Todo sobre a ANPA

INFORMACIÓN DA ANPA SOBRE O BANCO DE LIBROS


● Aqueles membros da Anpa que desexen pertencer ao Banco de Libros da mesma é necesario que fagan o ingreso de 20 € anuais da cuota/familia e 7€ do seguro/neno (nº de conta: ES1620800154593040004209) e presenten copia do recibo no momento de presentar esta solicitude na escola.

Pódeno facer xa aqueles que saiban que non van recibir a axuda da Xunta. Os demais convén que esperen ata mediados de xullo a coñecer a resolución do banco de libros da Xunta, para solicitarlle á ANPA só os libros que lle falten.
● No caso de que haxa que comprar libros, a cantidade total prorratearase entre todos aqueles usuarios que fagan a solicitude.
● Pertencer ao Banco de Libros dá dereito a beneficiarse de todos os libros de texto (agás o práctico de Inglés que deben mercar todos) dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
● O resto de libros (Infantil, 1º e 2º de Primaria) deberán ser adquiridos particularmente polas familias.
● Igualmente, aconséllase que todos os anos os pais soliciten a axuda da Xunta para o Banco de Libros do colexio, pois todos os libros que se poidan comprar con ese fondo autonómico, non teñen que ser abonados polas familias.
● Os libros repartiranse en setembro antes do comezo de curso. Seguiremos informando das datas por este medio.
● No seguinte enlace pódese descargar a ficha para solicitar os libros necesarios  FICHA

Aviso da ANPA para os usuari@s do comedor escolar


Por mor da pandemia Covid-19 as clases tiveron que ser suspendidas o venres 13 de marzo e con elas o servizo de comedor. Por esa razón as familias xa pagaran ese mes de marzo completo sen poder disfrutar do seu servizo na segunda quincena. Desde a ANPA propoñemos que as familias non teñan que facer o abono do custe do comedor no mes de setembro 2020, se o Coronavirus nos permite incorporarnos ás aulas nesta data.
Seguiremos atentas á evolución da pandemia e do inicio do curso escolar 20-21 e adaptarémonos ás circunstancias para dar resposta ás necesidades das familias. Se houbera algún alumn@ que non continuara no comedor durante o curso 20-21, devolveríamoslle en outubro do 2020 a cantidade correspondente a esa segunda quincena de marzo do 2020.

COMUNICADO DA ANPA

A ANPA convoca a todos os seus membros a unha reunión que terá lugar o próximo xoves 12 de decembro ás 18’30 horas na aula magna da escola, para realizar o balance da primeira avaliación, coa seguinte orde do día:

 

PUNTO UN: INGRESOS E GASTOS.

      Familias socias.

      Logo da ANPA e concurso de debuxo: detalles e adhesivos.

      Agasallos de Nadal.

      Banco da amizade

 

PUNTO DOUS: SUBVENCIÓN DO PROXECTO IGUALDADE DE XÉNERO.

      Actividades desenvolvidas.

      Desglose de gastos.

      Presentación de documentación final.

 

PUNTO TRES: LOTERÍA.

      Lémbrase a todas as familias que colleron lotería para vender, que teñen como data límite sen excepción para entregar os cartos e os resgardos dos talonarios, ata o luns 16 de decembro ás 9h na aula magna.

 

PUNTO CATRO: COMEDOR

      Ingresos e gastos.

      Lémbrase a tod@s os usuari@s do comedor que as novas cotas (85€ mensuais, 80€ para o segundo irmán e 75€ para o terceiro; bonos nominativos de cinco días, 25€; días soltos, 6€) xa se están facendo efectivas desde o presente mes de decembro.

      Este incremento débese á necesidade de contratar  unha terceira persoa coidadora para atender con calidade o aumento de comensais. A suba cumpría realizala canto antes para resarcir as perdas dos meses de outubro e novembro e cubrir os gastos que actualmente xera este servizo. Se no futuro os gastos diminuísen, a cota minguaría e incluso algún mes podería pagarse a metade.  Mentres, faise necesario este cambio.

 

PUNTO CINCO: FIN DO PERIODO DA ANPA. NOVAS CANDIDATURAS:

      Neste curso 2019-2020 remata o mandato da actual ANPA, quedando vacante o posto para novas candidaturas.

 

PUNTO SEIS: CORREO ELECTRÓNICO E ACTIVIDADE DE FIN DE CURSO

      Co fin de aforrar en fotocopias, solicitamos a todos os membros da ANPA que nos faciliten un correo electrónico para facerlles chegar todas as circulares, pois a partir de agora só se usará ese medio de contacto.

      Do mesmo xeito, e contando que a finais de curso poderemos dispoñer dos cartos que non tivemos que investir en actividades culturais gracias ao Proxecto de Igualdade, agradeceriamos que nos fixerades chegar as vosas propostas para a actividade de fin de curso.

 

Logo da ANPA

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO DA ANPA

Convocatoria de Reunión da ANPA para o xoves, 26 de setembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do colexio.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA PARA O CURSO 2019-2020

NESTE ENLACE

PODEDES DESCARGAR A INFORMACIÓN DA ANPA DO COLEXIO CON INFORMACIÓN IMPORTANTE.

 

COMUNICADO MOI IMPORTANTE DA ANPA

A ANPA informa a todos os usuarios e usuarias do comedor escolar que o luns, 2 de setembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha reunión para decidir que empresa de catering levará a cabo o servizo durante o vindeiro curso escolar.

INFORMACIÓN DA ANPA SOBRE O BANCO DE LIBROS

 PARA DESCARGAR DOCUMENTO DE SOLICITUDE

 

● Aqueles membros da Anpa que desexen pertencer ao Banco de Libros da mesma é
necesario que fagan o ingreso de 26€ anuais da cuota/seguro e presenten copia do
recibo no momento de cubrir a solicitude na escola. Pódeno facer xa aqueles que
saiban que non van recibir a axuda da Xunta. Os demais convén que esperen ata
mediados de xullo a coñecer a resolución do banco de libros da Xunta, para
solicitarlle á ANPA só os libros que lle falten.
● No caso de que haxa que comprar libros, a cantidade total prorratearase entre todos
aqueles usuarios que fagan a solicitude.
● Pertencer ao Banco de Libros dá dereito a beneficiarse de todos os libros de texto
(agás o práctico de Inglés que deben mercar todos) dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de
Primaria.
● O resto de libros (Infantil, 1º e 2º de Primaria, Actividades de Inglés, etc) deberán ser
adquiridos particularmente polos pais ano.
● Igualmente, aconséllase que todos os anos os pais soliciten a axuda da Xunta para
o Banco de Libros do colexio que remata o 21 de xuño, pois todos os libros que se
poidan comprar con ese fondo autonómico, non teñen que ser abonados polos pais.
● Os libros repartiranse en setembro antes do comezo de curso. Seguiremos
informando das datas por este medio.

Reunión da ANPA do colexio

A ANPA informa a todos os seus membros da reunión de fin de curso que terá lugar este xoves 20 de xuño ás 19 horas co seguinte orde do día:

     Estado de contas: ingresos e gastos do curso que remata.

     Actividades levadas a cabo durante todo o período 2018-2019.

     Subvencións.

     Situación actual do comedor: últimas novidades.

 

Distribuir contido