Ciberacoso. Como protexer aos nosos menores

Enviado por andujar o Ven, 18/03/2016 - 15:49

O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellaría de Sanidade e o CIM (Centro de Información á Muller) organizan o martes 29 de marzo ás 19.00h na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) unha xornada formativa dirixida a pais/nais e profesionais titulada "Ciberacoso: como protexer aos nosos menores". Os relatores serán o xuíz D. José Antonio Vázquez Taín e o responsable da Unidade de Delitos Informáticos da Garda Civil en Pontevedra, D. José Torres Meira. A charla será aberta e gratuita.

AdxuntoTamaño
Cartel Ciberacoso.Como protexer aos nosos menores.pdf4.26 MB
( categories: )