Inauguración da biblioteca 2022

Etiquetas :

 

   Ola amiguiños!

 

   Xa estamos por aquí un curso máis. Que ganas tiña de que entrásedes todos na biblioteca para visitarme!! Este ano estamos cheos de novidades (libros, xogos, dvds,…) e apetéceme moitísimo que poidades gozar deles.

 

  Ah, e escoitádeme ben! Este curso a biblio vai a estar chea de sons novos. Prestade atención e, cando entredes, a parte de deixar voar a imaxinación con todas as historias que se gardan aquí, acordádevos de vir coas orellas listas para escoitar todo o que poida pasar. Imos musicalizarnos!

 

   Benvidos á biblioteca do Carrasqueira!

 

  Carrás Guiño

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design