Skip to Content

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

NORMATIVA REGULADORA

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2023

 

a) O alumnado que ingrese nun novo centro, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro da súa primeira preferencia ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B)

 ESTA SOLICITUDE É UNICA ( SÓ PODE PRESENTARSE NUN ÚNICO

CENTRO ) E TERÁ CARÁCTER VINCULANTE

O modelo ED550B de admisión ordinaria e os respectivos anexos estarán dispoñibles a partir da data de inicio do correspondente prazo de presentación: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nos centros docentes onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.Tamén pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.

b) Sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras: Os artigos 26.6 e 46 da orde establecen que en todos os casos de solicitude (de reserva, admisión ordinaria e escolarización extraordinaria) de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra (modelos: anexo I-bis, anexo II-bis). 

 

DOCUMENTACIÓN

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial.

e) Se non se ten DNI ou NIE deberá presentarse certificado de convivencia ou informe de servizos sociais.

 

 CALENDARIO

- PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo inclusive

- LISTAXES PROVISIONAIS: 25 de abril

- LISTAXES DEFINITIVAS: 15 de maio

 

AdxuntoTamaño
ED550B-C.pdf1.39 MB
ED550B-G.pdf1.39 MB
VACANTES.pdf99.87 KB


book | by Dr. Radut