Artigos

Servizos complementarios - Sub Categories

MENÚ ORIENTATIVO COMEDOR FEBREIRO 2024

MENÚ ORIENTATIVO COMEDOR FEBREIRO 2024

 

* MENÚ ORIENTATIVO, SUSCEPTIBLE DE VARIACIÓN DEBIDO A INCIDENCIAS OU PROBLEMAS DE SUBMINISTRACIÓNCOS PRODUTOS NECESARIOS PARA A SÚA ELABORACIÓN DIARIA

 

COMEDOR NA CARRASQUEIRA

INFORMACIÓN SOBRE O SERVICIO DE COMEDOR NO NOSO COLEXIO.

        O C.E.I.P da Carrasqueira é un dos centros de Vigo que dispoñen dun comedor de Xestión directa, o cal quere decir que o noso alumnado ten a posibilidade de comer menús elaborados por cociñeiros no propio centro. Podemos afirmar que a calidade do mesmo é maior que a de outros tipos de xestión de comedores escolares.

 

          Este privilexio conleva nembargantes certos sacrificios, a organización do servizo de comedor esixe moitos esforzos tanto por parte do equipo directivo, docente e non docente, como das familias (que atenden e coidan ao alumnado no tempo adicado a comer e o previo ás entradas e saídas ao mesmo); estas familias son a maiores reincidentes, xa que ano tras ano repiten para que o resto poidan disfrutar dun servizo que depende de xeito absoluto na súa colaboración.

 

          Para que nos acompañedes na mellora do servizo rogamos que teñades en conta o seguinte:

 

.- Se x meu fillx non vai a comer no comedor durante varios días: no só aviso ao mestrx, teño que chamar ao edificio administrativo para informar de que non se vai a facer uso do servizo de comedor e transporte durante os días que non o necesitedes (Se queremos formar parte dunha sociendade que fai un uso responsable e sostible dos recursos temos que ser conscientes de que se non aviso con tempo o menú que se elabora e non se consume vai a tirarse ao lixo).

.- Se o meu fillx no vai a facer uso do servizo de comedor un día:  Na medida do posible tedes que chamar antes das 11:30; a partires desa hora xa se comeza a cociñar, é imposible anular un menú que está na cazola, se non o facedes (a menos que se demostre a urxencia e a dificultade de facelo con tempo) verémonos na obriga de cobrar ese menú xa elaborado.

.- No que respecta ao transporte despois do servizo de comedor: 

Tedes que chamar sempre ao teléfono do colexio para avisar de que non se vai a facer uso do transporte.

Todxs xs que non avisan deben saber que demoran a saída dos autobuses posto que temos que chamar por teléfono, antes de que estos saian, para cerciorarnos de que non están no colexio o que retrasa o servizo.

Por favor, avisade no edificio administrativo para que consten as faltas nas listas de comedor, somos mais de 300 persoas, con que un 1% non o faga o retraso pode supoñer máis de 20 min.). Este problema é moi común entre as famailias que veñen a recoller a un/ha nenx que se pon malo (e o levan sen informar da anulación dos servizos complementarios) ou aquel que non volve dunha revisión médica a media mañán... 

 

Grazas familias por colaborar, entre todxs podemos mellorar os servizos dos que todxs disfrutamos.

 

 

 

 

Un saúdo agarimoso!

 MENÚ DO MES DE SETEMBRO 2020

MENÚ DO MES DE OUTUBRO 2020

MENÚ DO MES DE NOVEMBRO 2020

MENÚ DO MES DE DECEMBRO 2020

MENÚ DO MES DE XANEIRO 2021

MENÚ DO MES DE FEBREIRO 2021

MENÚ DO MES DE MARZO 2021

MENÚ DO MES DE ABRIL 2021

MENÚ DO MES DE MAIO 2021

MENÚ DO MES DE XUÑO 2021

PAGO TELEMÁTICO DO SERVIZO DE COMEDOR ATRAVÉS DE ABALAR:

PREME NO ENLACE:

 

 

 

 VÍDEO EXPLICATIVO:

 

 

 

Na nosa escola tamén temos....

 O Centro conta cuns servizos   que facilitan a conciliación da vida laboral e familiar coas necesidades educativas dos seus fillos.

Dispoñemos de transporte escolar con varias liñas, comedor, aula matinal e diversas actividades extraescolares. 

 

Foro de novidades e actividades

           

         O noso INSTAGRAM é

  ceip_carrasqueira_vigo

       Animádevos a coñecelo!

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Plan Dixital de centro

 

A leira de Carrás

A LEIRA DE CARRÁS

Escola de Nais e Pais

Biblioteca

Peque Carrasqueira

BLOG DE INFANTIL

 

Pais/Nais