Skip to Content

Documentos do centro

Plan Dixital Ceip Coirón Dena

No documento adxunto pódese consultar o Plan Dixital do noso centro

Folletos informativos

 

 

 

 

Proxecto de Xornada Única do CEIP Coirón Dena

Estamos en trámites de solcitar a Xornada Única. Podemos anticiparvos que xa está aprobada polo Claustro de profesores e polo Consello Escolar e xa solicitamos Informe de viabilidade ao Servizo de Transporte. A mediados do mes de febreiro publicaremos o censo de pais e nais para as votacións que faremos o mércores 24 durante todo o día.

Para que todos o vaiades vendo aquí vos deixamos o Proxecto de Xornada Única do noso centro

(PARA PODER VELO CLICA NA PARTE INFERIOR ESQUERDA DESTA ENTRADA ONDE PON "ADXUNTO")

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2014-2015

Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2014-2015.

 

De acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, publícanse os formularios de solicitude de reserva de praza nos centros de adscrición.

 

 

PROTOCOLO PREVENCIÓN ABSENTISMO ESCOLAR

Información e anexos do Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar, publicados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Premendo nos arquivos adxuntos pode descargar os impresos de xustificación de faltas de asistencia e puntualidade.

DOCUMENTOS OFICIAIS DO CENTRO CURSO 2012-2013

Achegamos aquí toda aquela documentación que se elabora no noso centro anualmente e que puidera ser de interese para a Comunidade Educativa:

- Programación Xeral Anual.

- Plan para o uso e fomento da lingua galega.

- Proxecto presentado para a continuación do Plan para a Mellora da Biblioteca Escolar.

- Plan Proxecta no que desenvolvemos dous programas: Recíclate con Sogama e Xogade (antigo Deporte Escolar).

- Proxecto de formación para o profesorado do centro (Impartido polo propio profesorado)

 

 Iremos informando das novidades no caso de ampliar a oferta de proxectos que se desenvolven no noso centro.

PROXECTO DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2011-2012

Adxúntase o proxecto que nos foi concedido este ano de Mellora da Biblioteca Escolar. Un aporte económico que será de gran axuda para modificar a actual biblioteca.

Poderedes ver as actividades desenvolvidas polo Equipo de Biblioteca accedendo ao blogue da biblioteca do CEIP Coirón Dena que está en proceso de construcción.

PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO 2011-2012

Aquí podedes consultar o proxecto de uso e fomento do galego que se está levando a cabo no noso centro.

Para ver o desenvolvemento das actividades podedes acceder o blogue do Equipo de Normalización Lingüística: O galego no CEIP Coirón.

Distribuir contido


by Dr. Radut