Blog da biblioteca

Novidades lectoras novembro

Etiquetas :

Meus queridos carrasquiños e carrasquiñas, este mes chegáronnos moitas novidades á biblioteca. Pasádevos pola entrada para coñecelas e decidir cales son as vosas favoritas.

Moitas lecturas!

 

Carrás

Contacontos

Etiquetas :

O pasado venres os alumnos de 1º ciclo gozaron dunha estupenda sesión de contacontos na biblioteca da man da contadora Ángeles Escribano. O pasaron estupendamente e por iso queremos agradecerlle a súa colaboración. Moitas grazas e ata a próxima!

 

 

 

Carrás

Día das bibliotecas escolares

Etiquetas :

Feliz día das bibliotecas escolares!

Hoxe, 24 de outubro de 2022, festéxase o día das bibliotecas de todos os centros escolares. Por iso, amosamos aquí algunhas fotiños máis do interior da nosa.

A celebralo con moitas lecturas!!

Carrás

Inauguración da biblioteca 2022

Etiquetas :

 

   Ola amiguiños!

 

   Xa estamos por aquí un curso máis. Que ganas tiña de que entrásedes todos na biblioteca para visitarme!! Este ano estamos cheos de novidades (libros, xogos, dvds,…) e apetéceme moitísimo que poidades gozar deles.

 

  Ah, e escoitádeme ben! Este curso a biblio vai a estar chea de sons novos. Prestade atención e, cando entredes, a parte de deixar voar a imaxinación con todas as historias que se gardan aquí, acordádevos de vir coas orellas listas para escoitar todo o que poida pasar. Imos musicalizarnos!

 

   Benvidos á biblioteca do Carrasqueira!

 

  Carrás Guiño

 

Contacontos

Ola amiguiños!

Onte tivemos unha nova contada, a cargo de Benxamín Otero, para os máis maiores do colexio. O gozaron un montón e estiveron moi atentos e participativos. Esperamos repetir pronto as contadas contigo, Benxamín!

Carrás

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design