Skip to Content

Novas

EuRetoNaCasa

 

Moi boas Familia.

Aquí vos deixamos a montaxe súper chula das obras de pintura que representastes e levastes a cabo con tan bo saber facer, entusiasmo e diversión. Así dá gusto.

Gostarianos salientar o voso traballo e a vosa participación nesta actividade de EuRetoNaCasa. Moitísimas grazas por animar aos pequen@s e facer así, que pasen un bo rato con vós. 

Moitas grazas de novo e vémonos no seguinte reto.

Moita forza e ánimo.

EuRetoNaCasa

RETO 1:

Que hai familias?

Esperamos que todo vaia ben e que todos e todas esteades coas forzas e ánimos ao 100%, e máis despois de facer este super vídeo coa canción "Resistiré". Xeniais, estades todos ben guap@s, fixéstelo de marabilla. Estamos orgullosisimos destes peques Risa e tamén, como non, dos papás e mamás. Sodes uns artistaz@s. Esperamos que vos goste o resultado final e... Vémonos no seguinte reto.

Apertas moi fortes.

 

Lembrámonos de tod@s vós

 

Todo o profesorado do CEIP Coirón-Dena quere mandarvos unha forte aperta a tod@s vós, alumnado e familias. Sabedes que estamos a pasar uns momentos difíciles pero entre todos/as conseguiremos gañarlle a batalla ao coronavirus (covid-19). É por iso, que decidimos editar este vídeo coa intención de facervos ver que seguimos aquí, ao voso lado e con gañas de voltar vervos, de poder compartir de novo, todos xuntos, este tempo que o virus nos está a roubar. Que este vídeo vos sirva de axuda para pasar este confinamento, que sexa un empurrón de forza e ánimos.

Xuntos conseguirémolo. 

Unha moi forte aperta.

MEDIDAS NO ÁMBITO DO CEIP COIRÓN DENA DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Ademáis da suspensión da actividade lectiva e dos servizos complementarios anunciados o xoves, informamos das seguintes medidas:

 

1-    A partires desta semana o profesorado fará unhas recomendacións de traballo que irá trasladando ás familias a través da plataforma abalar. Ante calquera dúbida relacionada con este aspecto, as familias poderán contactar co profesorado a través do correo electrónico do centro ceip.coiron.dena@edu.xunta.es

2-    O correo electrónico tamén poderá usarse para contactar coa dirección do centro. Se o motivo de consulta é urxente tamén poderán chamar ao teléfono do centro en horario de 10:00 a 13:00 h.

3-    Suspéndense as titorías presenciais ata o inicio das clases.

4-    En virtude do disposto no Real Decreto polo que se declara o estado de alarma, interrúmpense os prazos para a tramitación de procedementos administrativos , o que tamén afecta ás familias que teñen pensado matricular a un novo/a alumno/a. Estas familias deben saber que a Consellería de Educación deu a instrucción de ampliar  o prazo de presentación de solicitudes de admisión, que rematará unha semana despois do inicio das clases

 

Dena (Meaño), 16 de marzo de 2020.

 

 

 

O Director

 

Asdo.: Rafael Maquieira Calza

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

Nos seguintes arquivos pededes acceder a toda a información relativa ao proceso de admisión para o curso 2020-2021 e consultar as vacantes por nivel educativo.

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Neste enlace podedes consultar a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as para as axudas de libros e material escolar.

Recordade que o prazo de presentación de reclamacións remata o luns 8 de xullo.

CORRECCIÓN LISTAS DE LIBROS E MATERIAL DO CEIP COIRÓN-DENA PARA O CURSO 2019/20

Nos arquivos adxuntos pódense descargar as listaxes de libros e material de todos os cursos do noso centro. Nestes ficheiros xa aparecen corrixidos os ISBN das materias de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais de 3º e 4º de Primaria. Fixádevos ben que nalgúns niveis hai variacións de material entre o grupo A e o grupo B.

Listados definitivos de admitidos e excluídos

Nos seguintes documentos adxuntos poden consultar as listaxes de admitidos e excluídos para o vindeiro curso nos distintos niveis.

"Así era o meu cole"

Neste documental que fixemos con todo o agarimo, amosamos como foi o comezo da fermosa historia de 50 anos do CEIP Coirón Dena

Celebramos o 50 Aniversario do CEIP Coirón Dena

O 18 de novembro de 1968 abría por primeira vez as súas portas o CEIP Coirón-Dena (daquela chamado Colexio Público de Dena). O nacemento deste colexio supuxo un gran cambio na vida deste concello e dos seus habitantes. Por iso a Comunidade deste centro pensamos que hai que conmemorar esa gran data.

Imos facer aquí un breve resumo dos actos e accións que estivemos e estamos levando a cabo

O curso pasado empezamos a indagar sobre os inicios deste centro e buscamos documentación sobre ese acontecemento: fotos, notas de prensa e testemuñas.

Na entrada do colexio podedes ver un gran mural con unha pequena mostra das fotos e un televisor no que están pasando centos de fotos que fomos recopilando e que foron proporcionadas por antigos mestres , alumnos e que fomos atopando gardadas en gabetas e armarios do colexio

.        

Comezamos tamén a palnificar unha serie de visitas significativas de antiguos alumnos/as e mestres/as que pasaron polo centro.

O Curso pasado tivemos por exemplo de convidado a Roberto Varela, diplomático e exconselleiro de cultura. que comezou a escola primaria neste noso centro. Foi todo un luxo escoitar como daba resposta ás preguntas da rapazada.

 O alumnado de 5º curso visitaron a Paco Pazos, outro exalumno, hoxe en día escultor de recoñecida fama que os ilustrou na súa obra.

 Este curso decidimos traer á primeira promoción de EXB e aos seus mestres e mestras, marabillosa e entrañable experiencia para eles e para todos nós.

Tamén tivemos aquí á Alcaldesa, Lourdes Ucha, ela tamén estudou neste colexio case toda a etapa de primaria. O alumnado de 3º e 4º foron os entrevistadores, e fixeron que a nosa alcaldesa contara moitas anécdotas daquela época que lembra con moito agarimo


Pero non todo remata niso, neste centro naceron varias asociacións que aínda hoxe seguen moi vivas, é o caso da Asociación Cultural Penaguda e As Mulleres Rurais A Telleira de Dena. Ambas asociacións vannos visitar o vindeiro venres durante a celbración do magosto para contarnos como foron os seus inicios e mostrarnos todo o que aprenden nas súas xuntanzas e escolas de música, danza e labores.

Este centro destacou tamén nos seus inicios nos deportes de balonmán (O Asmubal tamén naceu no CEIP Coirón Dena) e baloncesto, participando en torneos ao longo e ancho do país recollendo moitos trofeos. Outras actividades nas que participaban e destacaban eran os concursos de coros e nas exposicións de camelias....

Resumir toda a historia dos inicios do colexio sería moi longo de contar, pero estamos facendo un documental no que poderedes ver un pouqichiño disto que vos contamos agora e relatado polos protagonistas destas xestas.

Para que a celebración do 75 Aniversario sexa máis doado decidimos preparar no colexio unha cápsula do tempo onde recolleremos toda esta información e incorporaremos o que cada titoría decida meter na cápsula e que mostre como somos e que facemos nestes intres no colexio.

O día 23 será a celebración interna dese 50 Aniversario: prepararemos a cápsula, visionaremos o documental, cantaremos e moitas cousiñas máis. Pero o día 24 será a gran festa na que estamos volcando moitos esforzos para que sexa un día inolvidable e á que van a acudir mestres e mestras, alumnos e alumnas que traballaron e estudaron neste centro ao longo destes 50 anos.

Aquí vos deixo o cartel que resume as actividades para ese día.

 

Os tickets para a paella podes conseguilos a través da ANPA, nos establecementos que indicamos no cartel e lóxicamente no colexio, só os teremos á venta hasta o día 16 de novembro.O resto das actividades serán gratuitas e pensando en todas as idades

Pero sobre todo será un día de reencontros e moi emocionante para moitos exalumnos/as e mestres/as. Nós estamos moi ilusionados/as e con moita gana de que chegue o gran día.

Novas na prensa:

Roberto Varela Vuelve a clase

Ceip Coirón-Dena acoge en sus Bodas de Oro un encuentro de la primera promoción

La memoria viva de un colegio con 50 años de historia

Un reencuentro cargado de emociones

Preparan una paella gigante para preparar el medio siglo del colegio público de Dena

 

 

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2018-19

Para descargar o calendario:

Listaxe provisional do fondo de libros, adquisición libros de texto e material escolar

Na listaxe que podedes ver no adxunto aparece a información tanto das axudas para a compra do material (vale material/importe) como a das axudas para a adquisición de libros e libros procedentes do fondo (vale libros/importe). Nas solicitudes que apareza o concepto "Fondo libros" (3º,4º,5º e 6º de Primaria), significa que a ese/a alumno/a lle corresponden libros en préstamo. 

Lembrade que o prazo para a presentación de reclamacións remata o martes 10 de xullo (de 9:30 a 13:00 h)

O Equipo Directivo.

LISTAXES DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2018/19

Clicando nos adxuntos seguintes poden descargar e ver as listaxes de libros e material para infantil e primaria

LISTAS DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2018/19

CLICANDO NOS SEGUINTES ADXUNTOS PODEN DESCARGAR AS LISTAXES DE MATERIAL E LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO

Listaxe definitiva de admitidos

No seguinte enlace poden ver e descargar a listaxe definitiva de admitidos para o vindeiro curso.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Clicando en arquivos adxuntos poden ver as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2018/19

 

NÚMERO DE POSTOS ESCOLARES ( CURSO 2018-2019 )

 

NIVEL

 

MATRICULADOS

 

VACANTES

 

4º Ed. Infantil

 

 

_

 

22+3 NEAE *

 

5º Ed. Infantil

 

                      

                       25

 

0

 

6º Ed. Infantil

 

 

22

 

3

 

1º Ed. Primaria

 

19

 

3+3 NEAE*

 

2º Ed. Primaria

 

20

 

30

 

3º Ed. Primaria

 

33

 

17

 

4º Ed. Primaria

 

36

 

14

 

5º Ed. Primaria

 

30

 

20

 

6º Ed. Primaria

 

34

 

16

 

 

* En 4º de Educación Infantil e en 1º de Educación Primaria resérvanse 3 postos escolares por unidade para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Admisión Alumnado 2018-19

 

 

Do 1 ao 20 de marzo

 

Presentación de solicitudes de admisión. Os impresos poderán recollerse no centro ou descargarse desde a páxina da Consellería www.edu.xunta.gal. Tamén se poderá facer a solicitude a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Do 22 de marzo ao 2 de abril

 

Presentación da documentación relativa a o baremo ( se o solicitante autoriza a consulta automática non será preciso entregar esta documentación )

 

 

Antes do 25 de abril

 

 

Publicación das listaxes provisionais.

 

Reclamacións ás listaxes provisionais:5 días hábiles a partires do día seguinte á data de publicación da listaxe provisional.

 

Antes do 15 de maio

 

Publicación das listaxes definitivas.

 

Reclamacións ás listaxes definitivas: (contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persona titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación).

 

 

Do 20 ao 30 de xuño

 

Prazo de MATRICULACIÓN. Aquelas familias que recollan o impreso para a admisión no centro levarán tamén os impresos correspondentes á formalización da matrícula.

 

Fomos premiados na Ouff Escola de Ourense por "Quero un patio novo"

Onte foi un día moi especial para o noso centro, fomos premiados no Ouff Escola do Festival Internacional de Cine de Ourense. O videoclip "QUero un patio novo" recibiu o primeiro premio na categoría Infantil e Primaria. Só houbo 6 premios para os 80 traballos seleccionados polo xurado.
Fomos a recoller o premio unha representación dos distintos sectores do colexio: 2 nenos/as de cada nivel, 2 nais e tres mestras que vivimos con moita emoción todo o que alí pasou, o momento mais fermoso foi cando as presentadoras indicaron que "quero un patio novo" recibía o primeiro premio.
Os berros de ledicia escoitáronse en todo o Auditorio. Con todo, tal como dixo o neno que falou dando os agradecementos polo premio a felicidade non era completa xa que Rafa, a alma deste traballo, non podía estar alí con nós.
Outro momento para lembrar foi cando proxectaron o videoclip e toda a sala  comezou a aplaudirnos e vitorearnos.
Queremos agradecer ao Concello de Ourense e a Política Lingüística a creación deste certame e darnos a oportunidade aos centros educativos de que demostremos do que somos capaces.
Aquí vos deixo un par de fotiños do momento.

 


Enderezos ás novas na prensa en Ourense e na páxina da Xunta:

Na páxina da Xunta

Na TVG

Faro de Vigo Ourense

E se queredes voltar a ver o noso videoclip só debedes clicar neste enderezo:

QUero un patio novo

 

Calendario Escolar Curso 2017/18

O vindeiro 11 de setembro comenzaremos as clases co horario normal (de 8:45 a 13:45). Apurade estos últimos días para descansar e pasalo moi ben, pero pensade que un novo curso serán moitas novas oportunidades de aprender e divertirnos xuntos. Unha aperta dos vosos mestres e mestras!! 

(clicade no calendario para velo mellor e poder descargalo)

Listaxe provisional de admitidos para o fondo de libros

No seguinte enlace poden consultar a listaxe provisional de admitidos no fondo de libros deste curso.

Lembren que teñen de prazo hasta o mércores para as reclamacións.

 

LISTAXES DE MATERIAL E LIBROS DO CEIP COIRÓN DENA

Nos arquivos adxuntos poden ver e descargar as listaxes de material de primaria e infantil, así como o listado de libros para primaria.

LISTAXE DEFINITIVO DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2017/2018

 

4º Educación infantil

 

1 Abal Castro, Eloy

2 Bermúdez Álvarez, Alexandre

3 Blanco Ucha, Saúl

4 Cacabelos Cousido, Carla

5 Cacabelos Ramallo, Pablo

6 Castro Prado, Iván

7 Castro Silva, Fabio

8 Coejo Feijoo, Jimena

9 Fandiño Cobas, Carla

10 Gómez Castro, Valeria

11 Méndez Lojo, Manuel

12 Otero Montes, Bruno

13 Parada Prado, Brais

14 Paz Oubiña, Andrés

15 Pumeda Fernández, Sandra

16 Rial Portela, Asier

17 Sanmartín González, Lucía

18 Spulbere Damian, Luis Christian

19 Suárez Khoule, Karim

20 Vila Romero, Ángel

 

Non admitido: Torres Oubiña, Álex (presentación de solicitude por duplicado)

 

2º Educación Primaria

 

1 Vidal Redondo, Keira

 

6º Educación Primaria

 

1 Vidal Redondo, Ethan

 

ALUMNADO PROCEDENTE DA EEI XIL ( RESERVA DE PRAZA )

 

1º Educación Primaria

 

1 Cancela Melón, Darío

 

Dena, 30 de maio de 2017

 

 

A Directora

 

 

Mª Cruzda Silva Rubio

Quero un patio novo!!

E por fin xa temos aquí a novo videoclip protagonizado por todos os nenos e nenas do colexio de Dena. Noraboa ao Equipo de Contos e a Rafa, o noso superprofe de música, menudos regalos que nos facedes!! 

Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!!

A ver si agora a todos nos queda claro que queremos un novo patio de xogos!!

 

Quero un patio novo from Ceip Coiron on Vimeo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2017/2018

4º Educación infantil

 

1 Abal Castro, Eloy

2 Bermúdez Álvarez, Alexandre

3 Blanco Ucha, Saúl

4 Cacabelos Cousido, Carla

5 Cacabelos Ramallo, Pablo

6 Castro Prado, Iván

7 Castro Silva, Fabio

8 Coejo Feijoo, Jimena

9 Fandiño Cobas, Carla

10 Gómez Castro, Valeria

11 Méndez Lojo, Manuel

12 Otero Montes, Bruno

13 Parada Prado, Brais

14 Paz Oubiña, Andrés

15 Pumeda Fernández, Sandra

16 Rial Portela, Asier

17 Sanmartín González, Lucía

18 Spulbere Damian, Luis Christian

19 Suárez Khoule, Karim

20 Vila Romero, Ángel

 

Non admitido: Torres Oubiña, Álex (presentación de solicitude por duplicado)

 

2º Educación Primaria

 

1 Vidal Redondo, Keira

 

6º Educación Primaria

 

1 Vidal Redondo, Ethan

 

ALUMNADO PROCEDENTE DA EEI XIL ( RESERVA DE PRAZA )

 

1º Educación Primaria

 

1 Cancela Melón, Darío

 

Dena, a 7 de abril de 2017

 

 

A Directora

 

 

 

Mª Cruz da Silva Rubio

Aberto o prazo de admisión de novo alumnado no Ceip Coirón-Dena

  1. NORMATIVA REGULADORA DA ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

    • Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado.
    • Orde de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

                                                                                                         

  1. NÚMERO DE PRAZAS

 

* Ver a listaxe ao final desta entrada.

 

  1. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

Do 2 ao 20 de marzo

 

  1. NOTA INFORMATIVA

 

·         Só se pode presentar unha única solicitude de admisión, que deberá facerse no centro que se solicita en primeiro lugar (o impreso de solicitude permite incluír ata seis centros, que serán relacionados por orde de preferencia). A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

·         O alumnado xa matriculado neste centro ten garantizada a permanencia sen necesidade de realizar ningún tipo de xestión. Non obstante, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo á secretaría do C.E.I.P. Coirón-Dena.

·         O alumnado que ten reservada praza no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

  1. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA O BAREMO

 

En caso de ser necesario o baremo, a documentación xustificativa poderá presentarse ou ben coa propia solicitude de admisión ou despois, do 23 de marzo ao 2 de abril.

 

 

  1. DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.

 

·         LISTAXE PROVISIONAL: 24 DE ABRIL (poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publica­ción ante o consello escolar).

·         LISTAXE DEFINITIVA: 12 DE MAIO (contra a relación definitiva, as persoas interesadas po­derán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación)

 

  1. PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 

DO 20 AO 30 DE XUÑO (para evitar que teñan que volver pasar polo centro para facer a matrícula ofertamos a posibilidade de entregar toda a documentación coa solicitude de admisión)

 

DOCUMENTACIÓN

 

·         Solicitude de admisión (anexo II).Imprimir e cubrir o documento adxunto

·         Anexo A*.

·         Documento de formalización de matrícula (anexo III)

·         Impreso de elección da materia de Relixión ou Atención Educativa.

·         Autorización para a publicación de imaxes.

·         Informe médico sanitario.

·         Fotocopia da tarxeta sanitaria.

·         DNI de pai, nai, alumno/ae libro de familia(orixinais ou copias cotexadas).

·         Dúas fotos recentes.

 

*A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

  1. CENTROS ADSCRITOS

 

O C.E.I.P. Coirón-Dena ten como centro adscrito a E.E.I. de Xil. Para a E.S.O. o noso alumnado está adscrito ao I.E.S. de Meaño. Isto supón que, para aqueles alumnos/as que o soliciten mediante a entrega do impreso correspondente, reservaráselles unha praza no centro de adscrición (posteriormente terán que formalizar a matrícula).

 

  1. ÁREA DE INFLUENCIA E ÁREAS LIMÍTROFES.

 

·         Área de influencia: parroquias de Dena, Padrenda, Xil e Cobas.

·         Áreas limítrofes: parroquias de Meaño, Simes, Lores, Castrelo e Vilalonga.

 

  1. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 

·         Transporte escolar gratuíto con coidadoras.

·         Actividades estraescolares (organizadas polo Concello e a Anpa).

·         Comedor (Concello).

·         Plan Madruga (Concello).

·         Biblioteca Escolar

 

 
 

 

LISTAXE DE POSTOS ESCOLARES ( CURSO 2017-2018 )

 

 

 

NIVEL

 

MATRICULADOS

 

VACANTES

 

4º Ed. Infantil

 

 

_

 

22+3 NEAE *

 

5º Ed. Infantil

 

                      

                22

 

3

 

6º Ed. Infantil

 

 

19

 

6

 

1º Ed. Primaria

 

18+1 (reserva de praza procedente da EEI Xil)

 

25+ 6 NEAE*

 

2º Ed. Primaria

 

33

 

17

 

3º Ed. Primaria

 

34

 

16

 

4º Ed. Primaria

 

35

 

15

 

5º Ed. Primaria

 

34

 

16

 

6º Ed. Primaria

 

36

 

14

 

 

* En 4º de Educación Infantil e en 1º de Educación Primaria resérvanse 3 postos escolares por unidade para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

 

Dena, 23 de febreiro de 2017

 

                                                                              A Directora

 

 

                                                                        Asdo.: Mª Cruz da Silva Rubio

 

O Nadal no Ceip Coirón Dena

Para rematar o trimestre, os Reis Magos visitaron o CEIP Coirón Dena e compartimos con eles os nosos mellores desexos e as actuacións que tiñamos preparadas para o Festival de Nadal. Esta noite pasarán polas vosas casas para deixarvos os agasallos, así que, bulide e ide cedo para a cama. Felices Festas!

Felicitación do Nadal

Un pequeno agarimo dende o noso centro...

Candidatos elexidos nos distintos secotres para ser representantes no Consello Escolar

Sector de pais/nais/titores:

Silvia Fariña Lores

Rafael Otero Outón

Sector P.A.S.

Santiago Vázquez Pérez

 

Sector profesorado

Manuel Lucio Abal

Sila Reboredo Piñeiro

Sinda Barral Otero

 

Os votos obtidos polos distintos candidatos podedes velos no taboleiro da entrada principal.

Distribuir contido


by Dr. Radut