Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
EDLG
CÓNTOCHE QUE SEI FACER? XANEIRO 2021
Xa está aquí un novo programa de "Cóntoche que sei facer?". Con que habilidades e destrezas nos soprenderán este mes os nenos e nenas de Centieiras? Imos descubrilo.
Esperamos que vos guste.
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d350338313k5272708o1l1/CNTOCHE_QUE_SEI_FACER_FEBREIRO_2021
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS, decembro 2020
Aquí vos traemos unha nova edición do noso programa “Crónicas de Centieiras" coa participación das nenas e nenos de 5º de Educación Infantil e de 3º de Educación Primaria.
Esperamos que vos guste!
CÓNTOCHE QUE SEI FACER? DECEMBRO 2020
Aquí chega unha nova entrega do programa: "Cóntoche que sei facer?"
Con que nos sorperderán este mes as compañeiras e compañeiros participantes dos distintos cursos?
Clicade no seguinte enlace para descubrilo.
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d346931517k8772754o2l1/CNTOCHE_QUE_SEI_FACER_decembro_2020
CÓNTOCHE QUE SEI FACER?
CÓNTOCHE QUE SEI FACER?
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Centro este curso retomamos a actividade de: CÓNTOCHE QUE SEI FACER?
Unha proposta coa que pretendemos que o alumando conte e ensine o que sabe facer, empregando para ilo a lingua galega, e así acadar unha competencia lingüística a nivel oral. Para iso contamos coa colaboración das familias e a participación do alumnado.
Hoxe é a primeira proxección dunha serie delas que colgaremos nesta páxina web para que as desfrutedes.
Agardamos que vos guste, e así descubramos un pouco máis que saben facer os nosos nenos e nenas.
E lembrade… a seguinte proxección será o venres 18 de decembro.
Grazas!!
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d344772397k7998036o2l1/cntoche_novembro
PROGRAMA DE RADIO
PROGRAMA DE RADIO NOVEMBRO 2020
Hoxe ás 13:00 horas emitiuse en Radio Fene o programa de radio no que participaron as nenas e nenos de 6º de Educación infantil e de 4ºB de Educación primaria do noso cole. Nel contáronnos as últimas novas do Ceip Centieiras e as cousas máis destacadas de cada curso.
Por se non tivéchedes a ocasión de escoitalo en directo, a continuación vos deixamos a súa gravación.
http://173.255.131.18/audio/061120CRONICAS.mp3
LETRAS GALEGAS 2020
Este ano, a celebración do Día das Letras Galegas pospúxose ao día 31 de outubro dada a situación sanitaria que estamos a vivir.
Por iso, durante esta última semana, as nenas e nenos do Ceip Centieiras, desde as distintas titorías, estiveron a facer diversas actividades para homenaxear esta data tan importante para Galicia e ao autor ao que este ano se lle adica o seu festexo, Ricardo Carballo Calero.
Un scrapbook, actividades lim, análise da vida e obra de Calero, creación da caricatura do autor, lectura do conto "As pitas baixo a choiva",... foron algunhas das tarefas nas que estivemos a traballar estes días.
A continuación vos deixamos unha pequena mostra de todo este traballo.
https://www.kizoa.com/Video-Editor/d342587795k8671411o2l1/letras_galegas_2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano, como cada 17 de maio, as nenas e nenos do Ceip Centieiras non quixeron deixar pasar o Día das Letras Galegas sen brindarlle unha celebración especial.
Grazas ás súas aportacións, entre todos e todas, conseguiron crear esta grande nube de palabras, onde se recollen as verbas, para eles/as, máis fermosas da nosa lingua, o galego.
Esperamos que vos guste!!!
CÓNTOCHE QUE SEI FACER?
Hoxe tivemos a segunda entrega de "Cóntoche que sei facer?".
Grazas a esta propota estamos a descubrir as facetas máis descoñecidas dos nosos compañeiros e compañeiras.
Xa estamos chegando que chegue a vindeira emisión.
Moitas grazas pola vosa colaboración familias! Sen vós isto non sería posible.
CÓNTOCHE QUE SEI FACER
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Centro queremos presentarvos a actividade: CÓNTOCHE QUE SEI FACER?
Con ela pretendemos que o alumando conte e ensine o que sabe facer, empregando para ilo a lingua galega, e así acadar unha competencia lingüística a nivel oral. Para iso contamos coa colaboración das familias e a participación do alumnado.
Hoxe venres 24 de xaneiro, é a primeira proxección dunha serie delas que colgaremos nesta páxina web para que as desfrutedes.
Agardamos que esta actividade vos guste, e así descubramos un pouco máis que saben facer os nosos nenos e nenas.
E lembrade… a seguinte proxección será o 21 de febreiro.
Grazas!
IV Concurso de contos de medo
Como cada ano o noso IV Concurso de Contos de medo nos deixa uns fantásticos relatos. Estes son os que mais nos gustaron e polo tanto, os gañadores.
De 3ºEP: "O Samaín máis terrorífico"
De 4ºEP: "A casa sen saída"
De 5ºEP: "A monxa da igrexa das Angustias"
De 6ºEP: "A Boneca".
Aquí vos quedan para que os leades e pasedes un intre... terroríficamente bo.
Esperamos que vos gusten!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »