Blog da horta

FORMACIÓN FAMILIAS: TRANSFORMANDO O PATIO ESCOLAR.

 

Prezadas familias:
Fai uns anos que a nosa escola comezou un camiño cara un cambio. Un cambio que implica a naturalización dos nosos espazos buscando unha escola ecolóxica, sostible,inclusiva e que
axudea frear o cambio climático. Tamén avogando poloxogo libre e desestruturado, o que consideramos una prioridade,por ser un momento de descubrimento , cooperación, creatividade, comunicación e relación. Vós como familias e nós como docentes estamos nunha posición privilexiada para formar aos nosos fillos e alumnado e mostrarlles que un cambio é posible e que está nas súas mans. Aproveitando o gran potencial que teñenos
nosos espazos comezamos a substituír os xogos do patio por outros feitos con madeira , baseados na perspectiva da neuro-arquitectura, na que a madeira considerase un material
fundamental para conectarnos coa natureza. Ademais de crear unha marabillosa horta ecolóxica, introducir composteras, reciclaxe.etc ,plantar árbores froiteiras propias de Galicia e
plantar novos árbores de sombra e plantas aromáticas como a lavanda e o romeu. Pero este camiño non fixo máis que empezar. Este curso solicitamos varias liñas de formación para
conseguir fondos e formación docente para seguir nesta dirección, e dentro dunha destas liñas de traballo contamos na formación  cunha arquitecta paisaxista especializada no asesoramento a centros escolares (Mar Penela).

Para facer realidade todo o que fixemos ata agora tivemos o apoio incondicional de algunhas familias que se ilusionaron e nos axudaron enormemente. Para seguir avanzando gustaríanos
moitísimo que toda a comunidade educativa se implicase de forma activa aportando cada un de nos para que este cambio sexa unha realidade e seguir vendo crecer aos nosxs fillxs e
alumnxs de xeito san e feliz nun entorno que esperte a súa curiosidade, e que sexa un motor de emocións e aprendizaxe.

Buscamos naturalizar a nosa escola, para acercar o mundo natural do que somos parte as aulas, patios, currículo e profesorado. Necesitamos reverdecer o patio para obter os seguintes beneficios:

  • Fomentar o desfrute do alumna do de un medio ambiente axeitado para o seu desenvolvemento, dando a coñecer tamén o seu deber de conservalo.
  • Ofrecer espazos para o xogo libre e desestruturado que sexan una oportunidade para o desenvolvemento íntegro do alumno
  • Un entorno natural supón unha ferramenta moi interesante para traballar a atención dos nenos.
  • Creando espazos naturalizados que poidan reducir a tensión.
  • Facilitando o desenvolvemento de parte da actividade diaria en contacto directo coa natureza, xa que pode mellorar as súas capacidades e fortalecer a súa autoestima.
  • Un patio máis verde inflúe positivamente na evolución dxs alumnxs , proporcionándolles elementos naturais cos que interactuar e mellorar as súas capacidades motoras.


As nosas propostas para realizar nun futuro próximo serían as seguintes:

  •  Aulas da natureza(exteriores).
  • Charca de anfibios e plantas.
  • Caixas niño nas árbores
  • Comedeiros bebedoiros para paxaros.
  • Invernadoiro
  •  Compostadora
  • Fachadas e cubertas verdes
  • Hoteis de insectos
  • Xardíns de vexetación espontánea
  • Pavimentos permeables
  • Zonas de sombra
  • Plantacións de árbores e arbustos.

Por todo isto gustaríanos que todxs nos uniramos nesta dirección e que vos animedes a participar de este cambio. O vindeiromartes 14 de decembro as 19:00 horas,contaremos coa
formación de unha Arquitecta paisaxista , Mar Penela , de TREES ECOSISTEMAS (especializada en asesoramento a centros educativos para transformar os patios escolares), con esta
formación para toda a comunidade educativa e especialmente para vós como familias pretendese abrir un espazo de reflexión e participación conxunta.

Esta formación será vía Zoom e quedará gravado unpar de semanas por si non podedes seguilo en directo a grabación subirase un par de semanas  a un enlace de Youtube de TREES ECOSISTEMAS
( ata o 10 de Xaneiro):

 https://youtu.be/2iI7IQqo59U

Vos enlazamos tamén o cuestionario de google para as vosas aportacións, participación ou suxerencias para poder levar a cabo esta transformación do noso patio como comunidade educativa de forma conxunta.

https://forms.gle/M21yS1EY1Pt1C6Hi6

Graciñas

O equipo .

 

 

Benvida á horta escolar

Hoxe presentámosvos a nosa horta escolar: “A Leira de Carrás”.

Todo o alumnado organizado en turnos e grupos burbulla vai realizando ao longo do curso as tarefas propias de cada momento: preparación, abonado, limpeza, sementeira ou plantío, colleita, etc.

 

Logo os productos recollidos repártense entre o alumnado e sodes vos, as familias, as que os podedes cociñar na casa.

Todo este traballo o podemos facer gracias á implicación de toda a comunidade educativa; ademáis de participar en programas educativos e medioambientais como Voz Natura e o Plan Proxecta Fitofaladoiro.

 

Aquí tendes un vídeo con todo o proceso de creación da horta, menudo traballazo conxunto!

Esperamos que vos guste!

Distribuir contido