LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 22-23
Enviado por admin o Mér, 2022-06-22 11:52MATRÍCULA do alumnado de novo ingreso
Enviado por admin o Lun, 2022-06-20 08:45Está aberto o prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro ou foi remitido a el.
As datas serán do 20 ao 30 de xuño,
Para solicitar a documentación e entregar a mesma realizarase realizarase na secretaría do centro.
TAMÉN SE PODEN DESCARGAR DESDE ESTE ENLACE
DOCUMENTOS a presentar:
- Impreso de matrícua
- Fotocopia da folla de inscrición do alumno/a no libro de familia
- Fotocopia de documento de identificación: DNI, Pasaporte ou Tarxeta de Residencia
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario e ten postas tódalas vacinas que lle corresponden pola súa idade.
- Documento de empadroamento.
- Ficha de datos persoais e familiares con AUTORIZACIÓNS:
Ensino da relixión ou valores
Sobre a primeira lingua extranxeira
Uso da imaxe persoal
Saídas programadas dentro da PXA
- Dúas fotografías tipo documento de identidade. Só para infantil.
DEVOLUCIÓN LIBROS E ORDENADORES
Enviado por admin o Ven, 2022-06-17 18:25O xoves, 23 de xuño, en horario de 10:00 a 12:30 horas, faremos a recollida dos libros de 3º e 4º de Primaria pertencentes ao fondo libros do colexio e tamén da ANPA (poden ler máis información da ANPA NESTE ENLACE)
Neste mesmo día e horario, as familias do alumnado de 6º de Primaria deberán entregar os ordenadores EDIXGAL.
O alumnado de 5º de Primaria que o desexe pode quedar con eles ata o vindeiro curso.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin o Xov, 2022-05-19 09:17Na ORDE do 29 de abril de 2022 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.
AXUDAS PARA:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.
5º e 6º seguirán traballando na plataforma EDIXGAL con libros electrónicos.
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.
PRESENTACION DAS SOLICITUDES
De xeito telemático: Enlace á web
De xeito presencial: Na secretaría do centro
Para presentación presencial: utilizaranse os
Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.
Recordamos aos beneficiarios desta axuda, no presente curso
2021-22, que deberán devolver os lotes completos de libros de texto
en préstamo (en bo estado, sen nome e libres de escritura) para
poder beneficiarse das diferentes axudas na presente convocatoria.
As datas de entrega serán comunicadas máis adiante.
PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Rematará o día 22 de xuño de 2022.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS
As listas provisionais publicaranse o día 4 de xullo no taboleiro do centro.
PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS
O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 5 e 6 de xullo.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS
As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo.
RECOLLIDA DOS VALES
Serán informados máis adiante.
