver.

Aproveitade moi ben esta última semana para descansar e desfrutar pero non vos esquezades que nós xa estamos no colexio preparando o novo curso con moitas novidades moi agradables e interesantes.

Ide preparando a mochila e non vos esquezades de meter nela moita ilusión e ganas de aprender!!

                                                                              O equipo de mestres e mestras do Ceip Coirón Dena

Novas sobre o Fondo de Libros

Todo o alumnado de 3º a 6º vai recibir  fondo de libros, os alumnos de 1º e 2º non reciben libros deste fondo xa que os libros non poden ser reutilizados, según renta si que poden recibir vales para a compra de libros. O luns 18 deben pasarse todos polo colexio para recoller os libros e os vales.

A listaxe definitiva podedes vela no seguinte adxunto

 

LISTAXE DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2016/17 DE PRIMARIA E INFANTIL

Pinchando en "adxuntos"  teñen á súa disposición as listaxes de material e de libros para o curso 2016/17.

Os vales dos libros de 1º e 2º, os libros de 3º, 4º, 5º e 6º e os vales de material entregaranse no centro educativo o día 18 de xullo en horario de 9 a 14:30

Cambio de número de teléfono

Dende hoxe mesmo temos novo número de teléfono no centro e novas líneas de teléfono.

Número do Centro: 886151375

Número de Orientación: 886151376

Número de FAX: 886151377

O galego no CEIP Coirón



Prensa na escola



Aberto o prazo para solicitar as axudas de material e libros

Dende o venres día 3 ata o día 22 de xuño recollemos na secretaría do centro as solicitudes de axudas para libros para o alumnado de 1º e 2º curso), as de fondo de libros (para o alumnado de 3º, 4º e 5º curso) e de axudas de material para todo oa laumnado de 1º a 5º curso.

O HORARIO DE ATENCIÓN PARA A RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN É DE 9:00 a 10:00

Para solicitalas deberán usar os impresos que lles fixemos chegar polos nenos/as, todas as axudas solicítanse a través do mesmo impreso e no caso de varios irmás só deben entregar unha solicitude. Non se recollerán os impresos que non veñan acompñados das fotocopias de todas as follas do libro de familia e outros posibles documentos que deban aportar (cerificados de discapacidade...).

O alumnado de 6º curso deben facer os trámites no IES no que fixeran a reserva de praza.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2016-17

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS. CURSO 2016-2017

 

ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Sánchez Aboy, Sara

Santos Falcón, Gael

Seren Muñiz, Xulia

Silva Soutullo, Hugo

Solla Poza, Álvaro

Cousido Padín, Noelia

Doce Rodríguez, Bruno

Domínguez Méndez, Carmen

Muñiz Táboas, Nerea

Outeda Serantes, Diego

Outón Otero, Mara

Pérez Rodríguez, Sabela

Puente Otero, Sabela

Radío Prieto, Jeray

Reinal Giménez, Diego

Reinal Giménez, Paula

Riveiro Vázquez, Manuel

Rodríguez Lores, Antía

 

ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Martínez Rodiño, Paula

Martínez Rodiño, Silvia

Martínez Torres, Iria

ALUMNADO PROCEDENTE DO CENTRO ADSCRITO (E.E.I. XIL)

Montes Souto, Brais

Sabaris Varela, Uxía

 

LISTAXE DEFINITIVA DE NON ADMITIDOS*

Dachraoui Iglesias, Mohamed (duplicidade na presentación de solicitude)

Tilve Brizuela, Leyla (entrega da documentación fóra de prazo)

* A Inspección Educativa decidirá sobre estas solicitudes, existindo a posibilidade de que finalmente obteñan praza neste centro.

Dena, 14 de maio de 2016

 

A Directora                                                                                    O Secretario

 

Asdo.: Mª Cruz da Silva Rubio                                             Asdo.: Rafael Maquieira Calza

 

Temos 4 nominacións aos Olloboi deste ano!!

Hoxe saíron os finalistas do Concurso Olloboi. temos 4 nominacións: Olloboi Online, Olloboi Dj, Olloboi Cómico e Olloboi Peleón.

Para nós é todo un orgullo ter chegado hasta aquí. O sábado 28 iremos a Boiro á entrega de premios, pero aínda que non volvamos cun Olloboi, si que viremos con moita ledicia e ilusión por ter acadado por segundo ano consecutivo estar entre finalistas desta categoría.

Aconséllamosvos que entredes e vexades todas estas marabillas. Son dignas de admiración.

https://2016.olloboi.com/finalistas

Grazas a todos os que puxestes un gran de area en todo este traballiño!! Grazas polos vosos votos para o Olloboi Online, grazas por crer en nós e sobre todo grazas por animarnos a seguir traballando nesta línea.

Estos días ocupamos algunha folliña na prensa aquí tedes as reportaxes

Portada do Faro de Vigo, Edición Arousa: http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/05/14/milo-estrella-videoclip-colegio-coiron/1460616.html

 

En La Voz de Galicia:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meano/2016/05/14/palleiro-milo-estrella-video-colegio-dena/0003_201605A14C7999.htm

Agradecemos tamén a difusión nestes concurridos blogs:

Cores de Cambados

Polo Ventanuco

Vivir en Cambados

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2016-17

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS. CURSO 2016-2017

 

 

 

ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Sánchez Aboy, Sara

 

Santos Falcón, Gael

 

Seren Muñiz, Xulia

 

Silva Soutullo, Hugo

 

Solla Poza, Álvaro

 

Cousido Padín, Noelia

 

Doce Rodríguez, Bruno

 

Domínguez Méndez, Carmen

 

Muñiz Táboas, Nerea

 

Outeda Serantes, Diego

 

Outón Otero, Mara

 

Pérez Rodríguez, Sabela

 

Puente Otero, Sabela

 

Radío Prieto, Jeray

 

Reinal Giménez, Diego

 

Reinal Giménez, Paula

 

Riveiro Vázquez, Manuel

 

Rodríguez Lores, Antía

 

 

 

ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Martínez Rodiño, Paula

 

Martínez Rodiño, Silvia

 

Martínez Torres, Iria

 

ALUMNADO PROCEDENTE DO CENTRO ADSCRITO (E.E.I. XIL)

 

Montes Souto, Brais

 

Sabaris Varela, Uxía

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE NON ADMITIDOS

 

Dachraoui Iglesias, Mohamed (duplicidade na presentación de solicitude)

 

Tilve Brizuela, Leyla (entrega da documentación fóra de prazo)

 

 

 

Dena, 25 de abril de 2016

 

2 de abril, Día Mundial da Concienciación do Autismo

O venres fo un día de conmemoración no Ceip Coirón de Dena. Quitamos fotos, xogamos cos globos azuis, rimos e sobre todo compartimos unha mañá un tanto distinta. Pero non queriamos deixar pasar esta ocasión de valorar a diversidade. Con este fin fixemos unha selección de curtas e contos para mostrarlles a toda a comunidade educativa: pais e nais, nenos e nenas , mestres e mestras. 

Nesas proxeccións falábase do autismo, pero tamén doutras moitas diversidades: físicas, sensoriais e intelectuais. O que os asistentes podían percbir é que a diversidade enriquece, que as persoas con diversidade ensínanos moito e que temos que valoralas e facerlles a vida máis fácil. Todos temos fortalezas e todos temos dificultades pero apoiándonos uns aos outros todo será moito mais sinxelo.

Aquí vos deixamos unhas instantáneas do día, nelas veredes rapaces e rapaces sorindo que celebran ser nenos e nenas, todos  diversos, pero camiñando xuntos todo se fai moito mais fácil. Acaso podedes distinguir a nenos con diverisade dos outros??...cremos que é imposible, todos e todas comparten algo en común que é o único que importa: son nenos e nenas felices!!

 

 

 

Nova no Faro de Vigo sobre esta actividade

Parabéns do Conselleiro de educación

O equipo directivo do CEIP Coirón-Dena quere facer partícipe á comunidade educativa do colexio, dos parabéns recibidos dende a Consellería de Educación, polo noso proxecto escolar "Protexe aos animais".

Noraboa a todos polo traballo!

Un novo videoconto: Entroido animal

Pero que está pasando no Ceip Coirón??
Os animais invaden o colexio! Hainos de todo tipo: salvaxes, domésticos, animais do mar, do bosque, da xungla...Eles percorren o centro libres e felices, boeno hasta que un cazador irrumpe no patio, pero non vos preocupedes que de seguidiña o poñemos no seu sitio e coma sempre rematamos a historia cunha festa do mais divertida. Eso si, antes diso fixemos unha manifestación en defensa dos animais á que hasta se uniron os pais e nais, pois en Dena somos do mais reivindicativo!!
Non vos perdades esta divertida historia "madeincoirón", de seguro que a disfrutaredes!!

Entroido animal from Ceip Coiron on Vimeo.

Adopción e coidados dos animais de compañía: Refuxio de Animais de Cambados

Foi unha tarde moi especial tanto polos visitantes coma polos contidos. O Refuxio veu de novo ao colexio e presentáronnos algúns dos habitantes do Refuxio así como as súas historias. 

Na prensa recolleron a nova e quitamos moitas fotos que pronto poderedes ver no Ceipcoironenimaxes.

 

 

 

Nova visita do Refugio de Animales de Cambados ao Ceip Coirón

O mércores día 9 teremos de novo ao Refugio de animales de Cambados no noso cole. Esta vez virán falarnos da adopción e dos coidados que hai que dispensarlles ás nosas mascotas. Recorda!! Un animal é un ser vivo, non un xoguete!! Tratádeos ben!!

Seguro que aprenderemos moito con esta nova experiencia e ademais presentarannos algúns dos cadeliños que están no Refugio

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN NO CEIP COIRÓN DENA

DO 1 AO 29 DE MARZO PARA O CURSO 2016-17

PLAN MADRUGA DENDE AS 7 DA MAÑÁ

SERVIZO DE COMEDOR

BAIXO ESTAS LÍNEAS, NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS PODEN DESCARGAR AS INSTRUCIÓNS E OS IMPRESOS PARA REALIZAR TODOS OS TRÁMITES (TAMÉN PODEN PEDIR OS IMPRESOS NA CONSERXERÍA DO COLEXIO)

Para mais información consulte a páxina da Consellería de Educación:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/14293

Resultado das votacións para a implantación da xornada única

Onte tivemos as votacións  para a implantación da xornada única no Ceip Coirón.

Aquí tedes os resultados:

Nº de familias do censo: 220

Nº de votantes: 171

Votos a favor: 145

Votos en contra: 25

Votos nulos: 1

Ante estos resultados podemos afirmar que o vindeiro curso teremos a xornada única no noso centro!!

Grazas a todos os que viñestes votar!!

O noso mais profundo agradecemento a todos os que os fixestes isto posible!!

Nova na prensa:http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/02/25/padres-referendum-jornada-continua-colegio/1411269.html#

Censo de pais/nais/titores para as votacións da xornada única

Continuando co proceso de votacións para a xornada única procedemos a facer pública o censo de pais/nais/titores. Teñen un prazo de cinco días para facer as reclamacións oportunas na secretaría do centro.

É moi importante que revisen os datos para que o día 24 todos/as poidan votar!! Tanto se queren a xornada única como se queren a actual deberían vir votar pois esta decisión repercutirá no horario definitivo do centro educativo dos seus fillos/as.

Un saudiño do Equipo Directivo

 

Un tornado pasou polo noso colexio!!

O pasado sábado día 6 de febreiro ás 16:30 pasou un tornado polo noso colexio ocasionando bastantes desperfectos. O mais importante é que como non era día lectivo  ninguén resultou ferido.

O tornado afectou sobre todo ao tellado do primeiro edificio movendo e guindando con moitas das súas tellas. Os contenedores do lixo e do papel voaron por todo o recinto golpeando ventanas e rompendo os cristais, o tornado entrou pola porta que comunica o xardín da biblioteca co corredor do primeiro ciclo e rompeu un dos seus cristais, tamén quixo ir ao baño do segundo ciclo tirando co falso teito desa zona.

Estas vacacións de entroido foron de moito traballo para o Concello e os seus empregados, o Equipo Directivo e o conxerxe do colexio e para a Unidade Técnica da Delegación de Educación de Pontevedra, houbo que limpar todo, reparar o mais urxente, dar parte do sinistro, atender aos medios, tomar decisións, valorar os desperfectos, facer informes, tomar as medidas de seguridade necesarias para que o colexio non fora perigoso... 

Pero conseguimos que o xoves puidéramos reanudar as clases con normalidade tras delimitar unha zona de seguridade para que a empresa encargada de reparar os danos traballara sen que houbese perigo para os que tiñamos que vir ao colexio. 

Agora queda reparar o tellado, pero hasta que non esté bo tempo non poderá ser, pero tranquilos que temos unha cuberta de aurelita que está intacta!!

Esperemos que o tornado xa aprendera todo o que veu aprender ao colexio e non volva a visitarnos, nin a nós nin a ninguén mais da nosa terra, se quere aprender cousas que vaia á escola dos tornados non ao Ceip Coirón Dena!!

 

 

Participamos no Concurso do Olloboi co videoclip de "Milo"

E por fin chegou o gran día!!
Aquí tedes a "Milo", unha obra de arte, divertida, fresca e moi pedagóxica!!
Un bo resumo feito polos nenos e nenas do nosos colexio para contarvos como debemos tratar aos nosos animais de compañía e o importantes que son na nosa vida.

Milo from Ceip Coiron on Vimeo.

Desfrutade con el, e si vos gusta temos que pedirvos un gran favor que nos votedes no Concurso de Olloboi xa que este ano volvemos a participar con moita ilusión. O Olloboi é como os "Oscars" pero á galega e no eido educativo.
Votar é moi sinxelo, ide a este enderezo clicando nel: https://docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?c=0&w=1 Bucade a Milo (cara ao final da listaxe), cubride os datos que vos piden e por último ide ao final do texto e clicade en SUBMIT. Non esquezades ningún dos pasos!!

Moitas Grazas!!

Queremos tamén darvos as grazas dende aquí a todos os que fixestes posible esta superprodución:

O Refuxio de Animales de Cambados

A familia de Santi, o noso conserxe e donos de Milo

O Furancho A de Marcos de Ganón, Meaño

Clinica Veterinaria Rubén de Dena

E a todas as familias e nenos que colaboraron gustosamente traendo os utensilios necesarios para a posta en escea.

Entre todos de seguro que poderemos de novo traer un Olloboi ao noso colexio!! A votar todos!!

 

A Visita do Refuxio de animais de Cambados no Ceip Coiron. Nova no Faro de Vigo

O pasado mércores tivemos unha visita moi especial no noso Centro. Clau e Mía viñeron en representación do Refuxio de Cambados e ensináronnos moitas cousas.

Grazas de corazón por este gran traballo!!

Tedes aquí a nova no Faro de Vigo e o enderezo a fotos desta gran clase maxistral

Se queredes ver a nova completa podedes vela aquí:http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2015/11/26/clase-magistral-cuidado-mascotas/1357882.html

Enlace ás fotos: Blogue de 3º ciclo

Visita do Refuxio de animais de Cambados ao Ceip Coirón

Comenzamos o noso traballo con Proxecta deste ano. Como sabedes xira entorno a aprender a protexer os nosos animais. Contaremos con varias visitas do Refuxio de Cambados que farán no noso centro varios obradoiros.

O primeiro deles será sobre tres temas moi importantes:

Que é un Refuxio de Animais

Perderlle medo aos cans 

Como tratar cos cans descoñecidos

Estarán con nós todo o mércores á tarde e faremos dúas quendas para poder adaptar os obradoiros ás idades dos nenos/as

Xa vos contaremos como resulta esta primeira experiencia!!

 

O noso magosto 2015

No Ceip Coirón Dena xa comeza a arrecender a castañas asadas... O vindeiro mércores imos celebrar o magosto (se o tempo nolo permite) e pasaremos unha tarde festeira e lúdica celebrando este evento.

Deixamos aquí un cartel informativo do que imos facer esa tarde. En canto poidamos colgaremos fotos para que vexades que ben o pasan os vosos fillos e fillas un día coma este. 

Non vos esquezades de mandarlles unhas pouquichiñas castañas picadas e algúns carozos para asalas.  Grazas pola vosa colaboración!!

SAMAÍN 2015 As familias de Dena: Artistas nos deseños de cabazas!!

Unha vez mais debemos agradecer ás familias a gran acollida e a participación no Concurso de Cabazas. Cada ano non deixa de sorprendernos a vosa capacidade creativa e o esmero con que tallades cada unha destas marabillas. GRAZAS!! GRAZAS!! E GRAZAS!!

 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut