Skip to Content

SERVIZO DE MADRUGADORES

 

MADRUGADORES

PLAN MADRUGADORES

Dito servizo recolle os seguintes conceptos:

  • Almorzo doado polo Concello de Viveiro.
  • Servizo de mesa e coidadora dende as 7:30 as 9:00 por parte da empresa Eureka Actividades.

COTAS

A cota do mes será de 50€, pero dependendo do alumnado que se anote, esta irá diminuíndo (a partir de 7 nenos/as).

Así mesmo, solicitamos unha subvención da Xunta, que de ser concedida repercurtirá na baixada da cota.

En caso de que non ser concedida a subvención, a partir de Xaneiro o custe pode aumentar se o número de nenos/as non é suficiente.

O usuario ocasional terá un custe de 8€.

NORMAS DE PAGAMENTO

A cota de cada mes será abonada na conta da Asociación durante os 7 primeiros días de cada mes, co concepto de “COMEDOR e nome alumno/a.”

As cotas de setembro serán aboadas coas de outubro, xa que non se puido facer a reunión anteriormente.

NORMAS

O ideal será que os/as nenos/as que queiran almorzar cheguen entre as 7:30 a 7:50, mentras que aqueles que necesiten o servizo a partir das 8:00 veñan almorzados para non romper a dinámica do grupo.

Se a cota non é abonada durante os 7 primeiros días, prodecerase ao aviso de tal impago. De persistir dito impago o usuario quedará expulsado do comedor.

DATA DE INICIO: o primeiro día de cole para o alumnado en xeral e para o alumnado 4º de Educación Infantil, no momento que remate o período de adaptación.



book | by Dr. Radut