O 23 de abril conmemoramos o día do libro. Para celebralo, este mes faremos no colexio un montón de actividades relacionadas coa lectura. Por iso, esta semana os nenos de 1º, 2º e 3º tiveron a sorte de escoitar a Benxamín Otero, contacontos e ilustrador xenial. Acercounos de forma moi amena e agradable a uns contos moi interesantes. Moitas grazas!
Ademais, toda primaria visitou a biblioteca para aprender un pouco máis como é a nosa biblioteca. Moitas grazas Conchi por axudarnos a conseguilo!
Boa fin de semana de lectura!
Carrás