Skip to Content

Novas

17 de Maio, Día das LETRAS GALEGAS 2013. Roberto Vidal Bolaño.

Este ano preparamos unha exposición na entrada da Biblioteca chamada “O Pazo das Letras”. En colaboración co Equipo de Extraescolares argallamos para poñerlle un tellado e un escudo ao Castelo de Raticonto e así convertilo en Pazo. Todo Pazo que se precie ten o seu escudo!. 


 

 

Unha vez rematado, colocamos material sobre distintos autores galegos: Fina Casalderrey (como Membro da RAG), Pepe Carreiro (ilustrador ben querido polo alumnado), Rosalía de Castro (polo 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos) e, como non, Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, escenógrafo, director, guionista de cine e teatro homenaxeado  neste 2013.  Todos eles xunto a algunhas das súas obras e, no caso de Roberto Vidal B. tamén dous exemplos da súa participación en cine galego como Sempre Xonxa e Mareas Vivas.

Raticonto acompañounos dende o escenario nesta celebración co seu marcapáxinas de Roberto Vidal Bolaño como podedes ver na foto.

Gústavos como quedou? 

 

23 de abril, Día do libro.

Neste día repartimos marcapáxinas a todo o alumnado do centro.

Entre o 23 e 30 de abril celebramos o Día do Libro coa actividade: 

              O meu libro preferido é…”. 

O alumnado tiña que traer da casa un libro dos que lera e lle gustara, facer unha posta en común na clase na que cada un lle explicara aos compañeiros e compañeiras porqué lle gustou ese libro e expoñer temporalmente nun recanto da aula eses libros que trouxeron.

  Algún grupo optou por ilustrar nun mural as portadas dos seus libros favoritos. 
Tamén decidimos celebrar o 3º Aniversario da nosa querida mascota Raticonto cun mural cheo de dedicatorias feitas polo alumnado e profesorado. O resultado final o poderedes ver próximamente no noso blogue. FELICIDADES RATICONTO!

Grazas pola vosa colaboración!

Nas fotos seguintes amósanse algúns deses momentos. 

ANIMANDO A COIDAR O QUE É NOSO: LINGUA E MEDIO AMBIENTE.

Para a conmemoración das letras galegas a reciclaxe tivo un papel fundamental. Todo o alumnado do centro participa activamente na representación de obras teatrais. Este ano o coidado do medio ambiente tivo un espacio central na temática das obras. Unha mostra delas é esta titulada: "Cóidallo, cóidao... de ti depende", representada polo alumnado de 4ºB.
 

Visita do Refuxio de Animais de Cambados

Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo, así como algúns alumnos do 2º e 3º ciclo tiveron a oportunidade de recibir unha charla por parte da Presidenta do Refuxio de Animales de Cambados e de dúas das súas colaboradoras.
Durante as exposicións tamén puidemos ver e escoitar uns contos sobre a importancia de coidar moi ben dos nosos grandes amigos, os animais domésticos, sobre todo os cans.
Nesta ocasión acompañáronas 3 marabillosos cans, que fixeron as ledicias dos nenos e nenas pois son cariñosos, intelixentes e sobre todo moi agradecidos.

GRATUIDADE SOLIDARIA. CURSO 2013/2014.

    A Consellería de Educación convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.


Para acceder á información, convocatoria e outros datos de interese acceder ó seguinte enlace: Axudas Libros de Texto 2013-2014.


Se queren acceder directamente á solicitude para cubrila e imprimila online poden descargar dende aquí o anexo I

Nota: Ao longo deste semana sinalaremos as datas e horas nas que será posible entregar a documentación no centro cando o equipo directivo poida atender ás familias.

ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2013-2014

Podedes consultar o listado de alumnado admitido para o vindeiro curso 2013 - 2014.

CELEBRAMOS O 150º ANIVERSARIO DE "CANTARES GALLEGOS"

Aquí tedes as imaxes do resultado  de traballar nas  titorías  algúns dos poemas recollidos en “Cantares Gallegos” (“Adiós ríos, Adiós fontes…”, “Vente rapasa”, “Campanas de Bastabales”, “Un repoludo gaiteiro”, “Meniña ti a mais hermosa”…). A proposta fixémola de xeito conxunto o Equipo de Normalización  Lingüística e o de Biblioteca. 

O poema que cada curso, grupo ou ciclo  elexiu quedou reflexado nun cartel ilustrado tamaño A3, que serviu para formar este gran mural. Xunto a el, veredes á nosa mascota Raticonto entretido lendo sobre a nosa universal autora. A actividade foi moi interesante para o alumnado e o resultado moi colorido.
Parabéns a todos e todas!

O DEPORTE ESCOLAR. XOGA 5º.

O xoves, 18 de abril, os compañeiros e compañeiras de 5ºparticiparon no DEPORTE ESCOLAR xunto cos compañeiros e compañeiras do cole de Meaño.

XOGAMOS CO TRIVIAL XIGANTE DE SOGAMA

O alumnado do CEIP Coirón Dena tivemos a oportunidade de xogar ao Trivial Xigante de Sogama. Foi moi productivo e educativo e ademáis supuxo unha maneira moi motivante de aprender para todo o alumnado.


Aquí vos deixamos unhas fotografías dos momentos nos que o alumnado estivo xogando.


FESTA DO OBRADOIRO DE CONTOS

Os nenos e nenas que asistiron todo o curso ao Obradoiro de contos tiveron este mércores unha gran festa para despedir esta actividade. É mágoa que non teñan mais contos novos ata o curso que ven, pero como teremos un maio moi teatreiro non queda outra solución.
Houbo música, cancións, xogos, globos e moita, moita diversión, basta ver as cariñas dos nenos e nenas.
Mirade, mirade que ben o pasaron estos pequechos de infantil e primeiro ciclo!!!

Romeo e Xulieta en Cambados

O pasado mércores os nenos e nenas do Ceip Coirón xunto cos seus mestres e mestras, tivemos a sorte de asistir á nova obra de teatro da Compañía Caracol.
Esta vez presentaban unha adaptación de Romeo e Xulieta de William Shakespeare, pero coa frescura e o toque especial que só eles saben darlle a unha historia.
Por moito que vos queiramos contar hai que vela para poder disfrutar tanto como nós o fixemos.

Deixamosvos aquí un par de fotiños desta saída:

SOGAMA PUBLICA O TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 6º

A Sociedade Galega de Medio Ambiente acaba de publicar na súa páxina web o traballo realizado polo alumnado de 6º do cEIP Coirón Dena que consistiu en avaliar o grao de colaboración da poboación respecto á segregación de residuos en orixe. 23 alumnos/as de sexto curso de primaria realizaron entrevistas a 115 familias.

Podedes acceder á publicación facendo clic na seguinte imaxe:


INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

Infórmase a toda a comunidade educativa do inicio do procedemento de admisión e matrícula para o alumnado de nova incorporación ao noso centro para o vindeiro curso 2013/2014.

Nas seguintes ligazóns poderedes atopar os impresos para cubrir e entregar no centro:

1.- ANEXO II: Solicitude que terán que cubrir as familias do alumnado de nova incorporación. O prazo para a súa entrega vai dende o 5 ao 17 de Abril (ámbolos dous inclusive).

2.- ANEXO III: Impreso de formalización de matrícula. O prazo para formalizar a matrícula unha vez admitido o alumnado será do 20 ao 30 de Xuño.

3.- Autorización para a publicación da imaxe do alumno/a *

4.- Informe médico sanitario *

5.- Fotocopia do DNI (pai, nai, alumno/a) 

6.- Se o neno/a non ten DNI deberá adxuntar fotocopia de incrición no libro de familia 

7.- Fotocopia da tarxeta sanitaria 

9.- Dúas fotos recientes 

* Esta documentación será recollida no centro para entregar no prazo determinado para a entrega da documentación de RESERVA de praza.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa. Este ano como novidade non se ofrecen prazas para o alumnado de 6º curso como en convocatorias doutros anos.
De tódolos xeitos decídese colgar no noso portal por si houbese familias con alumnado na ESO que estivesen interesadas en participar desta convocatoria dado o interesante que pode resultar.

Para máis información acceder á aplicación que a Consellería ten a disposición das familias para efectuar tódolos trámites necesarios clicando na seguinte imaxe ou no vínculo inferior.

https://www.edu.xunta.es/axudasle/


RELACIÓN DE AXUDAS CONCEDIDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA ESTE CURSO 2012-13.

Comunicámoslles que xa foron concedidas as axudas arriba indicadas. Para obter máis información contacten co centro educativo do alumno. No taboleiro interior existen os listados xerais dos beneficiarios e importes. 

(Resolución do 2 de agosto de 2012 do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte)

 

A FAUNA NA LITERATURA GALEGA

Este é o resultado da acitividade do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística proposta para este trimestre. Esperamos que vos guste.

CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS 6º A 2012-2013

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º A ENSÍNAVOS OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS QUE FIXERON NESTE CURSO.

TRABALLO DE CAMPO. RECOLLIDA DE DATOS SOBRE A RECICLAXE NO NOSO MUNICIPIO.

O alumnado de 6º curso estivo facendo un traballo de estatística relacionado coa porcentaxe de familias que recicla. Para ver os resultados da boa evolución da reciclaxe no Concello de Meaño decidiuse que cada alumno/a (23 en total) deberan preguntar a cinco familias diferentes unha serie de preguntas sobre a reciclaxe nas súas casas. 

Cos resultado deses cuestionarios feitos polo alumnado decidiuse traballar na aula de informática a creación de gráficos de barras e de liñas para ver a evolución da Recicaxe dende o ano 2004 ata a actualidade.


Aquí vos deixamos os resultados a través dos gráficos creados polo alumnado. A análise dos resultados estase traballando na aula actualmente. Pronto estará á vosa disposición.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2013/20014

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

A Consellería de Educación ven de publicar a orde  pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Facendo clic na imxe accédese aos anexos cos formularios de reserva de praza, admisión de alumnado e matrícula, que os usuarios poderán cubrir e imprimir para a súa presentación nos centros educativos.


DÍA DA PAZ NO TERCEIRO CICLO

O TERCEIRO CICLO CONMEMORA O DÍA DA PAZ AMBIENTANDO OS CORREDORES CON CARTEIS.

Distribuir contido


by Dr. Radut