Saltar navegación.

Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

EDLG

Correlingua 2023

O día 23 de maio o alumnado do centro participou no Correlingua, que consistiu nun paseo desde o peirao de Caranza ata o Auditorio de Ferrol, onde desfrutamos da actuación de Brais da Hortas e Peter Punk, que xuntos forman o grupo As Monchas. Foi un concerto moi divertido, pasámolo xenial bailando e cantando as súas cancións na nosa lingua.

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!

Os Maios e as Letras Galegas

O día 16 de maio celebramos na escola a festa dos Maios e o Día das Letras Galegas.

Tivemos a sorte de contar coa axuda dunha chea de familias moi implicadas en todas as actividades que se propoñen desde a escola, así da gusto! Estiveron traballando arreo desde ben cedo para axudarnos a confeccionar os nosos tres maios. Mirade que ben acompañadas e acompañados estivemos nesa xornada:

Traballamos moito e tamén desfrutamos xuntas e xuntos. Ao final, entre todas e todos creamos tres maios preciosos e cheos de cor que levamos para a pista de area da escola para continuar alí coa celebración.

Tamén decoramos o patio con bandeiras de Galicia e cos carteis informativos sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, don Paco, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Ademais, o equipo artístico da ANPA sorprendeunos unha vez máis co seu fantástico traballo creando un precioso mural de Fernández del Riego.

Xa na pista, o alumnado agasallou ás familias asistentes cuns bailes arredor dos maios. Primeiro foi a quenda do alumnado de infantil, que bailou "Indo Eu" e, a continuación, o alumnado de primaria bailou a Muiñeira de Lugo. Pechamos a festa coa canción "Seresín, Seresán", que cantaou todo o alumnado da escola xunto.

Foi unha xornada preciosa, festexando a primavera e a nosa literatura!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as grazas a todas as familias que se implicaron e colaboraron con nós, facendo este día tan bonito e especial.

Que vivan os Maios e as Letras Galegas!!!

Maios e Letras Galegas

O día 16 de maio celebramos na escola a festa dos Maios e o Día das Letras Galegas.

Tivemos a sorte de contar coa axuda dunha chea de familias moi implicadas en todas as actividades que se propoñen desde a escola, así da gusto! Estiveron traballando arreo desde ben cedo para axudarnos a confeccionar os nosos tres maios. Mirade que ben acompañadas e acompañados estivemos nesa xornada:

Traballamos moito e tamén desfrutamos xuntas e xuntos. Ao final, entre todas e todos creamos tres maios preciosos e cheos de cor que levamos para a pista de area da escola para continuar alí coa celebración.

Tamén decoramos o patio con bandeiras de Galicia e cos carteis informativos sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, don Paco, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Ademais, o equipo artístico da ANPA sorprendeunos unha vez máis co seu fantástico traballo creando un precioso mural de Fernández del Riego.

Xa na pista, o alumnado agasallou ás familias asistentes cuns bailes arredor dos maios. Primeiro foi a quenda do alumnado de infantil, que bailou "Indo Eu" e, a continuación, o alumnado de primaria bailou a Muiñeira de Lugo. Pechamos a festa coa canción "Seresín, Seresán", que cantou todo o alumnado da escola xunto.

Foi unha xornada preciosa, festexando a primavera e a nosa literatura!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as

grazas a todas as familias que se implicaron e colaboraron con nós,

facendo este día tan bonito e especial.

Que vivan os Maios e as Letras Galegas!!!

Conto para os máis pequenos sobre Francisco Fernández del Riego

Chegan os Maios e as Letras Galegas!

Mañá, día 16 de maio, estaremos festexando na escola os Maios, para o que crearemos tres maios coa colaboración de alumnado profesorado e familias. Remataremos a celebración cantando e bailando xuntas e xuntos.

Ademais, ao longo de toda a mañá, conmemoraremos as Letras Galegas e homenaxearemos ao autor Francisco Fernández del Riego. Aproveitamos para deixarvos por aquí este Genial.ly con enlaces a un montón de contidos e actividades sobre Don Paco. Esperamos que as desfrutedes!

E, lembrade, agardámosvos mañá na escola vestidas e vestidos para a ocasión, con camiseta de Centieiras ou outra parte de arriba branca, pantalón vaqueiro e sombreiro de flores. Ata mañá!

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS ABRIL

O xoves 27 de abril o alumnado de 3º EP, xunto co de 1º EP, acudiu a Radio Fene, gravar o programa "Crónicas de Centieiras" correspondente a este mes.

Deixámosvos o enlace para que o escoitedes, asi como algunhas fotos dos nenos e das nenas dentro do local de gravación, e agardando nas escaleiras a súa entrada para gravar.

http://173.255.131.18/audio/270423CRONICAS.mp3

GATIZA COÑECE AS VOSAS BRINCADEIRAS

OLA!

Como sabedes hai uns días Gatiza pediunos se podiamos ensinarlle algunha brincadeira, canción para xogos ou dito de botar a sortes, porque tiña moitísimas ganas de coñecelos.

Grazas a vós conseguimos recompilar un montón e agora Gatiza xa pode aprendelos e empregalos!

Gatiza quere aprender brincadeiras!

Xa vedes que Gatiza segue aprendendo galego. Agora quere que lle ensinedes brincadeiras, cancións para acompañar xogos, para saltar á corda ou á goma, ditos de botar a sortes, recitados ou rimas para xogar ás palmas ou a outros xogos de mans, así que necesita que escollades un deses ditos, rimas ou cancións e que gravedes un vídeo no que llo ensinedes. Só tedes que ter en conta o seguinte:

  1. No vídeo debedes falar en galego.
  2. Debe estar gravado en horizontal.
  3. Ten que ser curto, dun minuto como máximo.
  4. Debe escoitarse e entenderse o que dicides.
  5. Traédeo á escola gardado nunha memoria USB co voso nome. Tedes de prazo ata o día 17 de marzo.

Animádevos a brincar en galego con Gatiza!

Crónicas de Centieiras - Febreiro 2023

Xa temos o seguinte episodio do programa que facemos grazas ós compañeiros e compañeiras de Radio Fene. O alumnado de 6ºA xunto co alumnado de 5ºEI foron onte á radio e aquí tedes o resultado. Podedes escoitalo facendo click no arquivo adxunto!

Distribuir contido