Día Mundial da Conciencia sobre o AutismoO Día Mundial do Autismo celébrase cada ano o 2 de abril. Neste curso, para participar nesa conmemoración realizamos varias actividades, e entre elas, o versionado en galego da curtametraxe animada "ROMPECABEZAS". Aquí tedes o resultado onde participan as voces do alumnado da aula de 4º de primaria.
Tamén quixemos, para completar esa xornada, unirnos á campaña promovida por Autismo Europa e o movemento asociativo do autismo en España cunha foto grupal de cada aula e berrando con forza a súa mensaxe "PODO TRABALLAR, PODO APRENDER"
No concello da Estrada temos a sorte de contar cun centro donde viven e traballan persoas con autismo pertencente á asociación APACAF. No seguinte enlace podedes atopar máis información sobre o centro "A BRAÑA" situado na parroquia de Berres. |