Skip to Content

Secretaría

PLAN DE ACOLLIDA DO CEIP de CELEIRO

 

PREME NESTE ENLACE PARA LER TODO O PLAN DE ACOLLIDA DO CENTRO

RESUMO DO PLAN DE ACOLLIDA

PREME NA IMAXE

 
 
 

                                                                                                                                    

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

A ANPA informa que poden facer a solicitude de libros para o curso 20-21 descargando o seguinte enlace  FICHA  e enviala ao seguinte correo: Susanaquintela@edu.xunta.es

O prazo remata o martes 14 de xullo

Pola súa parte o Centro fará:

Publicación da listaxe definitiva do fondo solidario de libros e axuda para material escolar o luns, 13 de xullo.

Entrega dos vales e fondo libros o luns 7 e martes 8 de setembro, no seguinte horario:


Os SOLICITANTES (pai/ nai/ titor) deben acudir ao centro no horario indicado e asinar o documento de entrega dos libros de texto.

No caso de non poder acudir o solicitante, este poderá delegar noutra persoa. Esta debe traer a fotocopia do DNI do solicitante e un documento onde autoriza á outra persoa.

DESCARGAR DOCUMENTO

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Informamos que todo o alumnado que solicitou praza está na listaxe provisional de admitidos.

Pódense consultar as listas no taboleiro de anuncios do centro.

Data de publicación da listaxe definitiva: 11 de xuño

 

O prazo de matrícula estará aberto do 1 ao 10 de xullo para o cal poden ir solicitando cita previa chamando ao teléfono 982870951.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  •  Fotocopia da folla de inscrición do alumno/a no libro de familia.
  •  Fotocopia de documento de identificación: DNI, Pasaporte ou Tarxeta de Residencia.
  •  Fotocopia do libro de vacinacións.
  •  Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  •  Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario.
  • Ficha de datos persoais e familiares con AUTORIZACIÓNS:

·  sobre o ensino da relixión.

·  sobre a primeira lingua estranxeira.

·  para uso da imaxe persoal do alumno/a

  • Dúas fotografías do alumno/a de tipo documento de identidade. Só para INFANTIL

IMPRESOS PARA DESCARGAR:

 

 

Carta ás familias

Estimadas familias:
Logo de seren publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, o persoal docente do CEIP de Celeiro está a traballar nas mesmas para levalas a cabo.
En breve poñeremos a vosa disposición na páxina web as adaptacións das programacións correspondentes ao 3º trimestre de cada un dos cursos, para que coñezades aqueles contidos, que se están a traballar, e como se van a avaliar ao final de curso.
Durante o terceiro trimestre seguiremos desenvolvendo actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, de ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado.
Para a avaliación e cualificación deste trimestre, teranse en conta as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, (...) así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, de ser o caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado. (...) En todo caso, a avaliación das actividades realizadas na fase non presencial so poderá ter valor positivo para a cualificación do alumnado; (segundo as instrucións do 27 de abril da Consellería de Educación).
En relación a isto querémoslles lembrar que as actividades que se propoñen na aula virtual son de carácter voluntario, de ser o caso ditas actividades soamente serán avaliadas en positivo, é dicir que a non realización das mesmas, non baixará a media da evolución das aprendizaxes acadadas nos dous trimestres anteriores. En todo caso serán os titores e titoras e as especialistas quen establezan os criterios para dita avaliación, e poñerano en coñecemento mediante a plataforma de comunicación escollida por cada un (aula virtual, correo electrónico, aplicación Tokapp...) e co que vos estades a comunicar con eles, ademais de seren publicadas na páxina web do centro no debido momento.
En canto á promoción de curso será a norma xeral en todas as etapas, considerándose a repetición de curso una medida moi excepcional, que (...) deberá estar solidamente argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación para cada alumno ou alumna.
Será no vindeiro curso 2020/2021, onde se proceda ás adaptacións pertinentes nas programacións de cada curso facendo fincapé na recuperación dos contidos que queden pendentes deste 3º trimestre, para procurar que todo o alumnado avance. Para iso adoptaranse as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou grupais, orientadas a responder ás necesidades educativas concretas dos alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe vinculados ás aprendizaxes imprescindibles, que a situación excepcional do curso 2019-2020 lles dificultase adquirir .
Sen máis que destacar, agradecemos que nos sigades tanto na páxina web, nos blogs así como na aula virtual.

Son tempos difíciles, pero xuntos sairemos desta.
Ánimo familias. Estamos con vosoutros.
Un saúdo.

SAÚDO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

Como ben sabedes o terceiro trimestre xa está en marcha; e xunto con el son numerosas as dúbidas que nos achegades dende as vosas casas en relación ao mesmo; pero debido ao estado de alarma, seguimos a esperar que ben dende o Ministerio, ou ben dende a Consellería nos cheguen instrucións determinadas para poder reformular e desenvolver as planificacións de traballo de aquí ao final de curso.

Dende o centro, somos conscientes das dificultades de moita familias para poder chegar ós contidos que se seguen a actualizar na aula virtual diariamente; así como dos problemas que pode xerar o ir avanzando os contidos establecidos para cada curso. Deste xeito, e atendendo as instrucións que se achegaron dende a Consellería de Educación no comunicado do 13 de abril, e posteriormente nas orientacións provisionais do 17 de abril, continuaremos coa actividade lectiva non presencial me-diante repaso, reforzo e recuperación do que xa se foi traballando ao longo do 1º e 2º trimestre, cen-trándonos na adquisición das competencias clave.

En relación coa avaliación do 3º trimestre, seguimos esperando directrices mais concretas dende as administracións correspondentes, xa que a día de hoxe non existe un documento oficial que estable-za que criterios debemos de ter en conta para dita avaliación. Aínda así, dende o centro estamos traballando para establecer unhas pautas de avaliación xustas e onde se teña en conta ao alumando máis vulnerable.

No momento que as Institución Gobernamentais diten un documento de carácter oficial en relación ao tema que nos ocupa neste comunicado, farémosllo saber a toda comunidade educativa; facendo os cambios que se estimen oportunos.

Como xa sabedes seguimos a vosa disposición no correo do centro: ceip.celeiro@edu.xunta.es

COMUNICADO DO CENTRO

Queridas familias,

Ante a situación de loita contra a pandemia orixinada polo COVID-19, e despois de establecer as comunicacións pertinentes entre os distintos membros do equipo docente do CEIP de Celeiro, queremos enviarlles esta mensaxe de tranquilidade, en todos os sentidos: educativo, social e sanitario.

1.- Cóidense e fagan caso das recomendacións do Goberno e das autoridades. A saúde é o primeiro. O resto, na situación que vivimos é secundario.

2.- Fagan o que consideren necesario para levar a situación o mellor posible a nivel psicolóxico-emocional. A conciliación familiar é unha base moi importante na educación do noso alumnado.

3.- Teñan presente que todo o que está a acontecer é unha situación de aprendizaxe en si mesmo a todos os niveis.

4.- Non consideren a nosa proposta de actividades como algo obrigatorio, senón como unha posibilidade cara a manter unha rutina e uns hábitos de traballo-estudo que sería ideal non descoidar. A súa realización non pode supor unha situación de estrés no ámbito familiar. Dean máis importancia a aquelas actividades coas que os seus fillos/as se atopen cómodos, sen deixar de lado a aprendizaxe e o mantemento de hábitos saudables.

5.- Se precisan a nosa axuda non duden en pórse en contacto a través das medidas adoptadas:

  • correo do centro: ceip.celeiro@edu.xunta.es
  • teléfono do centro: 982 87 09 53

6.- Somos conscientes de que non todas as familias dispoñen de medios tecnolóxicos nin persoais para facer fronte a esta tarefa de axudar aos seus fillos en actividades escolares; pero teñan en conta que debuxar, pintar con distintos materiais, facer puzzles, xogos de mesa, ler, axudar en tarefas do fogar, cantar, bailar ou simplemente conversas cos seus fillos e fillas tamén SON ACTIVIDADES EDUCATIVAS QUE FOMENTAN MOITAS COMPETENCIAS DE GRAN IMPORTANCIA.

7.- Aproveiten a enorme cantidade de recursos aos que teñen acceso para facer fronte a estes días en familia da mellor maneira posible: lean, xoguen, vexan unha película, conten chistes, escoiten música...o que queiran, pero fágano xuntos, apoiándose uns aos outros. Poden consultar a páxina web do centro e blogs correspondentes, onde atoparán diferentes recursos para traballar.

TODOS XUNTOS VENCEREMOS!! TODO VAI SAÍR BEN!!

Un cordial saúdo.

Equipo Docente do CEIP de Celeiro

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

NOTA INFORMATIVA

O CEIP de Celeiro  permanece pechado ata novo aviso da Consellería de Educación.

Se precisan algunha información  poden facelo a través do noso correo electrónico: ceip.celeiro@edu.xunta.es

ou chamando ao teléfono: 982870953

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut