Skip to Content

Campaña Toponimízate

Damos difusión ao seguinte mensaxe que nos chega dende o IES de Meaño

 

"Cando solicitamos participar da campaña  Toponimízate 2021, tiñamos claro que resultaría moito máis  interesante se se podía compartir; canta máis xente, mellor.  É por iso que propuxemos unha "charla" o máis aberta posible. Podería desenvolverse nunha dependencia municipal, na Casa da Cultura, por exemplo. Porén, se así se facía unha boa parte do noso alumnado non ía asistir, sempre hai cousas que facer pola tarde. Por iso pensamos que a charla  a través da canle de youtube da RAG sería unha boa proposta. 

O técnico do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo, advertiunos de que ao final da charla sería posible que se formulasen preguntas concretas sobre algún topónimo do lugar (pide que sexa ao remate para non alterar a intervención) a través do profesorado que acompañe ao alumnado. Tamén nos pediu se podiamos facer algunha foto do seguimento da charla.

Achegamos o cartel para que lle deades publicidade na medida que poidades (sería interesante que o soubesen as familias, posto que necesitamos a súa implicación. Veredes que o cartel leva un código QR coa ligazón da páxina de youtube da RAG desde onde se emitirá e gravará a  charla. 

Se sabedes de alguén interesado no tema, comentádello porque quen queira pode conectarse desde a súa casa ou traballo, só ten que escanear o código e xa o leva á sala da charla nese mesmo día e á mesma hora.

Con todo, para quen non estea familiarizado cos códigos QR, pode copiar directamente a ligazón completa: https://www.youtube.com/user/RealAcademiaGalega/featured

Agradecemos a vosa participación para evitar que se perda este rico tesouro e que perduren os nosos nomes n’O Meaño que queremos!"

 



book | by Dr. Radut