Secretaría
ENTREGA DE MASCARILLAS
Enviado por admin o Dom, 2021-01-10 13:37Estimadas familias:
Con respecto a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado... O luns 11 de xaneiro comezaremos co reparto das máscaras para aquelas familias cuxas solicitudes foron aceptadas.
Así pois,o luns:
- de 9:10 a 9:50 serán entregadas ás máscaras correspondentes ó alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria.
- de 10:00 a 10:30, ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
Se como nai ou pai dos nenos e nenas que foron admitidos no reparto non se poden achegar a recollelas pregamos que se poñan en contacto co centro para concretar unha cita, ou ben para comunicar que autorizan a outra persoa para tal efecto.
Lembrade que debemos de seguir mantendo as medidas de seguridade establecidas para a situación que estamos a vivir; polo que vos pregamos que esperedes fóra ata que sexades chamados. Deberedes entrar ó recinto con máscara, facer unha fila mantendo a distancia de seguridade entre vós. Pasaredes de un en un a ventá de secretaría.
Saúdos
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022
Enviado por admin o Ven, 2021-01-08 21:39Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
FESTIVAL VIRTUAL DO NADAL 2020
Enviado por admin o Lun, 2020-12-21 10:58Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria
Enviado por admin o Lun, 2020-11-16 08:56Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Alumnado destinatario:
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Presentación de solicitudes:
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.
No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I)
Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible no centro docente.
A documentación será entregada con solicitude de cita previa (982870951)
ENQUISA DE AUTOEVALUACIÓN CLÍNICA DO COVID-19
Enviado por admin o Mér, 2020-09-09 20:38
NESTE ENLACE PODEDES VER E DESCARGAR A
Esta enquisa pretende ser útil para que a comunidade educativa poida identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus. De presentar calquera destes síntomas solicite consulta no seu centro de saúde.
Grazas pola vosa colaboración.
PLAN DE ACOLLIDA DO CEIP de CELEIRO
Enviado por admin o Mar, 2020-09-08 12:24
PREME NESTE ENLACE PARA LER TODO O PLAN DE ACOLLIDA DO CENTRO
RESUMO DO PLAN DE ACOLLIDA
PREME NA IMAXE
REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO DE 3 ANOS
Enviado por admin o Xov, 2020-09-03 12:29Dende o CEIP de Celeiro convocamos ás familias (un por familia) do alumnado que comeza o 4º curso de Educación Infantil (alumnado 3 anos).
A reunión terá lugar no Centro Educativo, ás 10:00 horas. Serán recibidos pola titora e a directora do Centro.
Deberán acudir con máscarilla e respectar as distancias de seguridade.
Dada a importancia dos temas a tratar recomendamos a súa asistencia.
CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021
Enviado por admin o Ven, 2020-07-10 08:52No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.
Períodos de vacacións
1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.
2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.
3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive.
Días non lectivos: luns, 2 de novembro do 2020 e martes, 18 de maio do 2021.
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
Enviado por admin o Lun, 2020-07-06 10:47A ANPA informa que poden facer a solicitude de libros para o curso 20-21 descargando o seguinte enlace FICHA e enviala ao seguinte correo: Susanaquintela@edu.xunta.es
O prazo remata o martes 14 de xullo
Pola súa parte o Centro fará:
Publicación da listaxe definitiva do fondo solidario de libros e axuda para material escolar o luns, 13 de xullo.
Entrega dos vales e fondo libros o luns 7 e martes 8 de setembro, no seguinte horario:
Os SOLICITANTES (pai/ nai/ titor) deben acudir ao centro no horario indicado e asinar o documento de entrega dos libros de texto.
No caso de non poder acudir o solicitante, este poderá delegar noutra persoa. Esta debe traer a fotocopia do DNI do solicitante e un documento onde autoriza á outra persoa.
