Todo sobre a ANPA

INFORMACIÓN DA ANPA SOBRE O BANCO DE LIBROS

A ANPA informa sobre as condicións necesarias para formar parte do banco de libros da mesma.

 

A devolución dos libros pertencentes ao banco da ANPA

farase no mesmo día e horas que a do colexio.

 

 

DEVOLUCIÓN LIBROS

Mércores 23 XUÑO

 9:30         3º primaria

10:45        4º primaria

12:30        6º primaria

PROPOSTA DE ACTIVIDADE DA ANPA

Estimados socios, desde a directiva da ANPA queremos anunciar a impartición dunha clase de presentación dunha nova actividade: Taekwondo tradicional, de cara o novo curso 2021/2022.
 
Esta clase presentación impartirase o martes 4 de maio no pavillón do colexio as 16:00 da tarde, para todo o que estea interesado.
 
Adxuntamos o cartel do evento.
 

FESTIVAL VIRTUAL DO NADAL 2020

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PRESENTACIÓN:

FESTIVAL VIRTUAL NADAL 2020

 
CHEGOU O APALPADOR, MOITAS GRACIAS Á ANPA DO COLEXIO
 

COMUNICADO DA ANPA

A ANPA informa:

  • A venda da lotería avanza a bo ritmo, polo que agradece a participación dos socios de novo, posto que como xa sabedes, as ganancias de dita venda representan unha parte moi importante do noso orzamento, para poder adicar aos nosos nenos. Anunciarvos que a data límite para entregar a loteria será o mércores 16 de decembro, poidendo entregala antes a calquera membro da directiva da ANPA. Comentarvos tamén que aínda dispoñemos dalgún talonario a maiores por se vos fora de interese.
  • Aproveitamos esta comunicación para comentarvos que estamos traballando na posibilidade da instalación de purificadores de aire para as aulas do colexio pero según vai pasando o tempo, e os diferentes comunicados da Xunta no referente a este tema, creemos que os requisitos que imos coñecendo para a súa instalación e posterior mantemento farán inasumible a súa compra por conta da ANPA. De todos modos seguímonos informando e chegado o momento presentanriamos o proxecto en asamblea extraordinaria dos socios da ANPA para sometelo a votación. Como sempre invitarvos a dirixirse a nós a través desta canle anpaceleiro@gmail.com e sobre todo que o comentedes co resto dos pais posto que aínda nos faltan bastantes correos.

 

Sen máis, moitas gracias pola vosa atención.

DESCONTOS DOS QUE DISFRUTAR

Estimados socios:

Os membros da ANPA, unha vez en posesión do seu carnet de socio, poden desfrutar de descontos e beneficios nos establecementos asociados que a continuación se detallan: 

  • Foto Edu: 10%
  • Foto Carlos: 10%
  • Deportes Piti: 10% en calzado solo nen@s
  • Deportes Capitán: 10% so nen@s
  • Deportes Don Balon: 10% en ropa y calzado
  • Deportes Podium: 10% desconto nen@s en artigos non rebaixados.
  • Rock kids: 5% licencia y 10% no resto
  • Cocolatte: 10%
  • Mimimo: 15% Ropa (menos rebaixas) y 10 % calzado. (dan tarxeta desconto)
  • Oxigeno Surf Shop 10%
  • Kerale Moda: 10% só en artigos para nen@s.
  • Peluquería Richard x Favor: 10% familiares e nen@s que non estén na ESO con pago en efectivo.
  • Peluquería Angeles Salgueiro: 5%
  • Peluquería Raquel Gonzalez: 20% solo nen@s de setembro a xuño.
  • Grafiti: 5%
  • África Copias: 10% menos copistería
  • Carlin: 5% solo en material escolar, menos stabiloboss, regalos santoro e mochilas.
  • Futures informática. Pendiente confirmar
  • Papelería/Juguetería Santiaguito. Pendiente confirmar
  • Juguetería Juguelandia: dan tarxetas desconto.
  • Óptica Rosario: 20% (dan tarxeta desconto).
  • Óptica Rego: 25% familiares e 30% nen@s.
  • Clínica Serrano & Valladares (dentistas): 10%
  • Clínica Ordóñez & Arias (dentistas). Pendiente confirmar
  • Óscar xoiería: 10% exceptuando artigos xa rebaixados.
  • Cines Viveiro: Pendiente confirmar
  • Formación 3.0: 10% en clases de reforzo escolar de primaria, clases de inglés e francés, e clases de mecanografía e informática a partir de 8 anos. 
  • Clínica fisioterapia Cefire: 10% desconto familiar.
  • Clínica de Fisioterapia Baltar: sesión dunha hora, 25€; sesión especial, 35€; podoloxía; 20€.

A medida que vaiamos confirmando máis descontos enviárase un novo email actualizando a lista.

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO E COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

Celebrada a primeira reunión da ANPA do curso 20-21, o martes 6 de outubro, pasamos a informar dos seguintes puntos do día:

1. Cambio na dirección da ANPA

2. Medios de comunicación da/coa ANPA.

3. Actividades extraescolares

4. Comedor

5. Lotería

6. Descontos e carnés da ANPA

 

1. Unha vez rematado o período da ANPA anterior, solicitáronse novas candidaturas sendo a única presentada a seguinte:

PRESIDENTE: Óscar Ladra (comunicación co centro e subvencións).

VICEPRESIDENTA: Natalia García (extraescolares e fondo libros).

TESOUREIRA: Sonia Martínez (administración contas).

SECRETARIA: Carolina Docampo (descontos ANPA e apoio os compañeiros).

VOCAL: Sofía González (comedor).

Agradecendo o traballo da directiva anterior e axuda que nos brinda no cambio de directiva, queda constituída a nova ANPA.

PARA LER O COMUNICADO COMPLETO PREMER AQUÍ

COMUNICADO MOI IMPORTANTE DA ANPA

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO E COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

A primeira reunión da ANPA do curso 20-21 celebrarase este martes 6 de outubro ás 16 horas no pavillón para tratar os seguintes puntos na orde do día:

● Cambio na dirección da ANPA

● Actividades extraescolares

● Lotería

● Descontos e carnés da ANPA

É obrigatorio asistir con máscara e manter a distancia de seguridade de metro e medio. As actividades extraescolares estarán confirmadas para esa data pois segue a anotarse alumnado e comezarían o xoves 8 de outubro. Este ano por mor da pandemia, a piscina tampouco oferta os cursos escolares como en ocasións anteriores e aínda se descoñece se disporemos do pavillón para patinaxe.

❏ Seguindo o Protocolo por Coronavirus, durante a realización das actividades o alumnado deberá permanecer coa máscara todo o tempo, incluidos os deportes de equipo no pavillón, pois é un lugar pechado aínda que cumpla os requisitos de ventilación e espazo de tres metros entre participantes. Xamais se compartirá o material para a realización de actividades e gardaranse as distancias esixidas por lei. O lavado de mans antes e despois das actividades, tamén será obrigatorio.

❏ A ANPA oferta estas actividades para favorecer a conciliación familiar e coa seguridade dos grupos reducidos e os espazos axeitados.

❏ As actividades pagaranse directamente aos monitores nos primeiros cinco días de cada mes. No caso de sufrir un confinamento total ou parcial que impedira ao alumn@ acudir á clase durante un tempo, non se devolverían os cartos dese mes.

En canto á lotería, esta xa está solicitada e en breve marcaremos un horario na web para distribuila a aqueles que estén interesados. Por último, os carnés dos socios da ANPA que permitirán disfrutar dos descontos no comercio de Viveiro, tamén serán entregados nas mesmas datas e horas que a lotería.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA PARA O CURSO 2020-2021

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Darán comezo a partir do día 8 de outubro

Desde a Anpa elaboramos un horario provisional, xa que as actividades que se ofertan levaranse a cabo se o nº de demandas é suficiente para constituir grupo. Unha vez se contabilicen as actividades solicitadas, elaborarase o horario definitivo. Para anotarse en calquera delas, é necesario enviar un correo electrónico a susanaquintela@edu.xunta.es cos seguintes datos:

Nome e apelidos do alumn@

Idade e curso

Teléfono de contacto

Actividades que lle interesan

Para poder disfrutar deste servizo é necesario ser socio da ANPA co pago da cota anual (20€ por familia) e a cota do seguro escolar (7€/neno) na conta da Asociación en:

ABANCA ES16 2080‐0154‐59‐3040004209

Os ingresos faranse co nome, apelidos e curso do neno. É obrigatorio pagar ambas cotas para que o alumn@ esté cuberto en calquera actividade organizada pola ANPA.

❏ Todas as solicitudes deberán chegar ao correo antes do xoves 24 de setembro, pois as actividades comezarán o 1 de outubro.

❏ Seguindo o Protocolo por Coronavirus, durante a realización das actividades o alumnado deberá permanecer coa máscara todo o tempo, incluidos os deportes de equipo no pavillón, pois é un lugar pechado aínda que cumpla os requisitos de ventilación e espazo de tres metros entre participantes. Xamais se compartirá o material para a realización de actividades e gardaranse as distancias esixidas por lei. O lavado de mans antes e despois das actividades, tamén será obrigatorio.

❏ A ANPA oferta estas actividades para favorecer a conciliación familiar e coa seguridade dos grupos reducidos e os espazos axeitados.

❏ As actividades pagaranse directamente aos monitores nos primeiros cinco días de cada mes. No caso de sufrir un confinamento total ou parcial que impedira ao alumn@ acudir á clase durante un tempo, non se devolverían os cartos dese mes.

INFORMACIÓN SOBRE COMEDOR ESCOLAR DA ANPA CURSO 20-21

 

A nova ANPA do CEIP de Celeiro, que segue a acoller a novos membros intererados, aclara dúbidas dos pais con respecto ao funcionamento actual do comedor escolar:

 

 

 

❏ Puxéronse mamparas laterais nas mesas grandes para non ter que facer quendas do alumnado de Primaria, polo que todos os comensais poden xantar ás 14h e ser recollidos a partir das 15h.

❏ O alumnado maior de 8 anos podería marchar só para a casa coa autorización firmada dos pais e sempre baixo a responsabilidade destes.

❏ Os comensais de Infantil, aos que se unirán os nen@s de 3 anos a partir do 1 de outubro, están agrupados en mesas mantendo a convivencia cercana cos compañeir@s da súa clase. Igualmente gárdase a distancia de metro e medio entre todas as mesas do comedor. Estes alumnos comezan a xantar ás 13’50h.

❏ Decidíuse anular o lavado de dentes como medida extraordinaria do Protocolo Covid e para evitar riscos de contaxio.

❏ Para a adquisición dos bonos de cinco días dos comensais eventuais, as familias teñen que ingresar 25€ na conta da ANPA (ES16 2080‐0154‐59‐3040004209) e presentar o resgardo de pago a Laura, coidadora do comedor, no momento de recoller ao nen@. Ela entregará e marcará os bonos, que non teñen caducidade, para evitar que as familias teñan que entrar na escola.

❏ Como en anos anteriores, os nen@s poden ser recollidos entre as 15 e as 16h, periodo no que se mantén a coidadora para favorecer a conciliación familiar e tempo necesario ata comezar ás 16h as actividades extraescolares da ANPA. Aínda así, recoméndase que os nen@s que non quedan ás actividades, vaian sendo recollidos polas familias nese horario para que nunca superen os 20 permitidos por coidadora e non ter que contratar a unha segunda persoa para esta hora de lecer.

❏ As normas do comedor do Protocolo COvid seguen a ser o lavado de mans, emprego de máscara durante todo o tempo agás no momento de inxerir os alimentos, a distancia de seguridade e ocupar sempre a mesma cadeira no comedor ao lado dos compañeiros do grupo-clase de convivencia estable.

❏ O novo alumnado do comedor terá que pagar só a metade do mes de setembro. Recórdase aos pais e nais que para participar de calquera dos servizos xestionados pola ANPA é necesario pagar a cota de 20€ por familia e 7€ por alumn@ do seguro escolar. Sen este seguro non aceptamos ao alumnado.

❏ Os rapaces que estiveran usando o comedor o pasado marzo cando se produciu o confinamento, non abonará este mes de setembro. Por último, os antigos comensais que finalmente non se anoten ao comedor este curso, recibirán a devolución de medio mes ao longo de outubro.

❏ Informamos tamén que se lle concedeu á ANPA a subvención da Xunta de comedores escolares con unha cantidade de 1.600€ como en anos anteriores.

❏ Este curso, para anotarse ao comedor como usuario eventual ou definitivo, hai que chamar por teléfono á escola entre as 9 e as 9’30h da mañá.

COMUNICADO MOI IMPORTANTE DA ANPA

PARA ANOTARSE NO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 20-21, CHAMAR POR TELÉFONO AO COLEXIO 982870951 (secretaría) PARA NON TER QUE ENTRAR (antes do venres 11 de setembro).

O comedor empezará o luns 14 de setembro se nada o impide.

 

COMEDOR ESCOLAR DA ANPA CURSO 20-21

A ANPA provisional do CEIP de Celeiro poñerá en marcha o comedor escolar seguindo a normativa vixente para o Covid-19 de 31 de agosto de 2020, escoitando todas as suxestións que as familias nos fagan chegar, aprobando este protocolo no Consello Escolar e tendo en conta que as circunstancias actuais obrigan a unha serie de adaptacións pertinentes:

● Para o alumnado de Primaria, estableceranse quendas de 10 alumnos para que estes permanezan sentados nun só lado da mesa e mantendo a distancia obrigatoria de seguridade de metro e medio entre cada un deles. A día de hoxe, e tendo en conta o alumnado destas idades preinscrito no comedor, habería dúas quendas, unha ás 14h para os primeiros cursos de Primaria e outra ás 14’30 para os últimos cursos. O alumnado sentarase sempre no lugar que lle sexa asignado e cerca dos compañeiros que pertenzan ao seu mesmo grupo-clase.

● Para o alumnado de Infantil, a normativa comprende esixencias diferentes. Cada grupo-clase poderá sentarse na mesma mesa sen máscara e sen manter a distancia de seguridade, igual que se atopan xuntos durante toda a mañá. Si haberá unha distancia de metro e medio con respecto ao resto das mesas e grupos. Este alumnado chegará ao comedor sobre ás 13’55h e disporá de todo o tempo que precise para xantar, pois non hai quendas. Terán ademais unha coidadora específica para eles.

● Por suposto, será obrigatorio o lavado de mans antes e despois da comida e desinfectarase cada posto cando remate cada un dos comensais para deixalo listo para o seguinte.

● Cando o alumnado non esté sentado á mesa comendo, permanecerá coa máscara posta e mantendo a distancia de seguridade, tanto no patio cando non chova como na aula magna cando chova e sempre cunha das tres coidadoras.

● Polo momento o prezo do comedor non baixará e iremos valorando cos meses se é preciso aumentalo. Teremos tres coidadoras se, según as previsións, superamos os 30 alumnos disfrutando do servizo e co 50% deles de Infantil. Como prometimos, o custo reducirase en canto sexa posible.

O nº de conta para realizar os ingresos do comedor é:

ABANCA ES16 2080‐0154‐59‐3040004209

e a cuantía: (85€ mensuais, 80€ para o segundo irmán e 75€ para o terceiro; bonos nominativos de cinco días, 25€; días soltos, 6€). O novo alumnado do comedor terá que pagar só a metade do mes de setembro e o alumnado que estivera disfrutando deste servizo o curso pasado, non abonará este mes de setembro posto que estaba pendiente a devolución da metade do mes de marzo cando se interrumpiron as clases por mor da pandemia. Por último, para aquel alumnado que non vaia a participar do comedor este curso, recibirá a devolución da metade do pasado mes de marzo nos próximos días.

Distribuir contido