Skip to Content

Outubro 2022

Día das bibliotecas escolares

Feliz día das bibliotecas escolares!

Hoxe, 24 de outubro de 2022, festéxase o día das bibliotecas de todos os centros escolares. Por iso, amosamos aquí algunhas fotiños máis do interior da nosa.

A celebralo con moitas lecturas!!

Carrás

Inauguración da biblioteca 2022

 

   Ola amiguiños!

 

   Xa estamos por aquí un curso máis. Que ganas tiña de que entrásedes todos na biblioteca para visitarme!! Este ano estamos cheos de novidades (libros, xogos, dvds,…) e apetéceme moitísimo que poidades gozar deles.

 

  Ah, e escoitádeme ben! Este curso a biblio vai a estar chea de sons novos. Prestade atención e, cando entredes, a parte de deixar voar a imaxinación con todas as historias que se gardan aquí, acordádevos de vir coas orellas listas para escoitar todo o que poida pasar. Imos musicalizarnos!

 

   Benvidos á biblioteca do Carrasqueira!

 

  Carrás Guiño

 



by Dr. Radut