Abril 2022

Padriños, madriñas e afillados e afilladas

Feliz día a todos!

Hoxe no noso colexio é un día moi especial porque festexamos o placer de ler xuntos. Cos nosos afillados, ou cos nosos padriños ou madriñas, pasamos unha hora de ler estupenda, gozando da lectura. Ademáis, algún agasallo recibimos... 

Que bo xeito de rematar a semana!

Carrás

Día internacional do libro

O 23 de abril conmemoramos o día do libro. Para celebralo, este mes faremos no colexio un montón de actividades relacionadas coa lectura. Por iso, esta semana os nenos de 1º, 2º e 3º tiveron a sorte de escoitar a Benxamín Otero, contacontos e ilustrador xenial. Acercounos de forma moi amena e agradable a uns contos moi interesantes. Moitas grazas!

 

 

Ademais, toda primaria visitou a biblioteca para aprender un pouco máis como é a nosa biblioteca. Moitas grazas Conchi por axudarnos a conseguilo!

 

Boa fin de semana de lectura!

Carrás

Mestres contadores

Feliz día internacional do libro infantil e xuvenil!

En Carrasqueira o volvemos festexar un ano máis coa actividade de "Mestres lectores". Todos gozamos das lecturas que os profes nos prepararon!

Foro de novidades e actividades

           

         O noso INSTAGRAM é

  ceip_carrasqueira_vigo

       Animádevos a coñecelo!

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Plan Dixital de centro

 

A leira de Carrás

A LEIRA DE CARRÁS

Escola de Nais e Pais

Biblioteca

Peque Carrasqueira

BLOG DE INFANTIL

 

Pais/Nais