Skip to Content

MEDIDAS NO ÁMBITO DO CEIP COIRÓN DENA DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Ademáis da suspensión da actividade lectiva e dos servizos complementarios anunciados o xoves, informamos das seguintes medidas:

 

1-    A partires desta semana o profesorado fará unhas recomendacións de traballo que irá trasladando ás familias a través da plataforma abalar. Ante calquera dúbida relacionada con este aspecto, as familias poderán contactar co profesorado a través do correo electrónico do centro ceip.coiron.dena@edu.xunta.es

2-    O correo electrónico tamén poderá usarse para contactar coa dirección do centro. Se o motivo de consulta é urxente tamén poderán chamar ao teléfono do centro en horario de 10:00 a 13:00 h.

3-    Suspéndense as titorías presenciais ata o inicio das clases.

4-    En virtude do disposto no Real Decreto polo que se declara o estado de alarma, interrúmpense os prazos para a tramitación de procedementos administrativos , o que tamén afecta ás familias que teñen pensado matricular a un novo/a alumno/a. Estas familias deben saber que a Consellería de Educación deu a instrucción de ampliar  o prazo de presentación de solicitudes de admisión, que rematará unha semana despois do inicio das clases

 

Dena (Meaño), 16 de marzo de 2020.

 

 

 

O Director

 

Asdo.: Rafael Maquieira Calza



page | by Dr. Radut