O 18 de novembro de 1968 abría por primeira vez as súas portas o CEIP Coirón-Dena (daquela chamado Colexio Público de Dena). O nacemento deste colexio supuxo un gran cambio na vida deste concello e dos seus habitantes. Por iso a Comunidade deste centro pensamos que hai que conmemorar esa gran data.
Imos facer aquí un breve resumo dos actos e accións que estivemos e estamos levando a cabo
O curso pasado empezamos a indagar sobre os inicios deste centro e buscamos documentación sobre ese acontecemento: fotos, notas de prensa e testemuñas.
Na entrada do colexio podedes ver un gran mural con unha pequena mostra das fotos e un televisor no que están pasando centos de fotos que fomos recopilando e que foron proporcionadas por antigos mestres , alumnos e que fomos atopando gardadas en gabetas e armarios do colexio
.

Comezamos tamén a palnificar unha serie de visitas significativas de antiguos alumnos/as e mestres/as que pasaron polo centro.
O Curso pasado tivemos por exemplo de convidado a Roberto Varela, diplomático e exconselleiro de cultura. que comezou a escola primaria neste noso centro. Foi todo un luxo escoitar como daba resposta ás preguntas da rapazada.

O alumnado de 5º curso visitaron a Paco Pazos, outro exalumno, hoxe en día escultor de recoñecida fama que os ilustrou na súa obra.
Este curso decidimos traer á primeira promoción de EXB e aos seus mestres e mestras, marabillosa e entrañable experiencia para eles e para todos nós.

Tamén tivemos aquí á Alcaldesa, Lourdes Ucha, ela tamén estudou neste colexio case toda a etapa de primaria. O alumnado de 3º e 4º foron os entrevistadores, e fixeron que a nosa alcaldesa contara moitas anécdotas daquela época que lembra con moito agarimo

Pero non todo remata niso, neste centro naceron varias asociacións que aínda hoxe seguen moi vivas, é o caso da Asociación Cultural Penaguda e As Mulleres Rurais A Telleira de Dena. Ambas asociacións vannos visitar o vindeiro venres durante a celbración do magosto para contarnos como foron os seus inicios e mostrarnos todo o que aprenden nas súas xuntanzas e escolas de música, danza e labores.
Este centro destacou tamén nos seus inicios nos deportes de balonmán (O Asmubal tamén naceu no CEIP Coirón Dena) e baloncesto, participando en torneos ao longo e ancho do país recollendo moitos trofeos. Outras actividades nas que participaban e destacaban eran os concursos de coros e nas exposicións de camelias....
Resumir toda a historia dos inicios do colexio sería moi longo de contar, pero estamos facendo un documental no que poderedes ver un pouqichiño disto que vos contamos agora e relatado polos protagonistas destas xestas.
Para que a celebración do 75 Aniversario sexa máis doado decidimos preparar no colexio unha cápsula do tempo onde recolleremos toda esta información e incorporaremos o que cada titoría decida meter na cápsula e que mostre como somos e que facemos nestes intres no colexio.
O día 23 será a celebración interna dese 50 Aniversario: prepararemos a cápsula, visionaremos o documental, cantaremos e moitas cousiñas máis. Pero o día 24 será a gran festa na que estamos volcando moitos esforzos para que sexa un día inolvidable e á que van a acudir mestres e mestras, alumnos e alumnas que traballaron e estudaron neste centro ao longo destes 50 anos.
Aquí vos deixo o cartel que resume as actividades para ese día.

Os tickets para a paella podes conseguilos a través da ANPA, nos establecementos que indicamos no cartel e lóxicamente no colexio, só os teremos á venta hasta o día 16 de novembro.O resto das actividades serán gratuitas e pensando en todas as idades
Pero sobre todo será un día de reencontros e moi emocionante para moitos exalumnos/as e mestres/as. Nós estamos moi ilusionados/as e con moita gana de que chegue o gran día.
Novas na prensa:
Roberto Varela Vuelve a clase
Ceip Coirón-Dena acoge en sus Bodas de Oro un encuentro de la primera promoción
La memoria viva de un colegio con 50 años de historia
Un reencuentro cargado de emociones
Preparan una paella gigante para preparar el medio siglo del colegio público de Dena