Maio 2018

A festa dos maios en Callobre

O pasado 17 de maio, conmemorando o día das letras galegas, unha pequena representación de alumnado do centro coas súas familias, asistiu a unha xuntanza organizada pola ANPA do noso centro e na que recitaron poesías e danzaron arredor do maio elaborado entre membros da ANPA (a estrutura) e o propio alumnado do centro.  Nesta parte, aínda que colaborou o profesorado, todo o alumnado do centro participou na xornada do mércores 16 na confección da base de verde da estrutura xa facilitada pola ANPA, e por suposto na colocación dos adornos e no acabado final. Quedou moi lucido e ai vos deixamos unha pequena mostra, tanto do traballo no centro como sobre todo da festa do día das Letras Galegas en Callobre. Bo traballo rapaces e rapazas!

( categories: )