Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano, a celebración do Día das Letras Galegas pospúxose ao día 31 de outubro dada a situación sanitaria que estamos a vivir.

Por iso, durante esta última semana, as nenas e nenos do Ceip Centieiras, desde as distintas titorías, estiveron a facer diversas actividades para homenaxear esta data tan importante para Galicia e ao autor ao que este ano se lle adica o seu festexo, Ricardo Carballo Calero. 

Un scrapbook, actividades lim, análise da vida e obra de Calero, creación da caricatura do autor, lectura do conto "As pitas baixo a choiva",... foron algunhas das tarefas nas que estivemos a traballar estes días.

A continuación vos deixamos unha pequena mostra de todo este traballo.

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d342587795k8671411o2l1/letras_galegas_2020