6º de E. PrimariaNON MÁIS PLÁSTICOSO noso proxecto do plástico comenzou coa visualización dun vídeo sobre o plástico e os seus efectos na vida dos seres vivos. PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS DE DIFERENTES MOMENTOS NOS RECANTOS.
CEIP Cabada Vázquez CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROO CEIP Cabada Vázquez intenta concienciar á comunidade educativa da prevención, detección e actuación en Contra a Violencia de Xénero, por iso está a realizar diversas actividades relacionadas con esta temática como son: a creación de lemas que se colocaron nos chanzos da escaleira do colexio, crear e cantar unha canción en contra da violencia de xénero, contacontos, ... CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ULA LÚA? CONTACONTOS CON CELTIA FIGUEIRAS
( categories: )
O HORTOO venres 15 de novembro retomamos os traballos do horto, despois da limpeza dos bancais.Traballamos a asociación de cultivos, o ciclo da materia orgánica,entre outras cousas. Plantamos allos e chícharos, e tamén vimos a distancia que tiñamos que deixar entre as sementes.( categories: )
MÁIS CLARO AUGAAquí vos quedan as fotografías do proxecto rematado "MÁIS CLARO, AUGA". No contexto científico recreamos ecosistemas, construímos depuradoras, fixemos filtros de auga . No humanístico, traballamos os ríos da Estrada, os seus afluentes, ..... No matemático calculamos a auga que gastamos diariamente, averiguamos a lonxitude do Ulla e do Liñares, recorrémolo co beebot. No lingüístico, colocamoslle os pés de foto da saída ao Ulla , onde vimos o estado da auga e averiguamos se tiña as condicións axeitadas para o seu uso. Ao final do proxecto, entre todos fixemos un repaso do que aprendemos. Logo escribímolo, para poder levar as nosas casas e que vós poidades comprobar a cantidade de cousas que sabemos. ( categories: )
INICIAMOS OS PROXECTOSEste curso, deu comenzo o noso traballo por proxectos. Iniciamos con un "BENVIDOS", onde traballamos as árbores do noso patio, o noso Patrimonio, os planos das dependencias do noso Centro e, as escalas , as nosas caractrísticas persoais,..... A continuación, levamos a cabo "Mais claro, auga", no que ainda estamos a traballar. Imos a amosarvos algúns momentos do noso traballo. ( categories: )
MOCHILA VIAXEIRA 6ºHoxe 24 de outubro, Día da Biblioteca, comenzan a súa andaina as mochilas. Premendo neste arquivo podedes ver a de 6º. ( categories: )
|