AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do mércores, 18 de maio de 2022, saíu publicada a Orde do 29 de abril de 2022, na que se convocan axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial matriculado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Forma de presentación:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PARA A PRESENTACIÓN NO CENTRO PODERÁN DESCARGAR OS ANEXOS I E II DIRECTAMENTE DA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS E ENVIALA POLO ALUMNADO OU ACUDIR PRESENCIALMENTE, PARA O CAL DEBERÁN CHAMAR ANTES POR TELÉFONO.

Prazo de presentación:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

ESCOLA DE FAMILIAS

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP CABADA VÁZQUEZ ESTÁ CONVIDADA A PARTICIPAR NAS CONFERENCIAS E OBRADOIROS

DE ESCOLA DE FAMILIAS QUE SE CELEBRARÁN EN LALÍN NOS MESES DE ABRIL, MAIO E XUÑO.

ADMISIÓN 2022-2023

ADMISIÓN ALUMNADO

Os pais/nais ou titores legais do alumnado interesado en cursar estudos no CEIP CABADA VÁZQUEZ, formalizarán a súa solicitude neste centro.

A solicitude será única e poderase presentar:

  • - De forma presencial no centro educativo.  Prazo ata o 21 de marzo de 2022.

  • - De forma electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Prazo ata o 21 de marzo de 2022.

 

VACANTES CURSO 2022-2023

DECRETO 13/2.022, DO 3 DE FEBREIRO POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

INSTRUCIÓNS XERAIS ADMISIÓN 2.022-2.023

ANEXO II ADMISIÓN

 

Mans Unidas axuda ao noso horto

 

Este martes 15 de febreiro, visitounos Carmen Freire, colaboradora de Mans Unidas que nos ensinou moitos dos usos e propiedades das diferentes plantas que podemos utilizar no noso horto.  Co seu gran entusiasmo e sabedoría fixo varias quendas de traballo coas diferentes aulas para poder contarlles moitos dos usos e propiedades dalgunha das plantas que usamos.

Pasámolo moi ben e agardamos con moito interese que volva a visitarnos a mediados de abril!!!

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2022-2023 PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O 11 de xaneiro de 2022 iníciase os trámites do procedemento para reserva de praza no centro de adscrición para o alumnado de 6º de primaria sendo o IES Nº 1 o noso centro de adscrición.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (ANEXO I) e entregar o impreso na secretaría do Ceip Cabada Vázquez ou a través da aplicación "admisionalumnado" no menú Solicitudes - Reserva - Crear no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Podedes solicitar un impreso poñéndovos en contacto con nós por teléfono ou ABALAR. O impreso será enviado a través do alumnado.

 

 

 

Distribuir contido