Skip to Content

Secretaría

CHARLA PARA AS FAMILIAS SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL

CONCURSO MEDIOAMBIENTAL CONVOCADO POR PORTO CELEIRO

ESCOLARES DE CELEIRO CELEBRARÁN O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA APERTURA DO CONCURSO DE MANUALIDADES PARA OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA

O alumnado do CEIP Celeiro con idades comprendidas entre os 11 e 12 anos poderán participar, dende este domingo,  día Mundial do Medio Ambiente, no concurso de manualidades sobre a súa visión sobre o mar, terán que plasmar como ven eles esta materia tan valiosa, limpo, sucio, con peixes, sen eles… Esta, será temática protagonista desta xornada, un Día Mundial do Medio Ambiente que este ano leva como lema “unha soa terra”.

O domingo, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente, sairon as bases deste concurso na web do Porto de Celeiro (www.puertodeceleiro.es ) e tamén a través da web do CEIP Celeiro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipceleiro/) e desta maneira arrancará o período de inscrición e recepción de traballos que terá lugar ata o 18 de xuño, Día da Gastronomía  Sostible.Nas bases daranse a coñecer todas as características que teñen que ter os traballos presentados e tamén os premios establecidos, que son: premio á orixinalidade e premios á mellor técnica. As e os gañadores recibirán libros sobre temática ambiental e mariña, e serán entregados o 23 de xuño. Este ano, como novidade, todas as aulas do centro recibirán un agasallo que consistirá nun microscopio dixital de detalle e precisión.

O concurso estará destinado a nenas e nenos de 5º e 6º de primaria. Un concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos.

Pero isto non é todo, dende o Porto de Celeiro, encherán de actividade o centro o día 9 de xuño, xornada posterior ao Día Mundial dos Océanos, con obradoiros e actividades para todo o colexio, dende os 3 aos 12 anos. Unha xornada que dividirá a mañá en 4 ambientes diferentes: a primeira hora, todo o centro decorará a súa capa de superheroe e superheroína, con ela converteranse en especialistas no coidado do Medio Ambiente, a continuación farase unha xincana de recolecta de lixo, tamén haberá a proxección dun documenta relacionado co coidado do noso Planeta, e un obradoiro didáctico centrado no xogo e na imaxinación, e, como non, relacionado co coidado do Medio Ambiente e a fauna mariña. O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesitade de coidar e respectar o medio ambiente.

Esta iniciativa,  financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca),  nace  froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.

 

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

DAS BASES DO CONCURSO

NOVAS ENTRADAS E SAÍDAS AO COLEXIO

Dende o xoves 10 de marzo, o acceso ao centro para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria será pola porta principal e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria farán a entrada pola porta da rampla pequena, ás 8:55 horas.

O alumnado de Infantil seguirá facendo a súa entrada pola porta da rambla, ás 9:00 horas.
As saídas serán igual que as entradas: Infantil entre ás 13:50 e 13:55 horas. Todo o alumnado de Primaria ás 14:00 horas
Temos solicitado ao Concello unha regularización do tráfico nas inmediacións do colexio, pero mentres no estea colocada a sinalización, pregamos precaución na velocidade, non parando nin estacionando diante do frontal do colexio.


SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO ESCOLAR 2022-2023

Comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado de NOVO INGRESO.

Do 1 ao 21 de marzo do 2022

VACANTES

Pode realizarse de dúas maneiras:

 

1 -  NA SECRETARÍA DO CENTRO: Previa solicitude de cita

Presentar o Anexo II na Secretaría do noso centro, xunto coa fotocopia do DNI e o libro de familia

Descargar o ANEXO II en galego

Descargar o ANEXO II en castelán

 

2 -  ON LINE, A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA: Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado"

 

Aplicación Informática

 

INFORMACIÓN SOBRE O CEIP DE CELEIRO

Visita Virtual polo centro

 

  • Horario: De 9:00 a 14:00 horas
  • Non hai servicio de transporte escolar
  • Servicio de Comedor Escolar de 14:00 a 16:00 horas (xestionado pola ANPA)
  • Actividades Extraescolares de 16:00 a 18:00 horas (xestionadas pola ANPA)
  • PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEN CHAMAR AO CENTRO: 982870653  -  982870951

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Normativa de aplicación
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I

Comunicado sobre a volta ás aulas o 10 de xaneiro

Como saben, Galicia, en permanente coordinación cos Ministerios competentes en sanidade e educación, volverá ás aulas o día 10 de xaneiro de acordo co calendario escolar e o protocolo que ven funcionando desde principio de curso (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35304). A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven traballando coa Consellería de Sanidade para dar a mellor resposta posible á comunidade educativa nesta situación de alta transmisividade na que nos atopamos, desde as evidencias que amosan que os centros educativos son espazos seguros. Os protocolos teñen amosado a súa eficacia polo que é preciso que se sigan aplicando con rigor, tal e como se fixo ata o de agora, insistindo no uso axeitado da máscara para persoas de 6 ou máis anos e a ventilación cruzada de acordo ás pautas do protocolo.

 

A partir do día 10 de xaneiro, coa volta ás aulas logo das vacacións, volverán a cargarse os casos en Educovid por parte da CSC, para o control e seguimento epidemiolóxico, requiríndose novamente a colaboración dos Equipos Covid dos centros. Como saben, de acordo coas novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos. Os contactos estreitos de 12 ou máis anos con pauta vacinal completa seguirán unha vixilancia activa durante 7 días con especial atención ao inicio de síntomas. Os menores de 12 anos e outras persoas sen a pauta vacinal completa deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa. A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc, serán sempre determinadas por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento.

En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos vivos e van adaptándose á situación cambiante.

REVISA O PROTOCOLO DO COLEXIO

PREME NA IMAXE

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS DOS PAIS/NAIS

 

Unha vez rematas as votacións por parte dos pais e nais do alumnado do CEIP de Celeiro realizouse o escrutinio dando como resultado:

  • MARÍA GUADALUPE POLO FERNÁNDEZ............30  VOTOS
  • SANDRA MONTES POMBO......................................19 VOTOS
  • MARÍA VICTORIA PALOMO FERNÁNDEZ..........12 VOTOS
  • MARÍA JESÚAS BACELO SEQUEIRO....................9 VOTOS

Polo que entran a formar parte do Consello Escolar as dúas candidatas máis votadas, quedando como suplentes as outras dúas candidatas.

O Consello Escolar constituirase o vindeiro martes, 30 de novembro.

INFORMACIÓN DA ANPA

A ANPA do Ceip de Celeiro convoca a reunión ordinaria para o próximo venres 26 de novembro as 18:15 no pavillón do centro. Nela farase un resumo do pasado curso 20/21 e unha presentación dos diferentes proxectos do 21/22.
Para todos aqueles que non poidades asistir pasamos a desenrolar brevemento o contido de dita reunión.  SEGUIR LENDO

PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS NO SECTOR DE NAIS/PAIS ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Rematado o prazo de presentación de candidaturas dos pais/nais ao Consello Escolar e reunida a Xunta Electoral, faise oficial a proclamación das candidaturas:

Candidaturas presentadas

Nestas eleccións elixiranse dous representantes das familias. 

Informamos que as eleccións ao Consello Escolar, terán lugar o martes día 23 de novembro en horario de:

  • 9:10 a 10:00 h e de 13:00 a 13:45 h en horario de mañá 
  • 16:00 a 17:00 horas en horario de tarde

TODO SOBRE O CONSELLO ESCOLAR


 
Distribuir contido


by Dr. Radut