Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Cóntoche algo? Maio 2019

CÓNTOCHE ALGO?

Todo o bo remata, e a de hoxe será a derradeira edición do noso Cóntoche algo?

Vimos nacer a primeira emisión aló por novembro coa incertidume de se vos gustaría, de se acadariamos o noso obxectivo… e agora, postos xa no mes de xuño, podemos dicir que todas as nosas expectativas se cumpriron.

E isto foi grazas a un traballo en colaborativo fabuloso: das familias, do alumnado, do profesorado... Desenvolvendo xuntos un proxecto común, podemos construír moitas cousas. PARABÉNS POLO TRABALLO BEN FEITO!! NORABOA!!

Cada mes, ao longo do curso, axudamos entre todos nós a difundir tradicións, costumes, lendas e cancións da nosa contorna que pensábamos esquecidas, e que recuperamos. E sempre… EN GALEGO.

DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: GRAZAS

“MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA

 

A NOSA LINGUA”