As alumnas e alumnos de 6º de Primaria, están colaborando co "Proxecto Salvavidas" e ADOS na realización dunha campaña de doazón de Sangue.
Tras moita preparación e traballo destes nenos e nenas, queren convidar a toda a comunidade educativa e persoas interesadas maiores de idade, a participar neste proxecto solidario e tan necesario.
O vindeiro Luns día 25 de Abril de 09:30 a 14:00 e 15:30 a 19:00, estará unha unidade móbil no colexio.
"Doa sangue no Carrasqueira"