Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

EDLG

Os contos de medo gañadores!

Aquí tedes os contos seleccionados por Gatiza este Samaín. Todos eran arrepiantes e encantáronlle, pero escolleu estes como os seus preferidos. Moitas grazas pola vosa participación. Seguro que en Centieiras hai algún ou algunha futuros escritores de literatura de terror. Seguide así!

 

 

Exposición de cabazas e decoración de Samaín

Vaia cabazas terroríficamente chulas e orixinais trouxeron á escola os nosos nenos e nenas!
 
Un ano máis, o alumnado do centro e as súas familias sorpréndennos coa súa creatividade. Mirade que exposición de cabazas temos no cole, son todas incribles!
 
 
Noraboa, rapazas e rapaces, e grazas pola vosa colaboración. Gatiza está moi contenta co voso traballo e esforzo!
 
Tamén temos que agradecer ás integrantes do equipo artístico da ANPA o seu labor totalmente desinteresado e o seu gran esforzo creando as marabillosas decoracións de Samaín que adornan o patio do centro e que, unha vez máis, nos deixan sen palabras. Moitas grazas, quedaron espectaculares!
 
 
 
 
 

Achégase o Samaín!

Só falta unha semana para a festa máis terrorificamente divertida do ano!

Mentres esperades que chegue o gran día, podedes aprender máis sobre o Samaín, escoitar cancións desta época do ano e ata facer un pequeno xogo para comprobar canto sabedes sobre a orixe da festa das cabazas con este Genial.ly creado polo EDLG do cole. Esperamos que vos guste!

 

GATIZA ANÍMAVOS A FACER DEBUXOS E CONTOS DE MEDO

Gatiza está que non para! Aínda chegou onte ao cole por primeira vez, pero vén cunhas ganas tremendas de facer cousas. Hoxe pola mañá apareceu de novo para anunciar a festa de Samaín do venres día 28 de outubro e agora anímavos a que fagades debuxos de medo (educación infantil e primeiro ciclo de primaria) e contos de terror (segundo e terceiro ciclo de primaria). Seguro que vai quedar abraiada coa vosa creatividade!

GATIZA ANÚNCIANOS QUE SE ACHEGA O SAMAÍN

A nosa nova amiga Gatiza vén con ganas de festa! E vós, xa tedes o disfrace preparado? E a cabaza, xa sabedes que deseño faredes? Estamos desexando velas! E non vos esquezades da lanterna, que ás veces no Samaín marcha a luz misteriosamente... Atentas e atentos ao que nos di Gatiza!

 

Gatiza é unha personaxe creada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega con Gacha Life

COÑECEMOS A GATIZA!

Esta mañá houbo unha visita sorpresa nas clases. Chegou unha personaxe que nos acompañará ao longo deste curso para animarnos a todas e todos a falar máis en galego. Queredes coñecela?

Verémola a miúdo na escola e seguro que ten moitas cousas que contarnos e algún que outro encargo tamén...

Polo de agora, a min gustaríame saber máis sobre Gatiza: Quen é? De onde vén? Como chegou a Centieiras?

Vós como imaxinades a súa historia?

 

Gatiza é unha personaxe creada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega con Gacha Life.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS, MAIO

Aquí vos deixamos a derradeira entrega de "Crónicas de Centieiras" do curso.

Un programa moi especial sen dúbida, pois as encargadas e encargos de dirixilo foron as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e de 6º de Educación Primaria. Dous grupos que este ano cerran unha etapa moi importante no seu percorrido escolar para comenzar un novo camiño cheo de proxectos, aventuras e soños por cumprir.  Parabéns rapazas e rapaces!!

http://173.255.131.18/audio/270522CRONICAS.mp3

 

 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS (MAIO)

Hoxe as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria e de 4º de Educación Infantil visitaron o estudio de Radio Fene para gravar un novo programa de radio e poñernos ao día coas últimas novidades de Centieiras.

Esperamos que o desfrutedes. 

http://173.255.131.18/audio/050522CRONICAS.mp3

Distribuir contido