Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Maios e Letras Galegas

O día 16 de maio celebramos na escola a festa dos Maios e o Día das Letras Galegas.

Tivemos a sorte de contar coa axuda dunha chea de familias moi implicadas en todas as actividades que se propoñen desde a escola, así da gusto! Estiveron traballando arreo desde ben cedo para axudarnos a confeccionar os nosos tres maios. Mirade que ben acompañadas e acompañados estivemos nesa xornada:

 

 

Traballamos moito e tamén desfrutamos xuntas e xuntos. Ao final, entre todas e todos creamos tres maios preciosos e cheos de cor que levamos para a pista de area da escola para continuar alí coa celebración.

Tamén decoramos o patio con bandeiras de Galicia e cos carteis informativos sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, don Paco, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Ademais, o equipo artístico da ANPA sorprendeunos unha vez máis co seu fantástico traballo creando un precioso mural de Fernández del Riego.

 

Xa na pista, o alumnado agasallou ás familias asistentes cuns bailes arredor dos maios. Primeiro foi a quenda do alumnado de infantil, que bailou "Indo Eu" e, a continuación, o alumnado de primaria bailou a Muiñeira de Lugo. Pechamos a festa coa canción "Seresín, Seresán", que cantou todo o alumnado da escola xunto.

 

Foi unha xornada preciosa, festexando a primavera e a nosa literatura!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos dar as

grazas a todas as familias que se implicaron e colaboraron con nós,

facendo este día tan bonito e especial.

Que vivan os Maios e as Letras Galegas!!!